Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A Xunta non vai entrar pola vía do consenso -o retorno ao Plano de Normalización Lingüística, que lle demandan CIG ensino e a Mesa- e pleitea agora contra o TSXG.
Domingo, 22 de Setembro do 2013 Sermos Galiza


O Goberno galego mantén unha atitude de insubmisión frente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que nun auto recente emprazaba á Consellaría a, nun prazo improrrogábel dun mes, aplicar escrupulosamente as sentenzas sobre o decreto do plurilingüismo.

As resolucións que non está a cumprir o Goberno galego son as que atinxen á anulación da enquisa entre os pais para escolleren a lingua de escolarización dos seus fillos -esa é unha competencia dos poderes públicos, sinala o TSXG- e a supresión do suposto direito do alunado a empregar na aula a súa lingua de preferencia -os poderes públicos están lexitimados para demandar os alunos que se expresen nun determinado idioma, para demostrar o seu dominio e coñecimento.

CIG ensino e a Mesa, nunha conferencia de imprensa realizada a quinta feira, demandaron onte a Xunta que derrogase o decreto e que se reintegrase á vía do consenso lingüístico que o PP rachou unilateralmente ao chegar Feijóo a Monte Pío en 2009.

Feijóo non está polo labor e, no canto de acatar a sentenza, presenta agora un recurso. Continúa así a guerra xudicial contra resolucións xurídicas que anulan os aspectos chave do coñecido como decreto do plurilingüismo, a primeira norma legal ditada por un Executivo galego que resulta nun retroceso cuantitativo e cualitativo da presenza da lingua galega nas aulas.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 22-09-2013 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal