Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Presentación de disco de Liviao de marrao
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 12-10-2015 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Aquí tes un amigo
Vídeo realizado polo Departamento de Música e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Marqués de Sargadelos de Cervo.

Tema "Aquí tes un amigo" feito en colaboración con Marmelada de Re. marmeladadere.com

Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 20-06-2015 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Rapeando
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 20-05-2015 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Dobraxe galega
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 20-05-2015 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
A mocidade coa lingua 2015

Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 15-05-2015 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Ataque Escampe - Arder
"O videoclip do noso tema "Arder" producido por PRENOM e dirixido por Mar Catarina celebra hoxe un ano de vida e, como agasallo, vimos de saber que foi seleccionado para o Festival de Cans."

Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 29-04-2015 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Cristina Pato, di-se salvada pola música
É bem lindo ver que tamos todos-as cheios-as de contrastes que vam conformando o nosso ser, que nos fam mais interesantes e espertas. Esta entrevista vai a favor de Cristina Pato uma nena me eu imagino de aldeia que move as cadeiras em Nova Iorque com natura por diante e o sabor da verbena que também tem a gaita galega. Ou a favor daquela que se rí a amplas gargalhadas num piano de cola. Ou a favor daquela que mistura com maestria os gestos do show americano e do galego no mesmo corpo. Teoria, educazom, narrativa, aprendizagem, práctica e aventura de vida arredor da música mamada desde Ourense polo fio do pai e cultivada por unha estirpe de femias que apoiam á nena Cristina convertida em senhora polo seu próprio pulso, montra e interesse.

Por Cobrantas - Ugia Pedreira | Galicia Confidencial | 20/03/2015


Em início muito obrigada por dar resposta a esta entrevista feita desde a intuizom, desde a básica impresom do que leo, lembro e vejo pola net. Só me atopei com voçê numa roda de prensa colectiva há muitos anos e últimamente quando voçê me escriviu compartilhando o interesse pola música e cerebro. Dito isto, voçê é instrumentista que se move entre a gaita e o piano, em projectos individuais, coleitivos arredor também do mundo educativo e com muito esforzo e trabalho na prática e teoria da música. Som tais estes ámbitos? Era o seu sono de nena viver da música e para ela?

Creo que de pequena o que quería era facer algo que me sacase da realidade e me deixase desenrolar as miñas paixóns. A música estivo sempre na casa, co meu pai que era acordeonista e tiña unha charanga co cura do pobo.Ver o que conseguía facer o meu pai cun acordeón sempre me emocionou moito, meu pai era capaz de facer bailar e sorrir a calquer ser human, para min era como un super heroe, e quizáis por el e pola miña irmá Raquel decidín tomarme en serio a teoría e a práctica da música, pero sen olvidar nunca o poder inmenso de comunidade e comunicación que nos da.

Comento o do esforzo porque os galegos-as tenhem esse santo sinal na emigrazom, e porque a aprendizagem óptima bem se sabe á fim “cientificamente” que se dá baixo o signo do prazer e da emozom . Qual é a sua relazom com a música desde estos signos?

Quizáis a morriña e o poder de emocionar que ten o son da nosa gaita sexan o mellor exemplo, para min a música é a emoción pura. As boas e as malas. Se non tivera a música non sería capaz de vivir. Salva a miña vida emocional todos os días. A parte académica débolla á miña nai, que como moitas outras da súa xeración non poido ter acceso á educación e entendeu dende un principio que ese era o mellor regalo que lle podía facer ás súas catro fillas.

552139_396151673825712_999837618_n

Leim um livro bellísimo onde artistas internacionais falam do concepto subjectivo de música popular, esta era a pergunta comum a todos. Fago-lha, pois. Que é a música popular para voçê?

É a comunidade. O pracer de estar todos xuntos. A alegría e a tristeza compartida. O pobo.

Qual foi o faro que lhe moveu para sair do pais e ir-se a Nova Iorque, tivo uma beca de estudos da Barrié mas desde o profundo porque nom decidiu fazer a tua vida artistica aqui? Pergunto isto pois uma vez ceiando em Berlim com Llamazares dixo-me que se vendia mais em Galiza tando fora, crês que existe ainda esse tópico, esse pailanismo, esse snobismo ou como se chame?

Pois a verdade e que marchei por unha mistura de un soño incumplido e a sensación de que me estaba a convertir en funcionaria de min mesma. Marchei a facer o meu doutoramento no 2004 coa idea de frear a miña carreira profesional para centrarme na académica. Non tiña intención de comezar nada profesional aquí, incluso, por despeito, deixei a gaita en Galicia. Pero cirscunstancias da vida e unha nova perspectiva axudáronme a ver que ainda tiña moito por facer.

Leendo na tua biografia sentim que o nome Yo-Yo Ma puxo chanzons e apuxou para a tua nova etapa artística. Conta-nos por favor qual é a vossa relazom, imagino que transitiva pois uma galeguidade tam energética e cheia de graza é benvinda sim ou sim neste e noutro mundo. Só imagino.

Yo-Yo Ma cambioume a vida. Que un artista da súa talla no mundo da música clásica non só se interese pola nosa cultura e o noso instrumento senon que ceda espacio nos seus concertos, discos e aparicións televisivas a instrumenstos descoñecidos como a gaita, o kemanche iraní, o bawu chines... É un home incriblemente xeneroso que cree no poder da música para cambiar o mundo. Cree que todos os artistas somos cidadáns cunha responsabilidade. E que a práctica musical desenvolvenos as cualidades necesarias da humanidade: colaboración, flexibilidade, curiosidade e xenerosidade...Gracias a él descubrín de perto que o talento é unha responsabilidade e decidín tomala si cabe máis en serio...de eso sae Galician Connection...

A tua atividade desde America parez mais dirigida a produzons, residéncias, concertos grupais, conferencias interactivas. Ve-se claramente a Cristina em aczom estudo-cenário. Tem voçê mais a necessidade da composiçom, de comunicar a travês da composizom ou prefire o processo dos arranjos, interpretazom, reelaborazom e mesmo improvisazom instrumental?

A composición para mín non é simplemente unha forma de sanar. Cando escrebo o fago para sair dalgún estado emocional. Para os que teñan a Cristina Pato de pelo verde na cabeza, simplemente recordar que ese repertorio é escollido por mín pero non composto por mín. As miñas obras son básicamente “clásicas” con unha parte importante de narración, que cada vez vai ocupando máis espacio na miña vida. A miña vida académica basease no poder do artista como conector de departamentos nunha universidade. Harvard University e Holy Cross son duas institucións coas que traballo dende fai anos. Conectar neurociencia, música, filosofía, educación e negocios, todo a través das artes, a través da emoción pura.

Este último disco Rústica di que é um namoramento com três homes (O outro dia alguem apontou numa conversa de bar que a image promo que a mim me parece belísima e imaginativa parez duma teleserie “paixom de gavilanes” ) e ademais é um grande namoramento com a música tradicional. No texto promocional de Rústica fala duma construzom coleitiva baixo as canzons que conhece do povo Davide Salvado- grabadas ou nom - . Como forom os três dias de tal construzom, semelha em pricípio um plantejamento simples, deixando fluir canzons de raiz tradicional e jogando com elas sem liar-se muito em pensamentos conceptuais...

Acabas de dar no cravo, empezou pola miña paixón por ese nosequé que ten Davide. E rematou sendo unha carta de amor colectiva. Todos confiamos en todos e nos respetamos.

E por certo, falando de emocións, nesa sesión levo posto o camisón que a miña nai se fixo a si mesma para parirme a min. Só o puxo o día do meu parto, a miña nai é o meu sol, á miña lúa e a muller mais sabia que coñecin nunca, aínda hoxe no seu mundo sigue sendo incríblemente sabia.

Caminha entre a clásica, a música tradicional e o jazz (suponho que mais actualmente) e leim que foi a sua mai quem lhe apoiou para estudar música e nesse carreiro sigueu com master, doctorado...como se soe dizer uma nena responsável e acarreirada, neste caso na música. :-) A tua familia e a gente da tua aldeia ( dim que todos os galegos temos aldeia de referéncia) cómo vive o teu sucesso musical?

Creo que gracias á miña querida nai e á realidade que rodeou sempre á miña familia nunca cambiou moito o meu entorno. Sigo a celebrar as festas na aldea coma sempre e coa xente de sempre. Por razóns varias, teño moitas realidades: a gaiteira, a pianista, a profe, a descoñecida que vive nun armario en Nova York ou a popular “jaiteira”, pero somos todas a mesa persoa sen complexos que leva a a vida adiante como tantas outras mulleres.

Nom há nada mais exótico e original que dar a conhecer a cultura e a lingua dum território estando em um outro. Qué percebes no público como curioso quando dàs a conhecer o patrimonio musical galego?

RESPETO, e curiosidade. E espero que nos nunca o perdamos nin o respeto polo noso nin a curiosidade por seguir manténdoo vivo. É unha honra e unha responsabilidade que levo como un talismán. Sen Galicia, sen a gaita galega, sen esta língua de amor materna, eu non seria eu. Respeto pola identidade cultural.

Uma poeta performance amiga di que “onde nom há nom doe, e onde doe está todo”. E com isto remato dando-lhe os meus agradecimentos por aceitar esta comunicazom. Que lhe doe a voçê do mundo da arte?

Se fósemos capaces de facer entender aos governos e á sociedade que a cultura importa. Que as artes salvan vidas aportan identidade e axudan a saúde colectiva, pois probablemente non me doería nada. Pero tamén temos que demostrar á sociedade que as artes son un ben colectivo. Que precisan o apoio e o cariño de todos, e qué somos nos, artistas e cidadáns, os que temos que axudar a compartir esa mensaxe: como diría Yo-Yo Ma, convertirnos en cidadáns culturales que usan as artes para o ben da comunidade e axudan así ao seu desenvolvemento.

Ugia Pedreira - Cobrantas

Com oito álbuns lançados, a cantora de Marful e ex-diretora do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque, cria este espaço para as cobrantas musicais feitas á mao, é dizer, pessoas e projectos musicais que ao meu entender sejam de alto risco, medulares, lumínicos, vertebrais, que prestem atenção á canteira e a deixar sementes prantadas arredor da música galega feita em qualquer parte do mundo. Em Cobrantas intentara-se chegar ao para qué e porque dos discos, livros, tendas, pub, músico, editoral ou ideia a desenvolver na atualidade.
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 23-03-2015 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
SES - Tronzar os valos
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 19-03-2015 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
No 15 cabodano: Suso Vaamonde - Terra
Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 15-02-2015 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Guadi Galego: “O corpo pedíame arriscar co pop e o resultado foi que viñeron novos públicos”
Sermos Galiza

Tres mil discos vendidos en dous meses é unha marca difícil de igualar na música galega. Conseguiuno Lúas de outubro e agosto, de Guadi Galego. Máis de sesenta mil persoas viron nese tempo o videoclip da súa canción “Matriarcas”, que orixinou tamén un debate arredor da maternidade. Guadi Galego bota a andar agora a xira de presentación do disco.


Nas lúas cheas de outubro e agosto naceron o seu fillo e a súa filla. Agora dan título a un disco no que agroman as emocións e os sentimentos. Guadi Galego vólvese pop en Lúas de outubro e agosto, o seu segundo disco en solitario despois daquel Benzón que asinou hai cinco anos.

-Vender tres mil discos en apenas dous meses é toda unha marca na música galega, cal é o segredo de Lúas de outubro e agosto?

A verdade é que foi unha sorpresa. Non agardaba que acontecera con esa intensidade. Neste momento esgotamos a primeira edición e vaise facer outra. Pode responder a que este é un disco distintos ao que a xente agardaba mais, ao mesmo tempo, non deixaba de ser un disco meu. Dalgunha maneira, conseguiu enganchar a xente que até agora non o fixera e, por outra parte, ao meu público non lle resultou tan estraño. Non teño as claves para que o disco gustara tanto... talvez a súa frescura.

-Comeza agora a xira de presentacións, ese suceso do disco vaise corresponder cunha grande resposta nos concertos ao vivo?

Unha xira de teatros, pero de aí para adinte, abrimos en marzo con teatros .A xira bota a andar 6 de marzo en Oleiros, sigue o 7 en Vilagarcía, o 8 en Ourense, o 21 en Redondela e o 28 en Cedeira. A partir de aí virá xa Compostela e Lugo. Non sei ben como influirá o resultado do disco nos directos mais, o que si é certo é que se nota certa expectación maior que noutras ocasións.

