Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O outono trae dúas estreas de Vidal Bolaño para público infantil


Sermos Galiza

Os días 3 e 4 de outubro estrearanse dúas obras para público infantil de Roberto Vidal Bolaño. Serán na mesma rúa do centro histórico de Compostela mais en teatros diferentes. Cachirulo ofrece a montaxe de “Romance dos figos de ouro” no Teatro Principal e ao día seguinte o CDG en coprodución con Teatro de Noroeste levará á escena “Touporroutou da lúa e o sol”.


No marco do Festival Galicreques, a Compañía Cachirulo estrea no Teatro Principal o próximo día 3 de outono a obra “Romances dos figos de ouro” , unha peza de fantoches de variñas e fíos coa que a compañía quere mostrar a súa homenaxe a Roberto Vidal Bolaño no ano que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. O autor relatou nesta peza a historia dun Meco que existiu no Grove ademais doutros que fixeron as súas trasnadas en Portugal.
No día seguinte, o día 4, na beirarrúa de enfronte, no Salón Teatro, será Teatro do Noroeste en coprodución co CDG e a colaboración da Escola Superior de Arte Dramática quen leve a escena “Touporroutou da lúa e o sol”, dirixida por Eduardo Alonso. O espectáculo toma parte da programación especial dedicada ao autor do Día das Letras Galegas e que ocupa case a totalidade da actividade escénica do centro público.
Definida como “farsada choqueira para actores e bonecos, ou viceversa” a obra está protagonizada por catro titiriteiros que contan historias sobre os astros, o dioivo, os días e as noites... por medio dos máis variados elementos.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 29-09-2013 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal