Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Paz-Andrade e o achegamento de Galicia á Lusofonía
Un colectivo cidadán utiliza as relacións do escritor e empresario co mundo lusófono para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular “Paz-Andrade” co obxectivo de promover a língua portuguesa e os vínculos coa Lusofonia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/05/2012


Este mércores foi presentada no rexistro do Parlamento unha Proposta de Lei por Iniciativa Lexislativa Popular que, recuperando a figura de Valentin Paz-Andrade, procura unha serie de medidas que faciliten o acceso dos galegos ao universo de lingua portuguesa e un maior relacionamento coa Lusofonia.

Este é o primeiro proceso para que a iniciativa sexa debatida na Cámara. Para iso, os promotores deben recoller 15.000 sinaturas. Entre as propostas do articulado, presentadas ante os representantes dos tres grupos parlamentarios, figuran a progresiva incorporación do portugués no ensino, o fomento da participación das institucións e empresas galegas nos foros económicos, culturais e deportivos lusófonos, a recepción aberta das televisións e radios portuguesas e o recoñecemento desta competencia lingüística para o acendido á función pública.

O galego, "uma vantagem competitiva"

"A nossa língua outorga uma valiosa vantagem competitiva à cidadania galega em todas as vertentes, nomeadamente a económica, desde que disponhamos dos elementos formativos e comunicativos para nos desenvolver com naturalidade no seu modelo internacional”, recollese nesta proposta.

Ademais, o grupo promotor suliña que a iniciativa únese ao espírito da conmemoración de Valentim Paz-Andrade, que, ademais de ser un dos principais impulsores da industria pesqueira moderna galega, foi tamén vicepresidente da Comisión Galega do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa, que posibilitou a participación de Galicia nas reunións para o acordo ortográfico da lingua portuguesa que tiveron lugar en Río de Xaneiro (1986) e Lisboa (1990).

Paz Andrade e o portugués

Precisamente, os impulsores desta iniciativa lembra que o propio Paz Andrade falou da aproximación da lingua galega á portuguesa nun artigo de 1968. “¿O galego ha de seguir mantendo unha liña autónoma na sua evolución como idioma, ou ha de pender a mais estreita similaridade co-a lingua falada, e sobre todo escrita, de Portugal e-o Brasil?”. Consciente do potencial “transcontinental” do galego para favorecer a potencialidade económica de Galicia, cualificou “de una lengua con la cual pueden entenderse millones y millones de personas, aunque lo hablen con distinto acento o escriban de forma diferente cierto número de vocablos” . Para a comisión promotora da ILP, “esse potencial global é ainda mais evidente e relevante no momento atual, onde a crise económica em que está a Galiza contrasta com o auge de novas potências como o Brasil na América, Angola na África ou a China, com o enclave de Macau, na Ásia”.

Precisamente, a Comisión Promotora, en colaboración coa Asociación Pro-Academia Galega da Lingua Portuguesa, a Associaçom Galega da Lingua e a Fundación Meendinho organizan unha homenaxe a Valentim Paz Andrade e Celso Emilio Ferreiro no C.S. A Revolta de Vigo este xoves.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-05-2012 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal