Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Dende San Sadurniño para o mundo, o folkfusión de Balakandra, música viva ao vivo!!!
Sesión Vermú BALAKANDRA o sábado 27 abril 2013 ás 13:30h no mesón Cantón Vello, en Rúa Taxonera, 1 -Entrechán, Ferrol (fronte á igrexa das Angustias)



Biografía

Balakandra nace en San Sadurniño no ano 2004 no seo do mítico grupo "Saraibas", froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta aos seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais. Despois de 8 anos de camiño, actuando en infinidade de salas, auditorios e festivais de toda Galicia na procura do seu "son", o vindeiro mes de maio lanzan o seu primeiro traballo discografico, gravado nos Estudios "A Ponte" de Santiago de Compostela por Tomas Ageitos.

A súa música: Dificil sería poner una etiqueta ó que nos ofrece Balakandra, 6 músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns, a súa música e unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil ate Cuba, nos clubes de jazz Newyorkinos e nos frenéticos ritmos do este de europa, unha longa viaxe coa millor locomotora, o folk galego. Con todo isto, os concertos de Balakandra non deixan indiferente a ninguén, atrapando ó público nesta fermosa viaxe.

https://www.facebook.com/Balakandra
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 25-04-2013 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal