ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VII Festival Retrouso




VII Festival Retrouso


Aí vai. Xa podo soltalo. As rifas empezan a rular, as camisetas han chegar esta fin de semana... Pero o cartel está pechado. Esta é a versión online. Velaí vai o resumo:

O sábado 12 de xullo celebrarase no eirado de Cela, en Bueu o VII Festival Retrouso. Haberá actividades todo o día:

11.30 h: Obradoiro de instrumentos de cana: ou de cómo crear un instrumento que sone nunha hora.
12 h: Concurso de Tortillas: demostra que realmente a túa é a mellor tortilla do mundo.
14 h: Haberá mesas, carpa e boa música para comer no eirado.
16 h: Torneo de cartas: atréveste coa Manilla ou prefires tentalo na Escoba?
18 h: Concerto das Escolas Retrouso: acordeonistas, ghaiteiros, percusionistas, pandeireteiras, bailadores... demostrarán o que traballaron durante o curso.

20.30 h: Empezan os grupos de baile: Abrente do Foxo, na Estrada; Xarandeira de Pontecesures e o grupo anfitrión Retrouso, de Bueu.

Porá o apuntamento musical o quinteto O Tamboril Furado, un grupo folk de Soutomaior con máis de dez anos de experiencia; un movemento musical que combina pezas tradicionais e da súa autoría nun ambiente ben festeiro, como a ocasión o merece.

Todas as actividades serán de balde. Pásate.

Postea e difunde!!

PostPost: Posteado e difundido, XDD. Tócache, ;).
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-06-2008 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free hit counter

hit counter