Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


"O galego na Xustiza sufre pola renuncia dos profesionais"
A Irmandade Xurídica Galega suma 42 irmandiños dispostos a defender a lingua.

Por Galicia Confidencial | | 24/06/2012


A Irmandade Xurídica Galega celebrou a súa V Asemblea onte. Entran 42 novos socios entre mestres da universidade, avogados, funcionarios, xuíces e fiscais o.

Na cerimonia, o 'irmandiño maior' e fiscal superior, Carlos Varela, reclamou a normalización do galego nos xulgados. En particular reclamou que a Xunta de Galicia "aborde a elaboración dun Plan Xeral de Normalización que defina as liñas xerais de actuación no ámbito da Administración de xustiza".

Na súa opinión "o principal problema do uso do galego na xustiza deriva da inhibición lingüística por parte dos profesionais, que renuncian a empregar esta opción comunicativa, como lingua de traballo ante os tribunais, ante ou predominio do castelán".

O fiscal argumentou que en 1997 do 'Libro Branco da Xustiza' xa recollía o escaso uso dos idiomas cooficiais no ámbito xudicial máis alá do castelán. "15 anos despois, a situación descrita pouco mellorou" laiouse.

Varela opina que "esta situación de inercia leva a que non aflore a correspondente demanda para o uso do galego no proceso xudicial". O castelán beneficiase de ser "a lingua na que están redactados os textos normativos, os formularios, as aplicacións informáticas, a xurisprudencia e as achegas doutrinais".

No acto tamén se concederon medallas de ouro aos xuristas Antonio Platas e Xosé Luís Franco Grande. Houbo ademais unha homenaxe ao maxistrado Ramón Carballal.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-06-2012 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal