Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


Terceiro Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
No seguinte arquivo adxunto enviámosvos o programa do Terceiro Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, que terá lugar en Santiago de Compostela do 31 de outubro o 2 de novembro de 2008.

A matrícula abrirase o día 9 de outubro a partir das 00:00 horas.

Un saúdo

AS-PG

Programa Congreso
View SlideShare document or Upload your own.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 09-10-2008 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Feijoo acalma a Madrid: en canto chegue á Xunta, derrogará o decreto do galego

"Discrimina os alumnos, os profesores e os pais"

"O PP galego ampara a política lingüística da Xunta e a memoria histórica", titula un dos medios máis influíntes da dereita española.

Redacción Vieiros - 18:35 09/10/2008



"Unha das primeiras decisións que adoptarei na presidencia da Xunta será derrogar o decreto do galego no ensino". O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, anunciaba deste xeito cales serían as políticas de urxencia dun Executivo popular, no hipotético caso de que este chegase a gobernar de novo o país.

"O decreto do señor Quintana e do señor Touriño discrimina no ensino, por razón de lingua, os alumnos, os profesores e os pais", engadía Feijoo. Curiosamente, ao tempo que esta quinta feira ao mediodía o dirixente conservador realizaba estas declaracións aos medios, un dos xornais máis influíntes dentro da dereita española cargaba as tintas contra o seu partido: "O PP galego ampara a política lingüística da Xunta e a memoria histórica", era o titular da súa noticia máis destacada.

Este mesmo diario recoñecía que durante o debate do Estado da Nación, o portavoz parlamentario dos populares, Manuel Ruíz Rivas, advertiu da intención do seu grupo de derrogar o decreto do galego. No entanto, na salientábase negativamente o feito de que "malia os abusos que vén cometendo o Goberno de socialistas e nacionalistas, o PP tamén se sumou ao consenso en torno ás políticas lingüísticas, incluídas no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega".

Cómpre aclarar que esta non é esta unha novidade na política lingüística dos populares, xa que a norma á que se fai referencia foi aprobada por todos os grupos do Parlamento, tamén polo PPdeG -grupo maioritario e de Goberno-, en setembro de 2004. Neste senso, Feijoo recordou esta quinta feira o que xa dixera durante o debate, que "sempre estará de acordo co que indica o Estatuto de Autonomía".

Ademais, propuxo "recuperar o consenso", polo que dixo "falaremos con todas as forzas políticas" co obxectivo de "redactar un novo decreto, que non discrimine, que busque un bilingüismo cordial, froito do entendemento, e onde teña unha parte moi importante o inglés". Un decreto que cualificou "da convivencia".
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-10-2008 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A UNED prohibe presentar teses en galego
Tese en chinés, pero non en galego

Redacción A Nosa Terra
A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) non permite presentar teses en galego, en catalán nin en vasco. Non obstante, deixa que se presenten en ruso ou en chinés, entre outros idiomas.



Héitor Mera vén de ver como a UNED lle rexeitou a súa tese de doutoramento Vida e obra sobre Bernardino Graña por estar redactada en galego. No momento de presentar a súa tesiña sobre a obra e vida do poeta cangués no 2002, Mera tivo que loitar para poder redactala en galego. "Puxéronme centos de pegas porque dicían que a lingua da UNED é o castelán", apunta.

O director da tesiña de Mera, Manuel Rodríguez Alonso, puxérase daquela en contacto cos deputados do BNG, Francisco Rodríguez e Olaia Fernández Davila, para que levasen o caso ao Congreso dos Deputados. Foi entón cando a UNED lle abría as portase lle permitía presentar en galego a tesiña. A Mera mesmo lle recoñecían entón o Diploma de Estudos Oficiais (DEA), título oficial da Universidade a Distancia.

Os problemas regresaron cando Mera quixo presentar a tese de doutoramento. "Presentei o proxecto en galego e non me puxeron ningunha pega", asegura. Con todo, cando o traballo estaba xa encadernado e ía presentalo, non llo permitiron facer por estar escrito en galego. "Dicían que os catedráticos non ían entender a tese e pedíronme que a traducise", apunta. Mera serviuse dun tradutor automático e entregou a tese coa súa tradución. "Foi entón cando me dixeron que a tradución debía ir encadernada en rústico, como a tese e advertíronme de que na UNED só se poden presentar os traballos en castelán ou en calquera idioma estranxeiro oficial", engade.

O mes pasado, os deputados do BNG Carlos Aymerich e Bieito Lobeira presentaron unha pregunta ao respecto no Parlamento que se atopa en trámites de ser contestada. Héitor Mera non se resigna e segue coa súa particular loita para abrirlle paso na UNED ás linguas cooficiais que existen no Estado español. "É máis que nada unha cuestión de dignidade", afirma. "Que se trata dunha evolución ou dunha involución?", pregúntase. E é que na Universidade a Distancia pódese presentar unha tese en alemán, pero non en galego, éuscaro ou catalán.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2008 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONVOCATORIA DE REUNIÓN
DÍA: MÉRCORES, 15 DE OUTUBRO DE 2008
HORA: 19,00 HH.
LUGAR: IES CONCEPCIÓN ARENAL


ORDE DO DÍA

1- Aprobación, se proceder, da acta da sesión anterior.
2- Elección de cargos para a xunta directiva.
3- Planificación das actividades a realizar durante o presente curso académico 2008-2009.
4- Rolda de intervencións.

Ferrol a 7 de outubro de 2008

A Secretaria (en funcións)

Isabel Fachal Freire
Comentarios (0) - Categoría: Convocatorias - Publicado o 07-10-2008 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Dicionario Inglés-Galego: Información recibida de Mercedes Queixas
Remito unha noticia que me achegan desde a Universidade de Vigo para o voso coñecemento, pois xa podemos contar na rede e de balde cun diccionario actualizado inglés-galego. Co rogo da súa máxima difusión para achegar este recurso formativo e de consulta á comunidade educativa, recibe un saúdo dinamizador desde o galego para o inglés.

Mercedes Queixas Zas
Coordinadora territorial ENDL


O Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Unversidade de Vigo presenta a segunda edición do Dicionario CLUVI inglés-galego.

Pódese consultar de balde no enderezo http://sli.uvigo.es/dicionario.

Trátase dun dicionario de 20.000 entradas e 30.000 acepcións con cadanseu exemplo de uso real tirado dun corpus de máis de 8 millóns de palabras. É o primeiro dicionario inglés-galego de envergadura e vén cubrir un baleiro importante na lexicografía da nosa lingua.

O dicionario está elaborado a partir do corpus CLUVI (Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo, de acceso tamén libre en http://sli.uvigo.es/CLUVI), e en concreto sobre as súas seccións que conteñen textos paralelos inglés-galego: TECTRA (textos literarios), LOGALIZA (informática), VEIGA (subtitulación de películas) e UNESCO (texto íntegro do Correo da Unesco en inglés, francés, galego e castelán).

A editorial Reverso ten previsto publicar unha versión impresa antes de final de ano, pero a versión electrónica seguirá na rede e de balde.

Se empregades o Mozilla Firefox, en Mycroft Project podedes descargar o motor de busca para integrar o dicionario no navegador:

http://mycroft.mozdev.org/search-engines.html?name=sli.uvigo.es&skipcache=yes

abonda con premerdes nas ligazóns que teñen o N verde diante (significa enlace novo). Deste xeito podedes consultar o dicionario CLUVI directamente dende a caixa de busca de Firefox, sen necesidade de ir ás páxinas do SLI.

Se precisades máis información, podédesme escribir a min (alugris@uvigo.es) ou ó coordinador do proxecto, Xavier Gómez Guinovart (xgg@uvigo.es).

Alberto Álvarez Lugrís
Facultade de Filoloxía e Tradución
Universidade de Vigo
Campus Universitario Lagoas/Marcosende s/n
36310 Vigo
Pontevedra

Tel.: 986 812 329
Fax: 986 812 380
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-10-2008 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Información recibida de Mercedes que
Remito unha noticia que me achegan desde a Universidade de Vigo para o voso coñecemento, pois xa podemos contar na rede e de balde cun diccionario actualizado inglés-galego. Co rogo da súa máxima difusión para achegar este recurso formativo e de consulta á comunidade educativa, recibe un saúdo dinamizador desde o galego para o inglés.

Mercedes Queixas Zas
Coordinadora territorial ENDL


O Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Unversidade de Vigo presenta a segunda edición do Dicionario CLUVI inglés-galego.

Pódese consultar de balde no enderezo http://sli.uvigo.es/dicionario.

Trátase dun dicionario de 20.000 entradas e 30.000 acepcións con cadanseu exemplo de uso real tirado dun corpus de máis de 8 millóns de palabras. É o primeiro dicionario inglés-galego de envergadura e vén cubrir un baleiro importante na lexicografía da nosa lingua.

O dicionario está elaborado a partir do corpus CLUVI (Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo, de acceso tamén libre en http://sli.uvigo.es/CLUVI), e en concreto sobre as súas seccións que conteñen textos paralelos inglés-galego: TECTRA (textos literarios), LOGALIZA (informática), VEIGA (subtitulación de películas) e UNESCO (texto íntegro do Correo da Unesco en inglés, francés, galego e castelán).

A editorial Reverso ten previsto publicar unha versión impresa antes de final de ano, pero a versión electrónica seguirá na rede e de balde.


Se empregades o Mozilla Firefox, en Mycroft Project podedes descargar o motor de busca para integrar o dicionario no navegador:

http://mycroft.mozdev.org/search-engines.html?name=sli.uvigo.es&skipcache=yes

abonda con premerdes nas ligazóns que teñen o N verde diante (significa enlace novo). Deste xeito podedes consultar o dicionario CLUVI directamente dende a caixa de busca de Firefox, sen necesidade de ir ás páxinas do SLI.

Se precisades máis información, podédesme escribir a min (alugris@uvigo.es) ou ó coordinador do proxecto, Xavier Gómez Guinovart (xgg@uvigo.es).

Alberto Álvarez Lugrís
Facultade de Filoloxía e Tradución
Universidade de Vigo
Campus Universitario Lagoas/Marcosende s/n
36310 Vigo
Pontevedra

Tel.: 986 812 329
Fax: 986 812 380
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-10-2008 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Entrevista a Francisco Rodríguez
GALICIA HOXE

Francisco Rodríguez: "A falla de autoestima e o autoodio condicionan os sectores nacionalistas"
"Todas as institucións oficiais seguen ancoradas, maioritariamente, na normativa anterior e nas súas opcións fonetistas, españolizantes e illacionistas"

POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE



Francisco Rodríguez naceu o 22 de novembro de 1945 en Serantes (Ferrol). Doutor en Filoloxía Románica, é catedrático de Instituto de Lingua e Literatura Castelá no Instituto de Canido (Ferrol), recentemente prexubilado. É secretario xeral da UPG e membro da Executiva e do Consello Nacional do BNG. Como docente, foi profesor de Literatura desde 1967, en Ferrol, Albacete, Ourense, Cangas de Morrazo, Carballo e A Estrada. Multado en diversas ocasións por conferencias, foi detido e encarcerado tres meses polos sucesos do 10 de marzo de 1972. De 1993 a 1995 foi deputado no Parlamento Galego, e de 1996 a 2008, portavoz do BNG no Congreso. Como escritor, ensaísta, crítico literario e historiador da literatura, destacan A evolución ideolóxica de Manuel Curros Enríquez (1973), Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza (1976), Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988), Literatura Galega Contemporánea (problemas de método e interpretación) (1990), Eduardo Blanco- Amor (o desacougo da nación negada) (1993)...

Diante dos tímidos pasos do nacionalismo galego, a "reserva natural" do noso idioma foi desaparecendo engulida polo colonialismo lingüicida do español, pois non hai máis que ver o panorama no ensino primario e secundario con organizacións tan belixerantes e activas como Galicia Bilingüe ou AGLI. Que opinas disto?

Son varias as reflexións. Na Galiza houbo debate ideolóxico-científico a respecto do dereito á normalidade do noso idioma e do proceso correspondente xustamente entre o marxismo que asumía a causa nacional e o españolista, precisamente cando se produciu a aparición social da reivindicación lingüística e o uso consecuente no ensino e nas funcións sociais das que estaba excluído (asembleas estudantís ou obreiras, panfletos e documentos políticos, escrita ensaística e científica...), durante os últimos anos do franquismo. Curiosamente, pretendeuse entón desanimar aos que iniciabamos unha ruptura da diglosia social, en condicións de precariedade e de represión, desde unha aparente análise radical. Se era dramática a situación do galego en 1973, como teriamos que cualificala hoxe? Non hai que ser moi agudo para comprender que se non hai proceso normalizador un idioma non pervive: retrocede nos usos sociais e pode desaparecer. Pasaron 40 anos. O galego non desapareceu, iso que nen se cumpren hoxe as condicións que, entón, Alonso puña para garantir a pervivencia do idioma 25 anos máis tarde. Unha cousa é ser realistas e críticos e outra moi diferente é facer profecías derrotistas desde actitudes prácticas enleadas nun bilingüismo ideal e nunha ideoloxía antinacionalista. Non sei se o galeguismo folclórico do que falas é o de Piñeiro. Curiosamente, o dramatismo monterista acabou nunha converxencia de intereses co piñeirismo na democracia, por exemplo, na concepción e o control das institucións culturais oficiais (RAG, Instituto da Lingua,estudos de lingua e literatura galega na Universidade de Santiago..).

As estatísticas que chegan a nós, indican que o galego perde falantes e gaña lectores. Como se pode entender?

Non teño eu tan claro de que gañe lectores. Certamente ten máis persoas capaces de lelo. Sen dúbida perdeu falantes, isto é, o aspecto cuantitativo. Pero seguramente ten un núcleo máis forte de falantes conscientes, plenos, non diglósicos. Non hai, pois, contradición. É o esperábel cando non se producen procesos plenos de normalización social dun idioma proscrito. O que se dá co galego é fragmentario, inestábel, parcial...A evolución do galego está condicionada, ademais, pola contracción da sociedade labrega, polas mutacións da base económica precapitalista, pola urbanización, pola globalización-españolización, pola falta de clases dirixentes que o asuman como proprio e pola fraude da política lingüística institucional, durante máis de 25 anos.

Houbo unha normativa que se adxectivou "de concordia". É para ti acertada, ou hai que volver e tentar achegarmos a outros espazos?

A normativa de "concordia" é a vixente. Pero algúns entenden a concordia como unha concesión fastidiosa, que a nada obriga. A intención, o espírito e a concreción da alternativa de "concordia" estaba no bo camiño: o do achegamento prudente, sen desnaturalización, á outra ponla, o portugués, do idioma común. Porén todas as institucións oficiais, a comezar polo sistema educativo, seguen ancoradas maioritariamente, na normativa anterior e nas súas opcións fonetistas, españolizantes e aillacionistas...É sintomático de canto custa aquí facer algo para mover a realidade positivamente...Hai que se achegar, concretamente, ao espazo do portugués. Pero non cunha actitude puramente testemuñal ou filoloxista, senón de pasos precisos e efectivos, que necesitan tamén conivencia da parte portuguesa e clarificación de por parte da nosa sociedade. As institucións culturais da oficialidade na Galiza non están polo labor. O nacionalismo fixo un serio intento por dar un paso adiante, dialogando cos que teñen o carimbo oficial, RAG, Instituto da Lingua Galega... En fin, hai aínda moitos prexuízos e intereses mesquiños e atomizadores. É curioso, durante o franquismo, non había ninguén que discutise a unidade do galego e do portugués. Hoxe xa ves que panorama, por obra e graza de institucións científico-lingüísticas. Tamén colaboraron, entusiastas, algúns nomeados intelectuais galegos radicalísimos... Aplicar ben, e de forma xeralizada, a normativa de "concordia" sería un primeiro paso positivo.

Recordo que Álvaro Cunqueiro, nada sospeitoso de "rojo" (nobremente falando), dicía que o bilingüismo era imposíbel, que sempre habería un idioma que interfire no outro. Que cres?

Xa dixen que os idiomas son fenómenos sociais. Unha sociedade, de forma natural e espontánea, non produce nin necesita máis ca un idioma para desenvolver a súa vida cotiá. Se é normal, é o seu proprio, orixinario. Pretender que unha sociedade use dous idiomas, cun equilibrio perfeito, é imposíbel. Sempre un tenderá a desprazar a funcións secundarias ou non formais ao outro, polo que a deterioración do que non se considere xerarquicamente superior, está cantado. Outra cousa é o coñecemento e uso funcionalmente preciso, para contactos no exterior ou excepcionais situacións interiores, dun idioma que poida ter vantaxes na comunicación internacional ou simplemente no sistema de múltiples relacións internacionais posíbeis. Fálase moito do bo que é coñecer moitas linguas. Ninguén o discute, malia ser claro que non hai xente menos coñecedora de idiomas que os norteamericanos. Dito isto, debe quedar claro que se os galegofalantes gozasen na Galiza dos mesmos dereitos que os castelán falantes en todos os ámbitos, para todos os usos, todas as funcións e con todos os interlocutores, o paso que daríamos sería de xigante, canto vivir en galego no propio país. Por outra parte, sería bo recoñecer que, co actual nivel de intercomunicación, é imposíbel que un galego-falante descoñeza ou sexa incapaz de usar o castelán. Non se pode dicir o mesmo dun castelán-falante respecto do galego. A política lingüística, que se venda como defensora do bilingüismo, debe telo moi en conta.

O bipartito que hoxe ten presenza no pazo do Hórreo, é o mellor para unha nación negada polo imperialismo hexemónico español que se autoproclama de esquerdas?

É o posíbel, a non ser que se prefira que goberne quen nos gobernou durante moitos anos, con tan malos resultados para a nosa consciencia como pobo diferente, con capacidade, para a nosa base material produtiva e para a nosa lingua. Imaxino que o imperialismo hexemónico español, ao que te refires, no eido político, estará representado polo modelo do bipartidismo estatal. Facer política é tamén comprometerse e luxarse as mans para avanzar algo, embora sexa paseniñamente. Ás veces as escollas son limitadas, pero non se pode renunciar ao esforzo de tirarlles o proveito posíbel nun contexto determinado. Unha resposta ideoloxista, moralista, a unha situación complexa ou a unha posibilidade limitada, pode deixarnos moi tranquilos como individuos, pero é ineficaz, inútil e contraproducente no aspecto colectivo. As nacións negadas hai que facelas visíbeis e operativas no día a día, na definición política práctica. Estarás comigo en que o apenas iniciado debate no Parlamento autonómico, acompañado dunha certa campaña social, grazas ao BNG, a prol dun estatuto de nación para Galiza fixo máis por esta idea que os purismos que a nada obrigan.

No nacionalismo digamos "oficial do BNG", non observas unha deriva cara á socialdemocracia que se aproxima e coincide coas posturas e actitudes dos socialistas españois, e tamén desoutra sucursal do nacionalismo español que representa o PP na Nación galega?

O nacionalismo do BNG é o que arde, o existente de forma clara e contundente. Todos os debates, alternativas e solucións que teñen algo de incidencia no país, referidos a Galiza, á súa sociedade, á súa economía, á súa cultura, á súa lingua e ao noso futuro como pobo, teñen marbete do BNG. Xa me gostaría a min que houbese máis nacionalismo operativo, non testemuñal. Dígoo desde a consciencia dos nosos defectos, das nosas limitacións. Nós temos que convivir nun goberno co PSOE. Porén a nosa política é nidia, dentro dos límites competenciais da autonomía, e orientada dunha forma que non é a dos nosos socios, con deseños pensados para Galiza, na Consellaría de Mundo Rural, na de Industria, na de Vivenda, no Benestar Social... Polo demais, non contrasta a nosa postura respecto do sistema de financiamento autonómico, respecto dos planos de acuicultura, da normalización da nosa lingua, do deseño das infraestruturas ferroviarias, do voto emigrante, do sector naval galego, do pequeno e mediano comercio, da política internacional, só por citarmos algúns exemplos...Outra cousa distinta é convivir. Sería bo que todos recoñecésemos o esforzo que, desde unha posición eleitoralmente minoritaria, se fai para que Galiza exista.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 06-10-2008 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xa é oficial: Firefox está en galego
SOFTWARE

A versión do navegador libre na nosa lingua atópase en fase beta, mais xa está dispoñíbel na web de Mozilla.

Redacción Vieiros - 13:00 01/10/2008



Anunciárase para arredor do Día da Patria, pero houbo que agardar a que pasase o verán para que a versión do Firefox en galego fose oficial. Na web de Mozilla xa se pode descargar o navegador na nosa lingua, grazas ao traballo dun amplo grupo de persoas voluntarias.

Até o momento, podíase 'galeguizar' o Firefox instalándolle un engadido. Agora xa é posíbel descargar directamente o instalador na nosa lingua. O galego forma parte das novas traducións, polo que se atopa na sección de 'betas', xunto a outros idiomas como o islandés, o hindí, o bengalí ou o tailandés.

Segundo se informara no seu día, a fase beta pode durar arredor dun mes. Despois dese tempo, o Firefox en galego estará xunto ás máis de corenta traducións en diferentes linguas do mundo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2008 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
teatro con g 2008
Novas fotos do CEIP de Esteiro no noso álbum.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 30-09-2008 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Sergas promete darlle pulo á normalización do galego
Bieito Lobeira lembrou que a maior parte dos enfermos diríxense aos facultativos en galego e non reciben a atención nese idioma.

Redacción Vieiros - 18:30 25/09/2008



A situación da nosa lingua no eido sanitario foi un dos temas que centrou a Comisión de Sanidade. O deputado nacionalista, Bieito Lobeira, reivindicou medidas prácticas que garantan a relación de proximidade entre pacientes e doutores, para o que considerou necesaria a utilización do galego por parte dos facultativos. Así, recordou que a maior parte dos enfermos son maiores de 65 anos e, nesta franxa de idade, o 91% fala sempre ou case sempre en galego. Lobeira recoñeceu avances no cumprimento do Plan de Normalización, mais exixiu unha política que permita ir máis alá e ofrecer unha calidade digna dos servizos sanitarios.

Pola súa banda, a secretaria xeral da Consellaría de Sanidade, Pilar Fernández Romero, asegurou que existe un compromiso para normalizar o uso do galego no sistema público. Neste sentido, mencionou avances na edición de documentos ou nas aplicacións informáticas, como a adquisición por parte da Xunta de programas como o IANUS en galego ou a sinatura dun convenio coa universidade para elaborar un vocabulario específico de medicina en galego.

Mentres, o BNG reiterou que fará un seguimento para que se cumpra esta promesa e para que se avance neste eido. Ao tempo, Bieito Lobeira recriminou ao secretario xeral do Sergas por non se expresar en galego no Parlamento, recordando que é unha obriga do Plano de Normalización. Contra isto contestou novamente Rodríguez Escurdero, quen se comprometeu a trasladar a todos os cargos da administración sanitaria a súa reclamación de expresárense no noso idioma. Con todo, pediulle ao nacionalista comprensión, dado o seu esforzo para falar en galego, cando normalmente é castelán-falante.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2008 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra

ÁLBUMES FOTOGRÁFICOS
DA COORDENADORA




Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet



free web counter

O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal