Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Decreto do uso e promoción do galego no ensino
Podedes descargalo na seguinte ligazón:

Decreto
Comentarios (0) - Categoría: Lexislación - Publicado o 03-07-2007 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Texto íntegro do novo decreto de galeguización do ensino
Pica nesta ligazón para ler ou descargar o texto íntegro do novo decreto.
Comentarios (24) - Categoría: Lexislación - Publicado o 26-02-2007 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
O novo decreto garante para o vindeiro curso o 50% das materias en galego
Acordo de última hora entre todas as forzas políticas
Vieiros [22/02/2007 14:18]


Logo de meses de intensos debates, os tres partidos políticos con representación parlamentaria chegaron a un acordo para a galeguización do ensino non universitario. Segundo puido saber Vieiros, o consenso foi posíbel nas últimas horas. O decreto, que recolle de entrada o aconsellado no Plan de Normalización aprobado en 2004, estará xa vixente no vindeiro curso. Educación garante que, polo menos, a metade das materias van ser impartidas na lingua do país e que progresivamente esta porcentaxe tenda a incrementarse. Os propios centros valorarán a posibilidade de aumentar este número mínimo de materias.


A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, logrou o apoio do BNG e do PPdeG para sacar adiante o novo decreto do galego no ensino non universitario. A nova normativa substituirá a que está vixente na actualidade e que data de 1995. Se ata agora o mínimo espazo estipulado para a lingua do país era a dun terzo das materias, agora garántese, como mínimo, o 50%.

O acordo foi difícil debido ás fortes diverxencias iniciais do modelo a seguir. As diferenzas incluso estiveron a piques de impedir que houbese novo decreto no vindeiro curso. Fontes consultadas por Vieiros sinalan que a nova normativa pode estar publicada xa o vindeiro mes de marzo. Logo comezará un intenso traballo para a súa difusión entre a comunidade educativa.

Porén, a principal novidade é que todos os partidos recoñeceron nas conversas que nin sequera se cumpriron os mínimos do anterior decreto. Por iso, esta nova normativa fará un seguimento especial para lograr que os mínimos do novo decreto se cumpran en todos os centros educativos.
Comentarios (1) - Categoría: Lexislación - Publicado o 23-02-2007 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
O NOVO DECRETO TERÁ EN CONTA A LINGUA DO CONTORNO
O profesorado empregará a lingua materna para o ensino infantil
Vieiros [22/02/2007 19:06]


A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, e representantes dos tres grupos parlamentarios compareceron este mércores pola tarde para explicar as principais liñas do novo decreto de galeguización do ensino non universitario. Na conferencia de prensa urxente, deuse a coñecer, a maiores, que en toda a educación infantil, de 0 a 6 anos, a lingua predominante será a materna, aínda que se garantirá o coñecemento do outro idioma oficial. O profesorado terá en conta a lingua do contorno.


En canto á educación primaria, no decreto establécese que os rapaces reciban en galego a metade das materias, sendo obrigatoria esta lingua nas áreas de matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural, e educación para a cidadanía e dereitos humanos.

Na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) impartiranse en galego as materias de ciencias da natureza, ciencias sociais, xeografía e historia, matemáticas e educación para a cidadanía. Neste nivel, os consellos escolares, a proposta do claustro completarán o número de materias que garantan que, como mínimo, o 50% das aulas sexan en galego. Para o ensino non obrigatorio (bacharelato e ciclos profesionais) tamén se contemplan as mesmas porcentaxes.

Educación de adultos
A lingua do país tamén terá garantido un espazo dun 50% no ensino para adultos. Faise unha especial mención neste apartado á necesidade de dotar á poboación inmigrante asentada no país dunha completa formación lingüística e sociocultural.

En todos os centros dependentes da Consellería de Educación constituiranse equipos de normalización e dinamización lingüística, que estarán formados por profesores e por representantes do alumnado, agás nos ensinos máis básicos, e por persoal non docente.
Comentarios (0) - Categoría: Lexislación - Publicado o 23-02-2007 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
ÁS PORTAS DUN NOVO DECRETO PARA O ENSINO
O modelo lingüístico actual é o menos ambicioso de todo o Estado
Vieiros [17/02/2007 09:00]

Os partidos políticos seguen a debater un novo decreto para a normalización da lingua galega no ensino non universitario. A Consellería de Educación expresou a súa vontade de superar o actual decreto, que data de 1995. Touriño tamén asegurou esta semana que haberá máis presenza da lingua do país no sistema educativo. Até o de agora, despois de dúas propostas concretas do departamento de Laura Sánchez Piñon, aínda non hai acordo. Vieiros ofrécelles unha comparativa dos modelos lingüísticos que existen nos territorios con linguas cooficiais. O decreto galego en vigor, tal e como teñen denunciado asociacións como A Mesa, é un dos que menos espazo lle dá á lingua propia. Continuar en Galego.org
O modelo lingüístico actual é o menos ambicioso de todo o Estado
Comentarios (0) - Categoría: Lexislación - Publicado o 23-02-2007 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal