Abrimos a nosa porta,agarimosamente,para convidarvos a entrardes na nosa casa, que é a vosa, e tamén aproveitaremos para saírmos e chegar a calquera recuncho do mundo que queremos que sexa tamén a nosa.
Vémonos.
...e algunha máis están en Galicia Encantada, un auténtico luxazo e o mellor inventario do noso patrimonio oral tan noso e tan universal, agarimosamente coidado da man do mestre Antonio Reigosa.
Ben importante é non esquecer a nosa tradición oral, agora que cada día falamos menos, que escoitamos xa máis polos cascos que de viva voz, por iso achegamos unhas lendas do noso Monte Castelo recolidas por Xaime Iglesias e ilustradas por Fernando Martínez Vilanova e publicadas na revista de Cedofeita.
É un extraordinario exemplo de respecto e querencia polo noso.
Estimados amigos: Temos o pracer de comunicarvos que con motivo do Día Internacional do Libro, a partires de xa podedes entrar en "digalego.com" (tamén por móbil) onde podedes consultar o Dicionario de galego que temos editado en papel en máis de 2.000 páxinas, incorporándolle as etimoloxías e as equivalencias en portugués, castelán e inglés.En breve disporá de sinónimos, antónimos e frases feitas.