Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


DENUNCIA DA MESA
Unha xuíza de Vigo rexeita unha demanda por estar escrita "en galego" Instou á demandante a presentala en castelán.

GALICIA HOXE
SANTIAGO. EP

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este mércores "un novo e grave caso de discriminación" contra o galego na Xustiza, posto que unha xuíza de Vigo rexeitou unha demanda por estar escrita no idioma oficial de Galicia e instou a demandante a presentala de novo en castelán e a utilizar esta lingua para "os sucesivos escritos".

A través dun comunicado, o presidente de A Mesa, Carlos Callón, subliñou que a maxistrada "pide nin máis nin menos que unha tradución xurada". "Parece feito para facer escarnio da lexítima e legal opción de usar o noso idioma ante a Administración de Xustiza", reprobou.

Dito isto, Callón lamentou que "non é a primeira vez" que se produce "unha situación tan absurda e discriminatoria como esta", de modo que pediu ás distintas administracións que "abran dunha vez os ollos e tomen medidas" para combater este "racismo lingüístico".

"Non podemos ser menos por querer usar o noso idioma", advertiu, tras avanzar que remitirá cartas de queixa á Xunta, o Goberno central, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o Consello Xeral do Poder Xudicial. "Non pode ser que a administración que debe velar polos nosos dereitos, tamén os nosos dereitos lingüísticos, sexa a primeira en vulneralos", sentenciou o presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-06-2012 08:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal