|
|
|
|
| O MEU GATO |
|
O emu gato chámase Misierias. É de cor branca coma os copos da neve. Ten as barbas longas coma un tigre melenudo. Os oolos son azuis como o ceo e brillan de noite como as estrelas. As orellas son puntiagudas como as frechas. Os dentes están afiados como as uñas. O rabo é longo como os do esquíos e gordo como o dun tigre. O seU pelo e como o algodón. Está tan gordo coma una cachorro.
Ten unha irmá pequena chamada Lali que é máis guapa que a Miserias e come menos ca el. É un animal moi cariñoso e gústalle moito que xoguen con el coma un neno pequeno. Come de todo como se fose unha persoa. Sempre quere andar pola rúa coma se fose un can, rillando nos osos duros coma pedras. Vixía os ratos coma un detective e come neles coma unha fiera.
No inverno para non ter frío dorme xunto do cabalo acompañado da súa irmá Lali.
Para min, o meu gato é o máis bonito do mundo.
YOLANDA GARCÍA
4º E.P. |
|
|
|
|
| O PELIQUEIRO |
|
Vou contarvos como son os Peliqueiros. Os Peliqueiros teñen un traxe tradicional, que está formado por uns pantalóns curtos cheos de penderoques e debaixo unhas medias e uns zapatos negros. Levan unha pañueleta, uns broches, unha chaqueta con moitas lentexuelas brillantes coma o sol, unha careta que leva unha imaxe que case sempre é un animal, e levan una zamarra que e coa se poñen na praza da Picota onde se lucen e tocan os chocos.
JOSE PORTAGERO
4º E.P. |
|
|
|
|
| A MIÑA IRMÁ FANI |
|
Eu vou descibir a miña irmá. Miña irmá ten dezaseis anos, é unha rapaza moi guapa. Ela ten o pelo castaño claro, usa gafas de cor granate e ten os ollos castaños. É alta e moi boa moza, moi presumida e gústalle levar sempre roupa nova e moderna.
Está estudiando en Verín non Instituto García Barbón. Vai cursando o primeiro de bacharelato e vai tódolos días no autobús da mañá moi cedo, é moi estudiosa. Eu e a miña irmá levámonos moi ben.
ISMAEL GONZÁLEZ
4º E.P. |
|
|
|
|
| O NAMORADO |
|
Asómate a ventá
cara de lúa redonda
aceituna sevillana
espello de quen te ronda.
Debaixo da túa ventá
fixo a perdiz o niño
eu como son reclamo pido.
Meniño que estás na ventá
con medio corpo para dentro
que fas pecar homes
no sexto mandamento.
ÁLVARO DIÉGUEZ ARAUJO (Benigno, Marga, MATAMÁ)
2º Ciclo 2007/2008 |
|
|
|
|
| O NAMORADO |
|
Asómate a ventá
cara de lúa redonda
aceituna sevillana
espello de quen te ronda.
Debaixo da túa ventá
fixo a perdiz o niño
eu como son reclamo pido.
Meniño que estás na ventá
con medio corpo para dentro
que fas pecar homes
no sexto mandamento.
ÁLVARO DIÉGUEZ ARAUJO (Benigno, Marga, MATAMÁ)
2º Ciclo 2007/2008 |
|
|
|
|
| O MES DE MAIO |
|
Nas mañanciñas
do mes de maio
cantan alegres os paxariños
coas crías nos niños.
Os campos alegres
cheos de flores
de moitas cores
e con aromas deliciosas.
Os nenos alegres
corretean polos campos
collendo flores de cores
e facendo bonitos ramos
YOLANDA GARCÍA GARCÍA (Preciosa, RETORTA)
4º E.P.
|
|
|
|
|
| XENERALDO |
|
O mes de maio,
o mes de moitas cores.
O mes de maio,
mes de moitos amores.
Cando Xenealdo
ía dar auga a seu cabalo
as correntes da ría
a orela do mar
o se cabalo bebe
Xeneraldo volta a cantar.
Xeneraldo, Xeneraldo
se foses rico
como galán pulido,
cal fora dona
que casara contigo.
Jose Portagero González (Emilia, SOUTELIÑO)
4º E.P. 2007-2008 |
|
|
|
|
| O MAR E A AREA |
|
O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten muller.
Está casado coa area,
bate nela cando quere.
O mar enrola na area
ninguén sabe o que el di.
Bate na area e desmaia
porque se sinte feliz.
Mar ti es un león,
que a todos nos quere comer.
Nin os homes poden
as túas ondas vencer.
Ismael González Ferreira (Teresa,LAZA)
4º E.P. 2007/2008 |
|
|
|
|