-Do disco, a canción “Matriarcas” sentiuse especialmente, tanto polas máis de 60.000 veces que se viu o videoclip como polo debate que produciu dentro do feminismo a respecto da maternidade.

A verdade é que tanto esa cantidade de veces que se viu o videoclip como o debate foron tamén inesperados. A canción, ao meu ver, non deixa de ser un tema de amor con certa ironía, en especial con respecto aos homes. O debate produciuse arredor do tema da maternidade e a un sector do feminismo non lle gustou o tratamento Eu estou co feminismo da diferencia e creo que a maternidade é parte das mulleres que somos nais. Foi unha canción tamén persoal na que tentei expresar o que sentía. A canción foi unha revolución e non contabamos con tanta aceptación. Converteuse en viral. No videoclip hai moitas mulleres reais e a xente síntese identificada con elas. Defendo que o sentimento do matriarcado existe na Galiza e esa maneira de verbalizalo con música fixo que moita xente se sentise próxima.

-As mulleres e a maternidade é un dos principais temas do seu novo traballo?

Moitos dos temas xiran arredor da muller mais non só da maternidade. Para se sentir matriarca non hai que ser nai biolóxica. Moitas non teñen fillos. Na Galiza hai unha chea de mulleres que coidaron de sobriños, que levantaron casas con xente maior sen seren elas mesmas nais. Non se cingue ao tema da maternidade mais si é certo que cando escoitas o disco percibes que as mulleres están presentes, teñen un destaque especial. Malia iso, non foi algo premeditado. Os temas saíron así pode ser porque, máis que nunca, tiña presente a condición de muller na miña vida.

-Polo que di, pola autoría e porque responde tamén, en certa maneira, ao seu momento biográfico, é este o seu traballo máis persoal?

Sete de dez temas son meus, tanto na composición da música como na letra. É moi persoal desde o momento en que todas son cancións inéditas, de autoría propia. Non hai temas tradicionais como si acontecía no anterior disco. A música tradicional pulula dentro de min e, de feito, hai moitas letras e músicas que teñen o aroma da terra, da tradición. Ese arrecendo existe e apréciase mais desapareceu aquela presenza directa con temas tirados directamente da música popular.

-Desde Benzón, o seu primeiro disco en solitario, publicado en 2009, pasaron cinco anos. Por que demorou no seu regreso?

A vida está chea de circunstancias, de feitos que, dunha maneira ou outra, van conducindo a túa biografía. Antes de poñerme de novo cun disco en solitario naceu aCadaCanto, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández, que era un proxecto que tiñamos pendente. Tiven o meu primeiro fillo e non era posíbel máis nada.

-Ademais de aCadaCanto, participou en Berrogüetto, Nordestinas ou Espido. Este novo disco adiviña un futuro en solitario?

De momento vou defender este disco e non sei que farei máis adiante. Traballar con outras persoas enriquéceme e pode ser que no futuro volva participar en proxectos colectivos. Todo será segundo o momento que viva.

-Por que se decidiu por un traballo tan pop?

Certamente é totalmente pop. O regusto da tradición está nas melodías e nas letras mais non ten a presenza de Benzón. Apetecíame moito tirar por esta vía. Darlle un gusto distinto pareceume un risco interesante despois de vir do folque. Defendo que hai que facer o que che pide o corpo e a min pedíame pop. Pensaba hai un anaco que desde que empecei fixen sempre cousas moi distintas. Rosalía XXI é un disco con linguaxe jazz e regusto contemporáneo e a ninguén lle estrañou que dese eu voz a Rosalía. Agora posibelmente resulte máis chamativo por ser pop porque en galego non hai moito. Pop existe mais non de forma tan contundente como neste caso.

-Emocións e sentimentos son ingredientes básicos da súa música?

Son a esencia. Se non hai sentimentos e emocións non ten sentido, fanme ser o que son. Quero ser de verdade nas miñas cancións, cos meus defectos e virtudes. A música está dentro de min desde pequena. A miña familia e boa parte das miñas amizades viven a música de maneira intensa e forma parte das nosas vidas e iso tamén se deixa ver no que fago. A música ten moita forza e pode cambiar mesmo o estado de ánimo. Contribúe a que sexamos máis felices.

Comentarios (0) - Categoría: Música galega e vídeos - Publicado o 15-02-2015 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web




O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal