Abrimos a nosa porta,agarimosamente,para convidarvos a entrardes na nosa casa, que é a vosa, e tamén aproveitaremos para saírmos e chegar a calquera recuncho do mundo que queremos que sexa tamén a nosa.
Vémonos.
Moitas veces os rapaces aprenden mellor a través das fotos, videos,cancións... Isto é especialmente importante no aprendizaxe dun idioma.
Os nenos e nenas do noso cole están aprendendo moito Inglés, por iso este vídeo lles vai a encantar:
O traballo de Elvira Riveiro Tobío segue dando os seus froitos, neste caso a partir dun marabilloso poema de Pepe Cáccamo, traballado por Elvira co alumnado de 6º no recente Taller de Creación Literaria.
Eís algúns dos magníficos traballos feitos no Taller de Creación Literaria que levou a cabo a escritora Elvira Riveiro Tobío no noso centro co alumnado do 3º ciclo de E. Primaria durante os meses de marzo e abril, talleres que se levaron a cabo coa colaboración da AELG
Parece incrible ata onde podemos viaxar con este billete e ademais case todos os adiantos que están chegando á nosa vida veñen por aquí, inda que non o saibamos.
...e algunha máis están en Galicia Encantada, un auténtico luxazo e o mellor inventario do noso patrimonio oral tan noso e tan universal, agarimosamente coidado da man do mestre Antonio Reigosa.
Ben importante é non esquecer a nosa tradición oral, agora que cada día falamos menos, que escoitamos xa máis polos cascos que de viva voz, por iso achegamos unhas lendas do noso Monte Castelo recolidas por Xaime Iglesias e ilustradas por Fernando Martínez Vilanova e publicadas na revista de Cedofeita.
É un extraordinario exemplo de respecto e querencia polo noso.