Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


O Valedor pide a retirada dun libro porque pon que o galego é a lingua propia de Galicia
A Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega (Prolingua) pide a súa dimisión

GALICIA HOXE - SANTIAGO. EP


A Plataforma a prol da defensa e promoción dá lingua galega (Prolingua) esixiu a dimisión do Valedor do Pobo, Benigno López González, despois de que este instase á Xunta á retirada dun libro de texto tras unha recibir unha queixa do coordinador de UPyD de Vigo, Pedro Larrauri.

Segundo informa o coordinador de UPyD de Vigo, Pedro Larrauri --a través dun comunicado--, o Valedor do Pobo, Benigno López González, instou á Consellería de Educación --despois de recibir unha queixa deste cidadán-- a retirar un libro de texto de quinto de primaria da materia Coñecemento do Medio porque nel figura que "a lingua propia de Galicia é o galego" e omite que o castelán tamén é oficial. Unha cuestión que o alto comisionado do Parlamento considera "unha información inexacta e incompleta e, por tanto, falsa".

Por iso, Prolingua denuncia, a través dun comunicado publicado este domingo na súa páxina web, que: "o responsable de velar polo cumprimento da lexislación que temos, ignore os contidos do Estatuto de Autonomía, parece un absurdo, mesmo cómico, se non fose pola transcendencia do cargo e das súas decisións" --en alusión ao Valedor do Pobo.

Deste xeito, a plataforma de defensa do galego demanda "unha rectificación inmediata" a Benigno López, posto que "con esta resolución mostra a súa incompetencia para o cargo, e unha obsesión probada contra a lingua propia de Galicia, así denominada no Estatuto de Autonomía, o mesmo que dá a razón de ser ao posto cuxos preceptos básicos incumpre con frecuencia".

ESCRITO DO VALEDOR

No expediente do Valedor do Pobo --achegado por Pedro Larrauri aos medios--, Benigno López realiza unha "recomendación" na que se avoga por que "desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria se adopten as medidas oportunas para que non se utilice o libro de texto citado, en tanto o seu contido non sexa corrixido no sentido xa comentado, ademais de transmitir aos alumnos un coñecemento adecuado da regulación constitucional e estatutaria das linguas cooficiais".

De feito, o Valedor do Pobo pide que a Consellería "debe actuar no sentido de impedir con carácter inmediato que continúe trasladándose ao alumnado unha información inexacta e incompleta e, por tanto, falsa".

Un escrito que Prolingua censura abertamente a través da súa páxina web por consideralo "un esperpento" ao que di, "non é allea a actitude pasiva, cando non agresiva, fomentada polo actual Goberno galego".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-12-2011 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal