Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Rosalía e o 'espertar' reivindicativo do galego
GALICIA HOXE - C. BOTRÁN | 21.07.2013


Padrón voltou onte a ter memoria de seu, rendéndolle unha homenaxe a aquelas persoas que integraron a comisión organizadora de dous actos que serviron para manter viva a memoria dun país en tempos escuros. Ámbalas dúas datas estiveron envoltas entón na pantomima dunhas festas de Pascua nas que o trasfondo do acto era máis social e máis reivindicativo, salvando a censura dunha longa noite de pedra.

Naquel entón, a bandeira de Galicia, cubría a imaxe da autora de Cantares Galegos, e Otero Pedrayo enfatizaba un discurso en pro da poetisa... en galego. Un ano despois, e tamén nunhas festas de Pascua, celebrábase un acto literario coa coroación de Ramón Cabanillas como Poeta de Galicia. Tamén naquela data Otero Pedrayo, e a pesares de estar censurado, voltaba a pronunciar un discurso na lingua de Breogán.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-07-2013 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal