Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A RAG quere poñer en marcha un dicionario de autoridades no 2014
Celebrará o centenario da primeira cátedra de filoloxía galaico-portuguesa.

CAMILO FRANCO - Santiago / La Voz 30 de julio de 2013


O presidente da Xunta e o da Real Academia Galega (RAG) mantiveron onte a primeira reunión formal tras a elección do novo responsable da RAG. Alberto Núñez Feijoo e Xesús Alonso Montero falaron dos proxectos da Academia para este ano e tamén do financiamento da institución.
Alonso Montero sinalou que esta era unha entrevista «protocolaria, solicitada hai tres meses porque cando un equipo novo comeza a traballar nunha institución como a RAG parece lóxico que se presente a outras institucións». O presidente da Academia apuntou que o encontro foi «moi cordial e temos que agradecer que o presidente mantivese a entrevista a pesar da complicada situación trala traxedia de Angrois».
Alonso Montero, o presidente da Xunta e máis o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, falaron sobre os proxectos máis inmediatos da RAG que, segundo explicou o presidente da Academia, son «traballar na gramática e poñer en marcha un dicionario de autoridades».
Outra das ocupacións da RAG será manter activo e ampliar o consultorio lingüístico. Alonso Montero asegurou que hai outro proxecto para o vindeiro ano 2014, ademais «da obriga de celebrar a Díaz Castro», protagonista do Día das Letras. Será a conmemoración da primeira cátedra de filoloxía galaico-portuguesa creada no mundo: «Unha cátedra que se puxo en marcha na universidade de Madrid, entón chamada Central, en 1914, e que foi concedida a Víctor Sáenz de Armesto». A RAG quere facer fincapé neste centenario que ten «unha historia singular» porque o seu primeiro titular «faleceu pouco despois de serlle concedida a praza e aínda non sabemos por que a praza non se volve convocar».
O outro argumento da conversa entre os dous presidentes tivo carácter económico. Segundo Alonso Montero, o financiamento da Academia foi abordado polos convenios entre ambas institucións, especialmente polos que están pendentes de pago.
Para o vindeiro orzamento, segundo sinalou Alonso Montero, «haberá unha nova reunión que posiblemente será en setembro, na primeira ou na segunda quincena». Unha reunión na que se concretará máis a participación da Xunta nos proxectos que desenvolverá a RAG no vindeiro 2014.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 30-07-2013 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal