Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Adianto informativo: Cine
- A tropa de trapo , recomendada para o alumnado de educación infantil e 1º ciclo e 2º ciclo de educación primaria, (duración 85 min), xoves 15, e venres 16, luns 19 e martes 20 de decembro

- Pradolongo, dirixida ao alumnado da ESO, xoves 15 e venres 16 de decembro (duración 100 minutos)

- Crebinsky, recomendada dirixida ao alumnado de 4º da ESO, de bacharelato e ciclos formativos (duración 90 min) luns 19 e martes 20 de decembro.

Horario dos pases:

- A tropa de trapo 1º pase 10.00 h; 2º pase 12.00 h

- Pradolongo e Crebinsky, Horario 1º pase 09.45 2º pase 11.45

A inscrición pódese efectuar desde o 21 de novembro ao 2 de decembro de 2011 nos teléfonos 981 944 014 ou 981 944 000 extensión 202.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-11-2011 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro con G 2011-12 - Recitado
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-10-2011 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro con G



ANOTARSE CHAMANDO A:

Educación do Concello de Ferrol :
981944220
Preguntar por: Aixa
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-09-2011 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Recordatorio teatro no Rodolfo Ucha
O xoves 16 de xuño, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, o Obradoiro de Teatro do centro representará a obra SUPERCARMIÑA, de Belén Roca.

A obra vai dirixida ao alumnado de Bacharelato.

Os interesados en asistir á representación anotádevos, como de costume, no correo da Coordenadora (cequipnormalizacion@gmail.com)
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 06-06-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Percursos Falados - Valdoviño (información)
Valdoviño
View more documents from cenlf
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 25-05-2011 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Percursos Falados - Valdoviño (concreción de horario)
SAÍDA: 09:30 HORAS DO DÍA 28 DE MAIO (SÁBADO)

LUGAR: DIANTE DO IES FERROLTERRA
(antes Politécnico MARQUÉS DE SUANZES)

REGRESO: 14: 00 HORAS

CHEGADA A FERROL: 14:30 HORAS (NO MESMO LUGAR QUE A SAÍDA)




Autorización para participar na excursión

Ferrol, 28 de maio de 2011.
Como vde. sabe, o vindeiro sábado, día 28 de maio, o seu fillo/a súa filla ten previsto participar nunha actividade de sendeirismo e inmersión lingüística organizada por esta Asociación:
PERCURSOS FALADOS é unha actividade que permite, a todos aqueles que gostemos de participar, coñecer e gozar da xeografía, da natureza e da paisaxe máis básica e esencial da nosa contorna comarcal, así como da do resto de Galiza, a través duns roteiros e camiñadas accesíbeis para todo o mundo.
Os/as participantes comprométense a usar a lingua propria de Galiza durante o percorrido.

PERCURSO FALADO POLA LAGOA DE VALDOVIÑO

Como queira que o seu fillo/filla e menor de idade, precisamos da súa autorización tanto para poder participar na actividade como para poder utilizar as fotografías ou vídeos nos que puidese aparecer a súa imaxe nas publicacións de carácter didáctico ou recordatorio que se puidesen derivar dela (taboleiros do colexio ou instituto, revista do centro, blog da asociación, etc). A tal fin, rogámoslle que imprima e nos faga chegar, asinada a parte baixa desta folla.

Un saúdo

Nome e Apelidos do pai/nai ou titor/a legal:

_____________________________________________________

Autorizo a meu fillo/miña filla

_____________________________________________________

a participar na actividade: Percursos Falados pola Lagoa de Valdoviño organizada por esa asociación e dou o meu permiso para que poidan utilizar o material gráfico no que apareza a súa imaxe sempre que o seu uso se limite ao carácter didáctico ou divulgativo da realización da actividade.



Sinatura
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-05-2011 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
CEA PARA OS SOCIOS E AMIGOS E AMIGAS



Unha vez mais a Vaca conta con nós. Animádevos

DATA: 3 DE XUÑO.

LUGAR: RESTAURANTE O CAFÉ DA VACA.

PRAZO PARA SE ANOTAR: 1 DE XUÑO
(cequipnormalizacion@gmail.com)


Prezo: 25 EUROS (no seu momento comentaremos o menú e a hora).


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-05-2011 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Intervención de Teresa Moure no acto de Queremos Galego!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2011 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro con g para primaria o día 27 de maio




Nivel: 2º e 3º ciclo de Educación Primaria
Duración aproximada: 15 minutos cada representación
Lugar: Capela do Centro Cultural Torrente Ballester

Para se anotar: Chamar o fone 981 94 40 00 do Concello de Ferrol- Educación

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-05-2011 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Este 17 de maio non quedes na casa: mobilización expansiva en defensa da lingua que nos une

PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO!



Prezadas/os amigas/os,

A Plataforma Cidadá Queremos Galego chama a toda a sociedade galega a seguirse mobilizando en defensa da nosa lingua e da nosa cultura propias este vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, desta volta mediante a metodoloxía da "mobilización expansiva": concentracións simultáneas no maior número posíbel de localidades galegas, e tamén no exterior.

Hai razóns máis que de sobra para seguir facendo do Día das Letras Galegas unha xornada reivindicativa e de mobilización social, demostrando que temos unha lingua e unha cultura viva e con futuro, non unha "cultura en lata" nin unha peza de museo para mirar para ela unha vez no ano e o resto agredila ou ignorala.

En dous anos que leva no goberno, Alberto Núñez Feijóo aínda non tomou nin a primeira medida en favor do galego. Moi polo contrario, a súa política é de desprotexer aínda máis o galego, de negar os nosos dereitos lingüísticos no ensino, na administración, nos medios de comunicación ou na xustiza. Paralelamente, descende ou desaparece o apoio aos creadores e iniciativas culturais de todo tipo coa escusa da crise económica. Con todo, si que parece haber cartos para traer cultura de fóra mentres se despreza e ignora a de aquí.

Debido á proximidade das eleccións municipais, este ano non haberá manifestación nacional en Compostela, como nos últimos anos, mais a Plataforma Queremos Galego chámanos a non quedar na casa. Como? Participando da "mobilización expansiva" e simultánea que están a preparar en ducias de localidades de todo o país para o 17 de maio ás 12 da mañá. O lema non pode ser máis rotundo: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO.

Neste momento xa están confirmadas moitas das concentracións que haberá por toda a nosa xeografía e mesmo na diáspora: podédelas consultar, para verdes se está a vosa, en www.queremosgalego.org . Estade atent@s, porque a listaxe se irá actualizando a cada pouco coas novas adhesións que vaian chegando.


Ares: 12 da mañá, Praza do Concello
As Pontes: 12 da mañá, Praza de América
Cedeira: 12 da mañá, Praza da Reitoral da Vila Vella
Fene: 12 da mañá, local do Pote (Maniños)
Ferrol: 12 da mañá, Praza do Himno Galego (Esteiro)
Narón: 12 da mañá, Parque Botánico Carlos Rodríguez Dacal
Pontedeume: 11.30 da mañá, Praza do Concello
San Sadurniño: 12 da mañá, Praza do Concello
Valdoviño: 12 da mañá, Praza da Casa da Cultura
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-05-2011 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [52]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal