Abrimos a nosa porta,agarimosamente,para convidarvos a entrardes na nosa casa, que é a vosa, e tamén aproveitaremos para saírmos e chegar a calquera recuncho do mundo que queremos que sexa tamén a nosa.
Vémonos.
Auga: Choriqueo das nubes que é o xarope da vida(Álvaro). Aire: Inimigo invisible para as mulleres que saen da perruquería(Tania). Clase: Galiñeiro de nenos dirixido pola mestra(Víctor) Bruxa : Gran consumidora de vasoiras que non gasta cartos en crema anti berrugas(Miguel). Carta: Mensaxe en clave para os analfabetosa(Edu). Bocadillo: Bendición para os famentos e maldición para os obesos (Bruno). Anos: Inimigo dos que non os queren cumprir (Julio). Ceo: O paraíso das estrelas feito de algodóns (Martín). Deserto: Unha praia sen mar (Antonio)
Dragón: Soplete xigante de cor verde (Damián). Bombeiro: Unha formiga que loita cun xigante vermello (Dani). Avión: Galiña teledirixida que transporta aos seus fillos polo aire (Marcos). Crocodilo: Unha grampadora con patas que desgrampa os ósos (Pablo). Bocexo: Cova das moscas (Sara).
Na fotoblogoteca A NOSA GRANXA imos poñendo algunha foto dos animais que temos nas casas e tamén algunha das casas destes animaliños que tanto queremos.
Desde la actividad de manualidades, que se da a traves del A.N.P.A., queriamos compartir nuestra experiencia, en la participacion del obradoiro de animacion con plastilina. Para los niños que concurrieron: Mateo de 4 años, Maria y Juan de 5 años, Noelia y Fiona de 7 años, ha sido muy novedoso el poder descubrir, con un material tan habitual para ellos como es la plastilina, la realizacion de una pelicula. Agradecemos al profesor que impartio dicha clase, su dedicacion, su paciencia y sobre todo su buen sentido del humor, ya que la misma se excedio mucho mas del horario preestablecido. Con estas fotos dejamos un pequeño registro, de nuestro paso por la IX Edicion del Salon del Libro Infantil y Juvenil de Pontevedra. Un saludo para todos loa integrantes de A Porta Aberta y sus lectores.
De día e a pleno sol, disfrutamos das historias que Xavier P. DoCampo nos vai contando no seu libro, libro que nos fai tremer, e que nos leva aos tempos de antes...aqueles en que as xentes falaban e contaban historias terroríficas...
Pasamos o venres día 1 polos obradoiros do Salón do Libro que foron ben interesantes.
O luns anterior catro piratas de sexto escaparon do libro de Gloría Sánchez "Dez piratas" e contaron das súas tráxicas mortes que case escachan de riso ao público asistente como podedes ver nas fotos da páxina web.
Tamén poidemos ver exposto o noso traballo feito en colaboración con varios grupos que quedou moi ben, unha peixeira chea de vida e letras.
Animados polo Salón do Libro de Pontevedra, fumos lendo este libro escrito por Paula Casal -afillada de Álvaro Cunqueiro-, que segue a tradición familiar de escribir un conto a todos os que ían nacendo na familia. Está tamén ilustrado a lapiz e plumilla pola autora.
É un libro cheo de cousas: conversas verdadeiras con Martina e Andrés, moitos comentarios documentados sobre as baleas e outros habitantes do mar, e tamén dos indios fueguinos procedentes dos diarios de Charles Darwin.
Pontevedra Norte, coma se dunha constelación se tratara, vai ser o espazo de comunicación pola rede, dos catro colexios públicos do norte do concello de Pontevedra: CEIP Parada-Campañó, CEIP San Benito de Lérez, CEIP de Xeve e EEI de Verducido.
Na primeira xuntanza decidimos que, blogs mediante, comezariamos propoñendo algo mensualmente cada colexio aos demais para que se puidera comentar, debater, opinar, completar, adiviñar, etc. Desde a aula de informática, desde as clases, desde a casa. Os alumnos/as, os pais e nais e os profesores/as.