Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O PPdeG rexeita tramitar unha lei do BNG para normalizar a lingua: está "fóra do consenso"
CLIMA DE CRISPACIÓN NO PARLAMENTO

AGE reproba o trato da Xunta ao galego e o PSdeG acusa os populares de "prender lume" ao acordo lingüístico "para gañar unhas eleccións"

GALICIA HOXE - SANTIAGO. EUROPA PRESS


Os votos dos deputados do PPdeG serviron este martes para rexeitar a toma en consideración dunha proposición de lei do BNG sobre normalización lingística co argumento de que "é unha mala lei, que nace fóra do consenso e que pon en perigo calquera acordo futuro ao redor da lingua". AGE e PSDEG si eran partidarios de tramitar esta norma na Cámara e coincidiron co BNG en criticar o trato da Xunta ó galego.
No seu defensa da iniciativa, que, entre outros extremos, aspiraba a garantir que "como mínimo" o 50 por cento da docencia fose en galego en Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos, a deputada do BNG Ana Pontón reivindicou a necesidade de impulsar esta lei e advertiu ós populares que a lingua non precisa de "palabras de amor", senón de "feitos concretos que demostren que ese amor é real".
Así mesmo, do mesmo xeito que fixo o voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, ao comezo da sesión, insistiu en que os nacionalistas emprenderán accións xudiciais contra o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, se non rectifica "as inxuriosas declaracións" realizadas nunha entrevista publicada por 'O País', na que asegurou que quen se opón ó decreto do plurilingismo "non son demócratas".
Neste escenario, a parlamentaria instou ó conselleiro a aclarar se considera que institucións como a Real Academia Galega (RAG) ou asociacións como A Mesa pola Normalización Lingística "están fóra da democracia". Ó tempo, subliñou que a súa actitude supón "un insulto" e que é "indigno dun membro do Goberno galego" pronunciarse como o fixo Jesús Vázquez.
"Non é ningún chiste", advertiu Pontón, antes de subliñar que tampouco o son declaracións como as realizadas polos alcaldes de Baralla (Lugo) e Beade (Ourense), ambos do PP e xustificando, no primeiro caso, a represión da ditadura, e no segundo, definíndose como franquista. Manifestouno en relación á afirmación do titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen advertiu ó rexedor de Beade que "os chistes e a política non son compatibles".

"FÓRA DO CONSENSO"
Na mesma liña que a deputada do BNG se ha pronunciado o parlamentario de AGE Xabier Ron, quen anunciou o apoio do seu grupo á toma en consideración da lei do BNG e criticou a xestión lingística da Xunta, así como o deputado socialista Francisco Caamaño, quen acusou ó PP de "prender lume ó consenso" instalado en Galicia sobre a lingua coa lei e o plan de normalización lingística.
"Prendéronlle lume porque había que gañar unhas eleccións e aproveitar o vendaval da dereita que viña de Madrid, e xa non souberon controlar o que ardía", lamentou Caamaño, antes de chamar ós populares a acceder "a aproveitar a oportunidade" que, á súa entender, supuña a tramitación da norma impulsada polos nacionalistas.
Os populares rexeitaron esta opción e o deputado popular Agustín Baamonde asegurou que o seu grupo non acepta esta norma porque "é unha mala lei que crearía máis problemas dos que solucionaría". "É unha lei de confrontación, que ten o perigo de colocar á lingua no centro do debate político e dinamita a pedra angular de todos os acordos alcanzados", aseverou o parlamentario do PPdeG.
Dito isto e sen pronunciarse sobre as palabras do conselleiro sobre o decreto do plurilingismo de forma explícita, Baamonde manifestou que "oxalá todos fosen tan respectuosos cos tribunais e a convivencia como o é o PP". "Di que a lingua non precisa palabras de amor, o que non necesita son palabras de odio e de rancor; é un elemento de unión e non somos nós os que falamos de prenderlle lume", advertiu á oposición.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-09-2013 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal