Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


As olimpiadas xa falan coma nós
Non Gripe A
View more documents from cenlf.
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 07-10-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
A CIUG pasa do galego
Este é un correo electrónico da Comisión InterUniversitaria de Galicia enviado aos centros para a súa remisión a todos os seminarios.
Como vedes ... resolveron dun prumazo o problema do bilingüismo.

En vista de las sucesivas consultas de los centros con respecto a que no encontraban el nuevo link con la documentación de las materias del nuevo bachillerato Loe, hemos incluído en la página de "Area de centros" pinchando Grupos de Traballo en la columna de la izquierda del todo un nuevo link en negrita "Bachillerato LOE".

Por favor en el caso de que no lo encuentren pónganse en contacto con la CiUG 981-528080 (María).


Atentamente


Comentarios (2) - Categoría: Campañas - Publicado o 15-09-2009 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Novo boletín da SXPL
NOVIDADES DA LINGUA GALEGA 21/12/07

O NADAL EN GALEGO
Agasallos de Nadal en galego para os máis pequenos



Como o Nadal xa está aquí e hai que ir pensando nos agasallos de Noiteboa ou nos do día de Reis, dende aquí queremos ofrecerche unha serie de recomendacións. Son unha serie de regalos pensados para os pequerrechos da casa, e en galego. Porque hai toda unha oferta cultural e de ocio no noso idioma coa que de seguro acertas para que os cativos o pasen o mellor posible.

Desexa un bo nadal en galego

Consulta todas as novidades na nosa páxina web www.xunta.es/linguagalega
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 22-12-2007 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
LIÑA DO GALEGO
A Mesa abre unha liña telefónica sobre dereitos lingüísticos


A asociación que preside Carlos Callón poñerá tamén á disposición do público un enderezo de correo electrónico.
Redacción Vieiros - 26/11/2007


A Mesa pola Normalización Lingüística abre unha liña telefónica e unha conta de correo electrónico para recibir queixas, consultas ou parabéns sobre os dereitos da lingua en empresas e institucións. A liña do galego constitúe un "proxecto estrela" da Mesa, segundo o seu presidente, Carlos Callón.

O responsábel da entidade explicou que aínda hoxe non está sentada "a idea de que en Galiza hai dereitos lingüísticos, tanto individuais como colectivos" e que "moitos galegofalantes consideran normal a exclusión da súa lingua". O número 902 10 64 74, dispoñíbel de 8.00 a 22.00 horas os días laborábeis, e o correo linhadogalego@amesanl están abertos á recepción de mensaxes, das que a Mesa garante a súa confidencialidade, aínda que "non tramitará chamadas nin correos anónimos".

A Mesa xa recibía unhas 600 queixas, que espera "superar amplamente" coa posta en marcha do novo servizo. Ao remate do ano redactará un informe para diagnosticar a situación da lingua e propoñer melloras para o seguinte exercicio
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 27-11-2007 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
Afiliación

Como moitos xa sabedes, o curso pasado a Coordenadora constituíuse como Asociación Cultural.
Co novo curso, cómpre animar novamente aos que aínda non formades parte da mesma para que cubrades a ficha de afiliación, que podedes descargar accedendo ao enlace que vén de seguido.
Unha vez impresa e cuberta, podedes enviala á Secretaria da Asociación, Mª ISABEL FACHEL FREIRE, ao IES Marqués de Suanzes, de Ferrol.

http://www.slideshare.net/cenlf/ficha-de-afiliacin-persoal/1


A afiliación supón unha pequena achega económica ... pero non vos preocupedes, só son 10 € ao ano.

Xa vedes que temos de todo: horteras, "pijas", raros, marcianos cabreados ... e moita xente que ama o galego e que está disposta a aportar traballo e ideas a prol da nosa lingua. Animádevos.
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 09-10-2007 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da Mesa pola Normalización Lingüística
Transcripción do correo electrónico remitido pola Mesa pola Normalización Lingüística


Prezadas amigas,

Prezados amigos,

Póñome en contacto convosco en relación cunha iniciativa que estamos a promover a propósito do Día das Letras. Desde A Mesa pola Normalización Lingüística rediximos un manifesto para o que estamos a procurar o apoio dos colectivos e persoas preocupadas pola situación do idioma.

Somos conscientes do voso compromiso, e é por iso que vos solicitamos que acheguedes o voso apoio ao texto no sitio web http://www.amesanl.org/17maio2007.htm. Ademais, en relación coas ideas expresadas no manifesto, atoparedes ligazóns para o envío de documentos de protesta ao Defensor do Espectador de RTVE e do Defensor do Contribuínte.

Grazas por adiantado polo voso apoio.

Un saúdo,

Carlos Callón

Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística


Debaixo do artigo tedes a ligazón que vos leva á páxina na que ler e apoiar o manifesto.
Ligazón ao sitio web para apoiar o Manifesto
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 02-05-2007 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Sabes onde está La Teijeira, El Bollo ou Chandreja de Queija...?
...Nós dicímoscho: no Instituto Xeográfico Nacional.
A Ciberirmandade da Fala suma apoios na rede para eliminar os barbarismosda web deste órgano dependente do Ministerio de Fomento.

Recollido de Vieiros - 19:00 19/03/2007
Tags: Ciberirmandade toponimia


La Bola, Castrelo del Valle, Jinzo de Limia, El Irijo, Junqueira de Ambía, Lobera, Viana del Bollo, Villardevós, Germade, Jove, Otero de Rey, Pedrafita del Cebrero

Non é aceptábel que na páxina web dunha administración como é a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, practicamente todos os topónimos de Galiza estean tan grotescamente deturpados, esquecendo o deber de respetar os nomes oficiais dos concellos galegos.

Desde a Ciberirmandade da Fala subliñan a importancia da toponimia na elaboración da cartografía e lémbranlle ao IGN que polo seu labor debera ser especialmente coidadoso con este tipo de grallas.

A versión en galego desta páxina web ten a meirande parte dos seus contidos en castelán, e as partes en galego están inzadas de faltas de ortografía, o que é unha enorme falta de respecto para a cidadanía galega, denuncian.
A Ciberirmandade propón enviarlle un correo electrónico á institución solicitando a corrección dos topónimos (ign@fomento.es).
Ligazón ao modelo de reclamación
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 20-03-2007 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Campaña individual a prol de .gal
Na páxina da asociación puntogal, podedes anotarvos para dar o voso apoio individual á súa iniciativa de crear o dominio .gal para as páxinas creadas na comunidade galega.
Como podedes ver no blog, a nivel de coordinadora xa o fixemos incluíndo no mesmo o logotipo da iniciativa.

http://www.puntogal.org/web/index.php?option=com_easybook&Itemid=52
Asociaciación Puntogal
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 01-02-2007 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Protesta contra Tele Cinco
Na Asemblea celebrada ontes aprobouse desenvolver unha campaña de protesta dirixida a TELE5. A campaña consistiría no envío de correos aos enderezos que aparecen ao remate. Velaí o texto a incluír no correo:

A Asociación Lingüístico-Cultural “Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, quere expresar a súa sorpresa e a súa protesta por constatar que Tele 5 vén utilizando sistematicamente nos seus informativos o topónimo La Coruña.

A SORPRESA, porque dende hai tempo, nos centros educativos, nos Administrativos, na cartografía, na correspondencia oficial, nos xornais, e noutras canles de TV xa se respecta o único topónimo oficial que se debe empregar para denominar a cidade herculina:

A CORUÑA.

A lexislación vixente é clara ao respecto:

“ Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”
(Lei de Normalización Lingüística, 1983)

Este comportamento reiterado de Tele 5 só o podemos interpretar como:

Un menosprezo aos dereitos lingüísticos dos galegos, refrendados unanimemen-te no Parlamento. (Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística...)

Un desprezo absoluto polas leis que rexen nun Estado de dereito.

Unha falta de sensibilidade coa diversidade cultural e lingüística dos seus televi-dentes.


Por todo isto, e desde este espazo aberto, expresamos


A PROTESTA, contra os responsables dos informativos de Tele 5 que teñen o deber de velar polo respecto ás normas, que democraticamente nos demos desde hai tempo.




Envía a túa protesta:

Montserrat Sedes Prego.
Produtora
Correo-e: msedes@atlas-news.com

Marga Velo García.
Delegada Telecinco Galicia
correo-e: mvelo@atlas-news.com
Comentarios (1) - Categoría: Campañas - Publicado o 26-01-2007 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
+ sobre o Louxo - Tirado de Galicia Hoxe
O hotel Louxo comprométese a galeguizar os seus servizos


O deputado do BNG, Bieito Lobeira, denunciou o establecemento por un manual no que lles prohibía ós seus empregados falar no idioma do país

REDACCIÓN
O hotel Louxo da illa da Toxa indicou onte que xa retirou o manual denunciado polo deputado do BNG Bieito Lobeira que lles prohibía ós seus empregados falaren en galego despois de recoñecer a súa "redacción desafortunada".

Nun comunicado en galego, o establecemento indica que o citado manual "foi eliminado de inmediato o pasado venres día 19", no momento en que "tivo constancia do erro". A dirección subliña que a súa "filosofía e práctica" é que "os traballadores falen sempre no idioma que entenda o cliente, que nun 90 por cento dos casos é de fóra de Galicia".

Engade que "nos máis de vinte anos de funcionamento" dese hotel que, subliña, é o único de capital galego" da illa da Toxa, "nunca houbo problemas lingüísticos nin cos clientes nin cos traballadores".

O establecemento hostaleiro apunta que ten prevista unha reunión con responsables da Mesa Pola Normalización Lingüística destinada a "confirmar todos eses aspectos" citados na nota.

A reacción do hotel Louxo é consecuencia á petición por parte de Lobeiro dunha intervención da Xunta para retirar o citado manual de "buenas maneras" do establecemento que, no apartado de "normas de cortesía", dise "literalmente": "Mantener posturas correctas delante del público, no hablar de temas personales con los compañeros y no hablar en gallego".

A Mesa saúda o "xesto de boa vontade" e acordou co director do hotel facer un seguimento dese proceso de introdución do galego no conxunto dos servizos que ofrece o establecemento.
Comentarios (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 25-01-2007 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal