Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Os mellores traballos do certame de poesía e imaxe serán expostos desde o día 6 no Carvalho Calero
REDACCIÓN DIARIO DE FERROL | Actualizado 30 Abril 2013


O XIII certame de creación artística poesía e imaxe “En galego, sen filtro”, convocado un ano máis pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüiística coa colaboración do Concello de Ferrol, celebrará o vindeiro 6 de maio, ás sete da tarde, a inauguración da exposición composta polos traballos seleccionados polo xurado nesta edición.

Trátase de 25 composicións plásticas –en modalidades como debuxo, pintura, colaxe ou fotografía– e outros dous traballos relacionados coas novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) –neste caso a participación estaba aberta só ao alumnado de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos formativos–.

Entrega de premios

A xornada da inauguración incluirá ademais a entrega de premios ao autores das obras escollidas nas diferentes categorías nas que se estruturou a cita: Infantil, Educación Especial, primeiro e segundo ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos de FP.

Como se lembrará, os participantes neste concurso tiveron que realizar unha creación artística a partir dos fragmentos de poemas da literatura universal e pertencentes a diferentes linguas e culturas –coa correspondente tradución– como a mirandesa, aimará, catalá, persa, xaponesa e, por suposto, a galega, entre outras.

Os seleccionados por categoría foron os seguintes alumnos: en Infantil, Irene Rodríguez (CPI de Atios) e Noa Grandal (San Xoán de Filgueira); en Educación Especial, os alumnos do CEE Terra de Ferrol Anibal García e Carlos Mera; no primeiro ciclo de Primaria, Rubén Marta (San Xoán de Filgueira), o colectivo 2º A (Isaac Peral), Angélica Piñeiro (Ludy) e Raquel López (Compañía de María).

No segundo ciclo de Primaria o xurado escolleu os traballos de Guilherme Mandeli (Juan de Lángara), Alba Méndez (Atios), Xurxo Ferrer (Recimil), Laura Galindo (Isaac Peral), Iria Alonso (Ludy) e Sofía Ferro (Mercedarias).

En ESO serán premiados David Seoane (CPI A Xunqueira), Celtia Dopico (IES As Telleiras), Carolina Sanmartín (IES Fernando Esquío de Neda), Nuria García (Mercedarias), Laura Brea (IES Ferrol Vello), Sara Silvar (IES Concepción Arenal), e Elisa Piñón e Laura Couce (CPI de Atios).

Os estudantes do Saturnino Montojo Rubén Méndez e María Rodríguez e a do IES Concepción Arenal Victoria Martínez Vázquez foron os creadores das obras seleccionadas na categoría de Bacharelato e ciclos de FP.

Finalmente, no apartado de TICs, serán premiados os traballos de Julián Fonticoba (CPI de Atios) e Mar García (Concepción Arenal).

A mostra permanecerá no centro cultural Carvalho Calero ata o día 8 de maio. A partir de entón, poderá ser solicitada por todos aqueles centros educativos que desexen amosala durante uns días aos seus estudantes.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-04-2013 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal