Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Peche de servizos de normalización lingüística
DENUNCIA DA COORDINADORA DE TRABALLADORES DE NORMALIZACIÓN

Peche de servizos de normalización lingüística noutros doce concellos galegos

Galicia Hoxe - 30.12.2011


A Coordinadora de Traballadores de Normalización dá Lingua (CTNL) denuncia o peche de servizos de normalización lingüística noutros doce concellos galegos, que se suman aos xa extintos en Dodro, O Barco de Valdeorras e Quiroga. Segundo sinala a entidade, este venres pechan estes departamentos nos municipios de Aranga, Arzúa, Barreiros, Cabana de Bergantiños, Cariño, Cerceda, Malpica, Mesía, Monfero, Santiso, Vilasantar e Zas.

A CTNL, que achaca esta situación á "eliminación das axudas" por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e á "tardanza na nova e minguada convocatoria" por parte da Deputación de A Coruña, exprésase nos seguintes termos:

"A eliminación das axudas por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a irresponsábel tardanza da nova e minguada convocatoria por parte da Deputación da Coruña e da Xunta favorecen o despedimento de 15 técnicos/as de normalización lingüística e o peche doutros tantos servizos.

"Cumpriuse a peor das previsións, e o ano remata co peche de 15 servizos de normalización lingüística (SNL) de concellos galegos.

"Lonxe de cumprir a súa obriga de impulsar os SNL, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, dirixida por Anxo Lorenzo, favorece o peche en 2011 de 15 destes departamentos. A eliminación das axudas e o reiterado incumprimento e mentiras desde o mes de setembro, cando anunciaron que se publicaría unha nova convocatoria "nas próximas semanas" (e pasaron case catro meses), provoca o peche destes servizos para o fomento do galego.

"Hoxe mesmo, venres 30 de decembro –segundo datos facilitados polo Centro de Documentación Sociolingüística (CDSG) do Consello da Cultura Galega– pechan os dos concellos de Aranga, Arzúa, Barreiros, Cabana de Bergantiños, Cariño, Cerceda, Malpica de Bergantiños, Mesía, Monfero, Santiso, Vilasantar e Zas, e anteriormente xa pecharon os de Dodro, O Barco de Valdeorras e Quiroga.

"Ao grave e irresponsábel incumprimento por parte da Xunta súmaselle o brusco recorte anunciado nas axudas por parte da Deputación da Coruña, que deixará na cuarta parte o seu apoio e que, por enriba, aínda non publicou a convocatoria de novos convenios cos concellos, cando os actuais finalizan mañá, día 31 de decembro.

"Con isto o goberno galego demostra unha vez máis a súa intención de desmantelar o proceso de normalización da lingua galega, sumando un novo e gravísimo paso atrás ao xa extenso currículo desgaleguizador da Xunta de Feijóo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística de Anxo Lorenzo e os seus colaboradores e cómplices".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 31-12-2011 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal