EMBAIXADA DO MAR


Blog da CEMMA no que poderás coñecer os movementos e informacións sobre o arroaz GASPAR
Este blog da CEMMA funciona grazas á colaboración de todas as persoas que nos ides aportando datos (localizacións e fotografías) do arroaz Gaspar. Grazas pola vosa colaboración.

GASPAR é un amigo que preside a EMBAIXADA DO MAR, a través dela trata de achegarse aos seres humanos dende un pé de igualdade, amosándonos un espello no cal reflectirnos diante da natureza e do mar. Trátase dun arroaz macho de máis de 300 cm e 400 Kg.

PODO COPIAR, DISTRIBUIR E COMUNICAR O CONTIDO DESTE BLOG?
Este blog está baseado no principio de recoñecemento-compartir por igual. Os seus contidos e materiais poden ser difundidos se se amosa a súa referencia nos créditos e coa condición de que a obra esté baixo os termos de licencia que o orixinal.
Calquera outro uso ou manipulación da información incurre en ilegalidade.
Este blog está rexistrado baixo a licenza de CREATIVE COMMONS-COMPARTIR POR IGUAL. Código de rexistro en Safe Creative:0810151108780. Licencia / dereitos de uso: Creative Commons Recoñecemento-Compartirigual 2.5


O meu perfil
localcemma@arrakis.es
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gazpar fai as maletas
Despois de tres meses estacionario na Ría de Vigo, o GASPAR deixou a ría para desprazarse á Ría de Arousa. Alí visitou o porto do Grove brevemente o sábado día 1 de novembro, e outros da zona sur da Ría nos seguintes días, pero rapidamente deixou a ría para continuar viaxe cara ao norte.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Últimas novas de Gaspar na Ría de Vigo
O venres día 24 de outubro chámanos un mariñeiro telefonicamente dende Bouzas as 11 da noite, poñéndonos ao teléfono co Gaspariño!!. Literalmente oímos a súa respiración xa que navegaba entre os pantaláns do porto deportivo, un ratiño antes de ir durmir.

O xoves día 30 de outubro Gaspar visitaba o porto de Cangas as 11 da mañá, mentres os compañeiros da CEMMA compartían uns momentos de traballo cos mariñeiros do Morrazo, o arroaz entraba na proa dun barco da volandeira pola boca do porto.

O venres día 31, despois de tres meses completos de estancia, o Gaspar deixa a Ría de Vigo e da un tremendo salto a outro porto
das Rías Baixas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2008 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GASPAR saúda as escolas de vela
Recibimos documentación sobre un novo avistamento de GASPAR. O pasado sábado 11 de outubro, durante a primera xornada da concentración de escolas de vela Galicia-Catalunya organizada polo Real Club Nautico de Vigo-Caixanova, os participantes tiveron a oportunidade de disfrutar da agradable compaña de GASPAR, que os deleitou con saltos e demais cabriolas durante uns 15 minutos.

Seguramente todos os participantes, pero sobre todo os cataláns, levaron un inolvidable recordo da Ría de Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2008 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Novos documentos sobre Gaspar
Seguen chegándonos novas gráficas sobre a presenza de Gaspar.

Recibimos unhas fotografías de Orlando Fiel no que se pode ver como seguindo a embarcación non perde detalle do que pasa na cuberta.

Tamén unha referencia de vídeo da estancia en Baiona. Nel podedes ver o divertimento que lle produce liar cabos e cadeas e como manifesta os cabreos que se colle.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2008 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O GASPAR gosta da Ría
Despois dos apuros do verán, onde todo o mundo quería ver, estar, controlar ao GASPAR, parece que a situación está máis tranquila. Con menos xente na costa, menos xente no mar, menos embarcacións deportivas, etc, o arroaz mantén un comportamento moito máis discreto.

Segue a frecuentar os portos da Ría e a chamar a atención dos paseantes polas instalacións portuarias, sen ir máis lonxe, o venres día 10 as 20 h causou a alarma de varias persoas no porto deportivo de Moaña que pensaron que se trataba dun animal atrapado nunha rede. En realidade o GASPAR estaba descansando entre unhas lanchas e ao ser descuberto empezou a protestar para que o deixaran tranquilo, o que interpretou a xente que o viu era que mantiña un comportamento agonístico por mor de estar atrapado.

E que hai que entendelo....so lle falta falar.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2008 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GASPAR a voltas no porto de Vigo
Novas informacións e GASPAR na Ría de Vigo. O luns 22 a última hora da tarde estaba facéndose o morto no espigón exterior do Club Naútico de Vigo. Nesta fermosa imaxe, captada por Juan Retolaza, apunta ao sol.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-09-2008 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GASPAR na Galega
O luns día 22 de setembro, as 14 h, o programa NATUREZA GALEGA emitiu un especial sorbe GASPAR, baixo o título Protexendo o golfiño Gaspar, visitante dos portos galegos. O programa foi moi coidado e falado cos guionistas para tratar de transmitir toda a realidade do arroaz, desmitificar, desmentir e tratar de dar unha visión o máis seria e sistematica sobre os GOLFIÑOS SOLITARIOS EMBAIXADORES.

Agradecer, novamente porque xa llo dixemos a eles, a sensibilidade dos responsables do programa e o exquisito tratamento e respecto sobre o tema.

Agardo que sexa do voso gusto.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-09-2008 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GASPAR na Lagoa
O días 14 de setembro as 12:00 h no porto da Lagoa Carlos Pérez Sarti recibe a visita do GASPAR, envíanos unha foto para ilustrar o comentario. Moitas grazas pola información.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-09-2008 07:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Gaspar ao redor da Powerboat
www.motorcies.com
O anuncio da proba Gran Premio Turismo de Vigo da Powerboat P1 suscitou a atención da CEMMA dende o primeiro momento, polo que dende o mes de xuño levamos pendentes do evento.

O día 1 de setembro púxose en marcha un dispositivo de seguemento, por parte da CEMMA, de calquera arroaz que entrara na Ría de Vigo, incluíndo ao GASPAR, reforzando así a monitorización rutinaria que mantemos os 365 días do ano en toda a costa galega. Ao mesmo tempo mantivemos contacto directo cos resposnables da Consellería de Medio Ambiente e da Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo, orientado a prever un modelo de actuación durante a fin de semana do 12 ao 14 de setembro, en aplicación dos Protocolos de actuación sobre tartarugas e mamíferos mariños deseñados no ano 2007 pola CEMMA a requerimento da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.

A CEMMA asistiu á xuntanza de seguridade da Powerboat no Centro de Salvamento e Seguridade Marítima de Vigo, integrándose no dispositivo de seguridade entre os días 12 ao 14.

Dende o luns día 8, en Moaña, non se recibiron novas da presenza de cetáceos na Ría de Vigo, a seguinte información da presenza dos arroaces na ría responde ao día 17 na costa de Cangas, despois da fin de semana da Powerboat.

Dende o luns día 8 a CEMMA estableceu un control específico na dársena da Estación Marítima de Vigo para detectar ao arroaz GASPAR e analizar os seus movementos. Foi comprobada a súa presenza o día 7 en Vilaboa e o propio día 8 en Teis, o mércores día 10 foi observado durante uns minutos na dársena seguindo ao barco de Cangas e despois en Bouzas. O xoves día 11 foi observado polos responsables, e competidores, da Powerboat, e tamén de motorcies durante a mañá no Berbés, alí, nos propios boxes da Powerboat foron recollidas fotografías que nos cederon amablemente para ilustrar graficamente este post.

Durante o seguemento intensivo realizado entre os días 12 e 14 non se detectou a presenza do arroaz GASPAR en toda a Ría de Vigo, nin se recibiron avisos da súa presenza ata o luns día 15 a partir das 10 da noite en Bouzas, anque moi posiblemente non saíu da ría e toda a fin de semana, así o confirma o aviso de Carlos Pérez Sarti do domingo 14 na Lagoa.

O domingo día 14 foron detectados corenta golfiños comúns na ría polo grupo de Buceo Islas Cíes que deu a alerta á CEMMA, a partir dese momento mantívéronsse monitorizados por parte dos equipos de segumento da CEMMA e do equipo de seguridade da Powerboat. Os animais alimentábanse nas cercanías das Illas Cíes sen achegarse ao perímetro se seguridade da proba.

A CEMMA ten constatada a presenza regular de arroaces (Tursiops truncatus) na Ría de Vigo, anque ocasionalmente poden ser observados golfiños comúns (Delphinus delphis) ou toniñas (Phocoena phocoena) , sobre todo na boca, e, excepcionalmente poden ser observadas outras especies como os arroaces botos (Grampus griseus) ou algunha balea, caso da balea xibarte (Megaptera novaeangliae) ANDURIÑA que entrou na ría no ano 2003.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2008 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Control de Gaspar
Nin é posible, nin desexamos, manter unha vixilancia permanente as 24 h sobre GASPAR, xa que tería como consecuencia unha excesiva presión sobre o animal.

A pesar disto, a CEMMA puxo en marcha un equipo de voluntariado denominado Gardiáns do Arroaz GASPAR-GARGAS, co ánimo de manter un apoio necesario sobre GASPAR, un seguemento discreto dos seus movementos e informar da situación na que se atopa ao público.

Este equipo leva funcionando dende o primeiro momento no que foi localizado o golfiño, a principio de ano, e agora, pretendemos darlle un impulso. Deste xeito, para o desenvolvemento deste persoal voluntario serán realizadas xornadas formativas nos vindeiros meses e repartiranse os 10.000 exemplares do tríptico divulgativo que foi editado sobre o animal e o código de comportamento, para ser distribuídos ao longo de toda a costa. A nímate a difundilo. Ao igual que este blog, todo o material editado está rexistrado baixo a licenza de Creative Commons.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2008 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vigo, lugar de vacacións para GASPAR
Antonio Lago informanos da presenza de GASPAR o domingo 7, sobre as 17:30 h da tarde no porto deportivo de San Adrián de Cobres, en Vilaboa, e o luns 8 sobre as 11:30 da mañá a uns 200 metros dos diques de Metalships & docks en Teis, na Ría de Vigo. Indícanos que non puido facer fotos pero que para outra estará precabido.

Ata o de agora GASPAR batiu o record de permanencia nun mesmo lugar, dende que chegou as nosas costas. É que a Ría da para moito.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-09-2008 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Gaspar de volta na Ría de Vigo
O Gaspar frecuenta a Ría de Vigo dende principios do mes de agosto. Realiza percorridos entre os portos de Vigo, Cangas e Moaña, mesmo acompañando aos barcos de pasaxe.

O día 11 de agosto presentouse a uns mergulladores profesionais que traballaban no porto de Vigo dándolles un verdadeiro susto, o que xerou unha situación delicada que transcendeu aos medios de comunciación, afortunadamente esa situación está superada. A CEMMA xa lle deu as pautas de comportamento aos mergulladores e procurou tranquilizar os ánimos.

En cambio seguen a sair as informacións sobre o entrenamento militar de Gaspar, que son afirmacións sen fundamento e totalmente falsas, coa única finalidade de sair un día máis nos titulares.

O pasado martes día 19 Gaspar visitou aos mergulladores da Navalla en Cíes sen ter o máis mínimo altercado con eles, limitose a presentarse e a imitar os seus movementos. Os mergulladores están practicando con éxito a estratexia da indiferencia recomendada pola CEMMA.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2008 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Galegos con Dony/Randy
Varios mariñeiros que acompañaron as embarcacións tradicionais ao encontro de Brest dirixíronse á CEMMA para comentar que alí atoparon un arroaz exactamente igual que Gaspar, co mesmo comportamento, o mesmo costume de entrar nos portos, de achegarse á xente, etc. Polo que pensaron que era o mesmo arroaz que seguira algúns dos barcos ata alí. Só había unha diferenza, unha forte marca na aleta dorsal.

Esta é a característica anatómica do arroaz Dony/Randy.

Dony/Randy é un compañeiro de fatigas de Jean Floch/Gaspar, ambos navegaron xuntos na Bretaña, mais, este último decidiu virse para as nosas costas.

Unha vez aclarado, os mariñeiros quedaron máis tranquilos ao saber que Gaspar aínda andaba por aquí, algún deles xa tivo a oportunidade de volvelo ver na ría.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2008 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Gaspar no porto da Guarda
Despois de visitar Povoa de Varzim, Vilanova de Áncora e outros portos do norte de Portugal, Gaspar decidiu voltar a Galicia.

O arroaz Gaspar pasou o sábado 26 de xullo, e do domingo, polo porto da Guarda. Así o confirmaron membros de ANABAM, organización que pertence a CEMMA (Coordidora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) que vén facendo un seguimento continuo deste cetáceo desde que decidiu instalarse nas costas galegas, onde permanece desde decembro con visitas, tamén, á costa Cantábrica.

No porto da Guarda, segundo as observacións realizadas por ANABAM, soía permanecer nas proximidades das embarcacións fondeadas, dando voltas ao seu redor con breves inmersións. Ao cabo dalgúns minutos, que poden chegar ata quince, busca outra embarcación e repite o mesmo comportamento, preferindo a parte norte do barco ou planeadora fondeada.

Na mañá do domingo puido observase que ao entrar unha planeadora no porto, fixo a espera e, no momento que esta detiña o motor, deu tres golpes coa cola na auga, ao tempo que se achegaba á embarcación.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-07-2008 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Gaspar deixa Leixoes
O 6 de xullo o Gaspar visita o río Douro, o João Luis Teixeira fai unhas boas instantáneas da visita.

A Televisión portuguesa (RTP) emitiu un video no que sae esta web da CEMMA.

Na súa visita a Leixoes, o Paulo Rodrigues e a Marisa mantivéronnos puntualmente informados, deste xeito, Paulo informa da súa presenza en Leixoes o martes día 15 de xullo.

Indica que el está cada vez mais sociáble, comunica moito máis facenso sons de varias tonalidades e non da golpes tan violentos contra os barcos, salta fora da auga, etc.

Nos días posteriores non foi observado pola zona.

Aquí o vemos na popa da embarcación Kuka.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2008 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Gaspar segue arriscando coas hélices
Continúa o seguemento do arroaz Gaspar nas augas próximas á foz do Douro. Está a bater record de permanencia, xa que dende que, o anteriormente coñecido como Jean Floc'h, viaxou dende Francia non parou tanto tempo en ningún porto.

Segue acompañando aos veleiros de regatas que teñen a súa base no porto de Leixoes.

Paulo Rodrigues envía novas fotografías. Nunha delas obsérvase a parte dorsal onde se poden ver novas cicatrices, arrisca demasiado coas hélices!.

Saúdos a tod@s dende Galiza
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2008 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O gaspar brincalhao de Leixoes
Comunícanos a SPVS, o Paulo e tamén Ana Rocha que o Gaspar está ben en Leixoes. É um golfinho muito brincalhao, indícanos Ana.

Acompaña aos veleiros de Optimist e a outros barcos da mariña, e pola noite descansa no porto. Esta é unha foto do mércores 25.

Grazas a tod@s polas informacións, coideno.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-06-2008 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Gaspar na beira norte do Porto
Despois de facer unha visita a Aveiro, outra volta para o norte.

Os días 21 e 22 foi localizado no porto de Leixoes, Paulo Rodrigues (prodrigues@hotmail.com) envíanos unha completa crónica, relatando como o sábado estivo acompañando os barcos de vela e despois durmiu ao pé dun barco grande.

Tamén envía unhas fotografías recollidas por el mesmo, onde se pode ver a boca do Gaspar atrás da súa embarcación.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-06-2008 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Gaspar visita o norte de Portugal
Despois de deixar o río Mondego o arroaz, anteriormente coñecido en Francia como Jean Floc'h, continúa cara ao norte.

Os compañeiros da Sociedade Portuguesa para a Vida Salvagem manteñen un seguemento preciso dos movementos do Gaspar e van informando á xente das recomendacións básicas do protocolo de comportamento.

Marisa Ferreira envíanos material gráfico de Gaspar acompañando ao barco de pasaxe en Aveiro, onde permaneceu ata o día 20.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-06-2008 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Gaspar en Portugal
O mércores día 11 de xuño GASPAR foi rexistrado en Figueira da Foz, apareceu detrás dunha moto de auga, e o motorista sorprendido comunicou o feito ás autoridades e aos responsables da Sociedade Portuguesa para a Vida Salvagem (SPVS), alí fixéronlle un estreito seguemento confirmando, en comunicación directa ca CEMMA diante do animal, de que se trataba do arroaz solitario coñecido en Galicia como Gaspar.

A Sociedade Portuguesa para a Vida Salvagem é unha asociación que leva o seguemento e control dos varamentos no norte de Portugal, neste momento teñen en recuperación un exemplar de golfiño común. Esta asociación colabora estreitamente coa CEMMA.

Dende xaneiro de 2008 os equipos da CEMMA contactaron con todos os equipos costeiros de Portugal e norte Cantábrico para advertirlles da presenza do arroaz solitario en Galicia e da posibilidade do seu translado as súas áreas de traballo, deste xeito en febreiro Gaspar desprazouse a Asturias e o contacto co grupo CEPESMA que desenvolve as súas actividades na árera costeira asturiana serviu para poñer en antecedentes aos equipos e tamén para darlles as nocións sobre o protocolo de comportamento. Recentemente, en maio, os equipos da SPVS visitaron o centro de cooridinación da CEMMA, en Nigrán, para recibir información puntual sobre os movementos e comportamento de Gaspar e tamén sobre os protocolos a seguir. Este xeito de actuar, en colaboración dos grupos de Galiza, Norte Peninsular e Portugal, foi aplaudido polos expertos participantes na Conferencia Internacional sobre arroaces solitarios celebrada en Irlanda.

O venres 13 se xuño Gaspar desprazouse ata Torreira, en Aveiro, onde o sábado 14 achegouse ao porto pesqueiro, os seus movementos parecen indicar un desprazamento de novo cara ao norte.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2008 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal