Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Letras e choros
Galicia Confidencial

Nun país medianamente racional, determinados debates sobre a súa propia esencia non serían máis que diatribas marxinais, de seres corroídos polo odio visceral. Non teño claro a idoneidade do “Día das Letras Galegas”, como unha xornada festiva stricto sensu, na que unha ampla maioría de galegos optan en liberdade polo ocio, en lugar de celebrar a existencia dun piar fundamental da nosa cultura, como é a nosa literatura e o noso idioma nai. Unha data que debera ser de grande actividade nos nosos institutos e universidades, na que referendar o compromiso cunha cultura do país, que vive en horas baixas nunha sociedade que mira cara outro lado mentres a nosa concepción como pobo está en proceso de demolición por parte de executores disfrazados do pragmatismo máis vacuo.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 20/05/2012


Unha xornada na que os nosos políticos fan actos solemnes nos que o cinismo empapa as verbas máis floridas, e o escenario chora antes as actitudes mantidas por aqueles de alma identitaria escura. Seguramente Castelao nunca pensou, que algún día dende o poder democrático lexitimado polar urnas, os mesmos que non queren entender a súa magna obra, fan ofrendas florais cara a galería dos horrores na que se está convertendo a nosa identidade como pobo. Mentres, neste paisaxe case “guerracivilista cultural”, no outro “bando” maniféstanse polas rúas da fermosa Compostela defensores da nosa lingua, convencidos plenamente da necesidade de facelo, con militantes inducidos á batalla partidaria baixo unhas siglas políticas. A nosa lingua nin se despreza nin se utiliza como arma electoral. A nosa lingua é simplemente a manifestación do orgullo dun pobo, que sabe que o seu futuro non pode ser entendido se deixa de recoñecerse a si meso.

Pode ser que os mesmos que torturan conciencias dende posicións bífidas, pensen que gañan unha guerra coas armas de destrución masiva que son a pasividade acomodaticia, mais deben saber que este pobo leva na súa esencia o que non poden destruír, que non é nin máis nin menos que o seu orgullo de ser exactamente o contrario do que a algúns lles gustaría, e para o que traballan todos os días, dende despachos con moquetas de cor rancia, cuxas fiestras semellan estar pechadas e illadas, para non oír o que dende a rúa reclama o pobo soberano.

Ou non?
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 20-05-2012 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal