Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


A RAG organiza un congreso para facer balance da figura de Lois Pereiro
GALICIA HOXE

A CORUÑA. EP

A Real Academia Galega (RAG) celebrará a partir deste xoves un congreso centrado na figura e obra de Lois Pereiro, co que busca reflexionar e facer balance sobre o escritor galego que este ano 2011 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.


"O congreso está destinado a recompilar e reflexionar sobre todo o falado desta figura ao longo do ano", explicou o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, quen sinalou que o acto "non está destinado a facer conclusións senón a aprender e facer balance".

O congreso, que está organizado pola RAG e conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Universidade de A Coruña, arrancará este xoves na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Non obstante, o venres e o sábado trasladarase á cidade de A Coruña, concretamente á sede da Real Academia Galega onde continuarán coa celebración das charlas e relatorios que se inclúen no programa.

PROGRAMA

Neste sentido, Méndez Ferrín destacou que o congreso se abre e se pecha "con dúas grandes figuras". Así, a lección inaugural será a cargo do poeta Pere Gimferrer, mentres que para a clausura do acto se contará coa participación da poetisa galega, Chus Pato.

"E polo medio estarán grandes pensadores e ensaístas", apuntou, en referencia ao programa que se debullará os 3 días entre a capital compostelana e a cidade herculina. Autores tan populares como Manuel Rivas ou Luz Pozo estarán presentes nesta cita cultural.

Pola súa banda, o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, destacou "o colofón especial" coa participación de Antón Reixa, que se presentou como candidato para presidir a SGAE, e que este sábado dará a coñecer a peza audiovisual 'Mundo Lois'.

BALANCE

En rolda de prensa, Méndez Ferrín aproveitou para facer balance sobre a figura do escritor homenaxeado este ano no Día dás Letras Galegas. "A súa figura se socializou e espertou afecto e cariño por parte dos lectores máis próximos", precisou.

Pola súa banda, o director xeral do Libro, Biblioteca e Arquivos, Francisco López, sinalou que neste ano 2011 "quedará gravado o nome de Lois Pereiro", xa que, á súa razón, "o labor da súa escritura chegou a tódalas partes". "É unha completa eclosión", apostilou.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 13-12-2011 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal