Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O 'Alba de Gloria' de Castelao e a defensa da lingua sentíronse de novo no cumio do Pico Sacro
Asociacións culturais como Vagalumes lembraron onte a peregrinaxe realizada polo autor en 1924 a este espazo

GALICIA HOXE - C. B. | 21.07.2013


Boqueixón. "Se no abrente deste día poideramos voar sobor da terra e percorrela en todas as direccións, asistiríamos á maravilla dunha mañá única (...) Hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis que unha festa litúrxica no interior da Catedral (...) Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, dun culto panteísta, anterior ao Cristianismo que ten por altar a terra nai, alzada simbólicamente no Pico Sacro". Con estas verbas, que forman parte do discurso Alba de Gloria, pronunciado en 1948 por Castelao en Bos Aires, entidades culturais galegas, entre as que se atopaba Vagalumes de A Estrada, quixeron onte lembrar a figura do autor de Sempre en Galiza. E fixérono no mesmo espazo simbólico que Castelao percorrera no 1924, para celebrar o Día da Patria Galega, o 25 de xullo.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-07-2013 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal