|
|
|
|
| Prenden lume no Monte Carrasco |
|
Caghoendios!! xa podia queimar a sua propia casa quen fixo iso! Según contan en www.bombeiros.eu ata 5 focos había!
Iso sí, un hurra polos bombeiros, incluidos os hidroavións e helicopteros, q non pararon ata q estivo controlado o incendio.
Aqui unha tontería con fotos q fixen dende Masso
Saudos! |
|
|
|
|
| Pazo de Lourizán |
|
 Outra ruta q fixemos ahi atrás foi ata o Pazo de Lourizán. É un destes sitios fermosos q temos no Morrazo pero q están case totalmente olvidados...
Atópase xusto detrás da Celulosa, pero iso non lle quita encanto ningún, a non ser, claro, q cambie o vento e apeste todo o lugar...
Un bo sitio pra pasar a tarde, coller unhas cantas castañas, pasear, etc.
O dito, pra quen queira facer pequenas escapadas ahi ten outra boa opción.
Saudos!
PD: q cafres! a quen se lle ocorre levar a alguén no maletero de Cangas a Marin??? xDD |
|
|
|
|
| Finca do Conde de Aldán |
|
Seguindo coas mini-rutas destes días atrás, desta vez decidimos ir ata a finca do Conde de Aldán. A min ese lugar me encanta, e máis nesta época pois está cheo de castiñeiros.
O malo foi q claro, a xente non é parva, e inda q había moitos ourizos polo chan, as castañas escaseaban. Como nos comentou un home indignado q pasaba por alí: "e q a xente ven a coller nelas de mañá, antes de comer, despois de comer, á tarde...".
De todos xeitos, é moi agradable pasear por alí. Destacan o amago de pazo e o acueducto q hai no medio.
Pero non acaba ahi a cousa, ó acabar a finca do conde hai unha ruta de arredor de 14 muiños.
Fun hai anos por alí e daba gusto velos, pero penso q dende aquela q os restauraron non os volveron tocar, e agora hai muitas mesas, varandas, e partes de muiños q están destrozadas...
Despois desta mini-ruta nos achegamos ata o Mirador da Fraga (Moaña), dende alí se poden apreciar unhas moi boas vistas da ría de Vigo.
Tamén había castiñeiros e desta vez algunha castaña pudemos apañar :)
PS: non llo dighades a ninguén pero ese mono q se subiu ó castiñeiro era eu jeje |
|
|
|
|
| Excursión de Retrouso |
|
Como xa se avisaba hai uns días no blog de retrouso, este sábado fomos de excursión por Lalín e Silleda.
Cumplimos todos os plans q tiñamos Visitamos o parque eólico no alto de Candán; o museo etnográfico; o parque con instrumentos en pedra; comemos na área recreativa da Carixa, con praia e piscinas fluviais; fomos ata a fervenza do río Toxa; e dos plans q tiñamos previsto só nos faltou a visita ao mosteiro de Carboeiro.
En definitiva, moi acertados os horarios e de lugares en xeral :)
O q máis me chocou foi o pouco q cuidaron a presentación do museo etnográfico, 3 casas de nova construcción nada acordas coa ensinanza tradicional q nos querían mostrar no seu interior. A ver para cando un museo etnográfico en Rebordondo!! -por falta de material non é! ;)-
E claro, o mellor de todo os chapuzóns nas piscinas fluviais e o relax daquela area recreativa. Teño ghanas de ver o video de Benito, sobretodo a expedición q fixemos Ru, Ire máis eu polo río (expedición+caidas jeje).
No video tendes o premio q os retrousiños lle deron a Rubén por tanta dedicación jijiji
Por certo q saimos no Faro! :) |
|
|
|
|
| En Cela, no centro do Morrazo |
|
Menudo reforzamento este ano nos cursos da Asociación Cultural Retrouso. A partir de outubro, novos profesores de prestixio recoñecido toman as rendas das aulas de perfeccionamento do colectivo:
Todas as actividades musicais se realizarán no salón de actos do Centro Sociocultural de Cela, en Bueu. A medio camiño entre Bueu e Marín e a un cuarto de hora de Cangas e Moaña (por Paradela): no centro do Morrazo!
As interesadas e os interesados podedes apuntarvos no teléfono 686 440 108 (Rubén), escribir ao correo electrónico retrousocela@hotmail.com, ou... pasarvos polas clases!
+ info no seu blog: www.blogoteca.com/retrouso |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"
|
|

|
| Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|