Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Unha empresa presenta recurso contra unha demanda por despedimento por estar en galego
A lingua galega como “defecto de forma”. Este é o argumento que unha empresa emprega contra a denuncia dunha traballadora polo seu despedimento no xulgado da Coruña.

Sermos Galiza


A empresa In Side LOGISTICS vén de presentar no Xulgado do Social da Coruña un recurso contra a demanda dunha traballadora polo seu despedimento alegando que está en galego. Solicita que sexa traducida ao castelán e considera un “defecto” o estar redixida na nosa lingua.

A empresa In Side Logistics presentou no Xulgado do Social da Coruña o recurso de reposición contra a demanda por despido dunha traballadora, alegando que se encontra redactada no idioma galego, “sendo este idioma descoñecido pola empresa”. Entende que o feito do escrito estar redactado na nosa lingua é un “defecto de forma” e reclama por iso que a demanda sexa traducida “no idioma oficial do castelán”. A traballadora, en función das normas que rexen as competencias territoriais, tiña dereito a presentar a demanda na Coruña, cidade na que traballaba para In Side, empresa que ten o seu centro en Valencia.

Un dereito non é un defecto

A traballadora despedida a través dos servizos da CIG impugnou mediante un recurso no que o seu avogado David Pena alega que o dereito a formular a demanda por despido en galego ampárase na Constitución, no Estatuto de Autonomía e máis na lei de Normalización Lingüística. “A redacción da demanda en lingua galega non constitúe defecto algún senón un dereito amparado pola lexislación lingüística tanto do Estado español como internacional”, defenden no texto da impugnación.

O avogado da demandante, David Pena, destaca o “inusual da argumentación da empresa que sinala como defecto de forma o que é un dereito da traballadora. Empregan a lingua como razón para intentar invalidar a demanda contra o despedimento”. A empresa puido ter, se o precisara, solicitado servizos de tradución dos documentos a través do propio Xulgado mais optou por empregar a lingua como “defecto de forma”, facéndollo así constar no propio Xulgado da Coruña a través do recurso de reposición.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-07-2013 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal