Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O filme de animación "Gartxot" chega a Galicia con subtítulos en galego
GALICIA CONFIDENCIAL

Trátase dum emotivo filme en euskera baseado numha lenda medieval do Pirineo e protagonizada por un bardo ou cantante popular enfrontado á Igrexa. A estrea galega é o 23 de marzo.



A longametraxe de animación en euskara "Gartxot, konkista aitzineko konkista? (Gartxot, a conquista antes da conquista), dirixido por Juanjo Elordi e Asisko Urmeneta e producido por Somuga, chegará aos cines de Santiago de Compostela o próximo 23 de marzo. O filme -que conta com música de Benito Lertxundi e as voces de coñecidos cantantes da zona do Pirineo baixonavarro e suletino-, supón todo un reto, pois se trata dunha fita de animación para adultos, que se proxecta unicamente en euskara. Na Galicia, o filme pasarase no cine Compostela de Santiago, con subtítulos en galego.

Estreada no País Vasco o pasado 18 de novembro, 'Gartxot' recebeu excelentes críticas e unha boa acollida por parte do público. Froito de catro anos de traballo, "Gartxot" é unha mestura de tragédia romántica e filme de aventuras, filmada cuns deseños innovadores, unhas paisaxes que evocan o romantismo e un guión que busca a emoción. Está baseada nunha narración que o escritor Arturo Campión publicou en 1917 apoiándose nunha antiga lenda do Val de Salazar, Navarra, sobre os bardos, cantantes populares que preservaban a memoria e a cultura do seu pobo.

Nesta historia, o Abade de Roncesvales desterra o bardo Gartxot e rapta o seu fillo Mikelot para que cante en latín ao servizo da Iglexa. Mikelot consegue escapar do convento e é perseguido polos temíbles monxes guerreiros. A partir de aí desencadease a traxedia.

O proxecto cinematográfico conta coa implicación do cantante Benito Lertxundi quen, ademais de ser o compositor das cancions do filme, puxo voz a un dos personaxes, xunto á cantante Olatz Zugasti. A maioria dos actores que puxeron as voces teñem experiencia nasPastorais suletinas e alguns deles son músicos de sona no campo da música tradicional.

"Gartxot" é a quinta longametraxe de animación de Juanjo Elordi (Markina, Bizkaia, 1970), tras "Olentzero" (2002), "Los balunis" (2004), "Olentzero y el tronco mágico" (2005) e "La vuelta al mundo ¡gratis!" (2009), este último co-dirigido con Asisko Urmeneta (Pamplona, 1965). Esta longametraxe, que tivo o seu precedente nunha curta do mesmo título que o ano pasado foi nominado ao Goya de animación, contou coa participación da Consellería de Cultura do Goberno Vasco, o Goberno de Navarra e EITB, entre outras entidades. O cine Compostela acollerá o día 21 unha roda de prensa (con previo pase cinematográfico), que contará coa presenza dun dos seus directores, Asisko Urmeneta.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 10-03-2012 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0