Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Constitución da "Rede Popular de ensino en galego"

"Asociacións en defensa da lingua, asociacións pedagóxicas, sindicatos e cooperativas de ensino de Galiza" participarán na asemblea o próximo 28 de xaneiro. A iniciativa sumou máis de 3.000 apoios.


Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/12/2011

"Galiza co galego", a iniciativa para lanzar unha rede de ensino en galego vai celebrar unha asemblea de ampliación o 28 de xaneiro. O seu obxectivo é crear "Rede de escolas infantís, cun programa educativo común e aberto". No proxecto, segundo os organizadores, participan "asociacións en defensa da lingua, asociacións pedagóxicas, sindicatos e cooperativas de ensino de Galiza".

Esta "Rede Popular" nacida hai dous anos busca crear escolas privadas nas que os propietarios sexan os usuarios e impulsores pero xestionada pola comunidade escolar baixo os criterios de "pluralismo, respecto, tolerancia e diversidade, fóra de toda influencia relixiosa (laico)".

A finalidade da asemblea do 28 de xaneiro é "as máis destas tres mil persoas" que se sumaron ao proxecto pasen a ser socios para "podermos garantir social e economicamente o futuro da educación en galego con independencia e seguridade", segundo informa a Comisión Promotora, baseada en Ferrol.

A plataforma fai un chamamento a novas adhesións a través da súa web e do seu blog.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 31-12-2011 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal