Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Xesús Alonso Montero: «Cambiar a normativa cada catro anos é un disparate»
«O 17 de maio non vai ser vítima desta pequena peripecia que viviu a Academia Galega», subliña Alonso Montero

L. POUSA - A Coruña / La Voz 28 de abril de 2013


O relevo na presidencia vén de producirse a só unhas semanas do 17 de maio, o punto central da axenda anual da Academia.

-Xa está aí o Día das Letras Galegas, que este ano quedou algo esquecido polos problemas vividos na Academia. ¿Non será o 17 de maio unha vítima colateral desta crise interna?

-Non vai ser vítima. Desde que foi a elección o día 20 a nosa primeira preocupación foi o Día das Letras Galegas. Se hai unha actividade que é querida por unha gran parte da poboación galega e que está arraigada, porque ten xa 50 anos, é o Día das Letras. Por iso a min doíame que a campaña electoral e a correspondente tensión fose un mes antes do 17 de maio. Pero a anterior directiva xa tiña organizada a actividade do Día das Letras e agora estamos resolvendo só algún pequeno detalle do acto para o que queremos contar especialmente coas xentes do teatro. Polo tanto, eu creo que Vidal Bolaño non vai ser vítima desta pequena peripecia que viviu a Academia Galega.

-Xa recibiu as primeiras críticas dos reintegracionistas.

-Eu nesta materia sempre tiven unha posición galeguista. Eu comprendo os argumentos lingüísticos dos reintegracionistas, pero eles non comprenden os nosos argumentos sociolingüísticos. Se hoxe hai un problema, porque temos pais que non lle falan en galego aos seus fillos, e, se ofrecemos como alternativa a eses pais, que xa non ven con moi bos ollos o galego, algo que eles chamarían, non sen razón, portugués, apaga e vámonos. Ese é o problema. É unha cuestión sociolingüística. Hai que estar no galego construído a partir do galego.

-Mesmo insinuou que lle gustaría volver á normativa de 1982.

-É certo que cando se debateu na Academia a última normativa, eu era partidario de non cambiar as normas e, xa que se cambiaban, non cambialas nese sentido. Non me gusta que dicionario se escriba cun só ce, nin produto sen ce antes do te. Entre outras cousas porque crea problemas no ámbito escolar. Isto non quere dicir que eu vaia cambiar a normativa. Se alguén fala de cambiar a normativa eu vou ser unha voz discrepante, aínda que non me gusta esta normativa. Pero moito menos me gusta andar cambiando a normativa cada catro anos. Iso é un disparate e un fraco favor que lle facemos á lingua galega.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 28-04-2013 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal