Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


«Cantares Gallegos», de Rosalía de Castro, xa ten edición en ruso
A edición forma parte da Antoloxía da literatura galega, publicada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo.

UXÍA LÓPEZ - Padrón / La Voz 27 de septiembre de 2013


A tradución a distintas linguas da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, continúa no ano no que se conmemora o 150 anos da súa publicación, e faino cunha edición en ruso, presentada onte na Casa Museo de A Matanza, en Padrón, coincidindo co Día Europeo das Linguas.
A edición forma parte do Tomo XVIII da Antoloxía da literatura galega, publicada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de San Petersburgo, que dirixe Elena Zernova, presente no acto de onte, xunto co presidente da Fundación rosaliana, Anxo Angueira; o académico Manuel González; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación da Consellería de Cultura e Educación.
Anxo Angueira foi o primeiro en intervir para sinalar que a profesora Elena Zernova entrou na literatura galega grazas a autora do Sar e engadiu que as «relacións históricas entre a cultura rusa e a galega son longas e dilatadas». O presidente da Fundación Rosalía tamén agradeceu á Consellería de Cultura o seu apoio para lograr ter a edición en ruso de Cantares Gallegos.
Pola súa banda, o académico e catedrático Manuel González lembrou como foi o proceso de introdución da lingua galega no país ruso, primeiro a través de cursos e, neste senso, falou de que a profesora é «un luxo» para os galegos, por ter a idea de iniciar unha antoloxía da literatura galega na que se enmarca a edición en ruso de Cantares Gallegos. Manuel González precisou, ademais, que Elena Zernova acaba de publicar, nunha das principais editoriais de Rusia, unha antoloxía da poesía galega, que a profesora mostrou xa no acto de onte.
O presidente da Real Academia Galega falou, no que foi a súa primeira intervención na Casa-Museo de Rosalía dende que está no cargo, de que a tradución ao ruso de Cantares Gallegos «é moi importante para nós porque supón a proxección da literatura galega nun espazo, o da literatura rusa, inmenso non so cualitativamente, senón tamén cuantitativamente». Ademais, dixo, «traducir ao ruso non é calquera cousa» nun país, engadiu, no que a tradución é unha profesión «moi coidada».
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-09-2013 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal