Castiñeiras


Catro xeitos de reutilizar as bobinas dos CDs/DVDs


Curioso xeito de reutilizar as bobinas, mólame o primeiro jeje

vía chuza

Pronto seguirei coa viaxe de Italia, este finde a Festa da Istoria ;)
Parrafeo (1) - Categoría: Utilidades - Publicado o 28-08-2008 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Irmandiños: A Revolta 2008
Repetimos!!

A partir deste luns 18 de agosto comezan as inscripcións pra o que xa é record guiness do mundo: o xogo de rol en vivo con máis participantes!


Máis de 500 participantes nos Irmandiños: A Revolta.

En fin, algo totalmente recomendado, trasladarte durante unha fin de semana e vivir un anequiño de historia.

A incribirse!!
Parrafeo (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-08-2008 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Italia (2ª parte)
A mañá seguinte todos tiñamos ganas doutro baño. Seguimos pola beira do lago Como ata chegar a Menaggio. Ahí foi onde nos despedimos do lago pra poñer rumbo a Suiza.

Antes de cruzar a fronteira paramos no lago Piano. É un laguiño pequeno precioso. Collemos o coche e o baixamos ata o mesmo lago onde había unha zona de baño (praia de pedras e un pequeno muelle de madeira) na que había un sinal ben visible que dicia "prohibido aparcar".

Fixemos caso omiso e deixamos alí o coche. Todos os bañistas e "guiris" dun camping q había alí quedáronse mirando con cara chunga pero pasamos deles. Total, pra darse un chapuzón...

Alí estivemos un ratiño, o lago era xenial e moi verde. O segundo da miña lista nesta viaxe :)

E así chegamos a Lugano. Dimos un paseo pola beira do lago do mesmo nome. Algunhas fotiños, subimos ata a catedral e mercamos chocolate! jiji

Despois nos decidimos subir ó monte Bré nun funicular: gran erro!! Foi unha timada, cobráronnos 14€ por subir ó monte. E nin no cumio nin no funicular había boas vistas! Había algunhas casas privadas e claro, acabamos colándonos nas terrazas privadas (foto con Laura) dende os que ter boas vistas :)

Despois de Lugano puxemos rumbo a Bellinzona. Cidade capital do cantón do sur de Suiza coa que quedamos abraiados, visita totalmente recomendada! Aparcamos o coche preto do castelo que hai no centro da cidade, dende ese castelo podíanse ver dous máis a distintos niveis, xenial! (foto)

Visitamos os outros dous castelos facendo "cheddaring" (nome que lle damos ás visitas express dende que visitamos Cheddar), e rápidamente tirando pro lago Maggiore a buscar onde acampar.

Metémonos dirección o Val de Verzasca, seguimos camiño parriba pasando por un pobiño ata o final da estrada. Alí había unha ruta de senderismo, aparcamos, collemos as moxilas e a buscar! Acabamos nunha finca privada dunha casa q semellaba deshabitada (ó lado deste embalse).

Igual q a noite anterior sen problemas. Iso sí, polas noites estabamos rebentados: ó pouco tempo de cear xa estabamos planchando a orella. E á mañá seguinte... rápidamente en pé por se viñan os donos da casa! :P

Continuará...
Viaxe a Italia (1ª parte)
Viaxe a Italia (3ª parte)
Parrafeo (3) - Categoría: De ruta - Publicado o 09-08-2008 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Italia (1ª parte)
Comezo co resumo da viaxe:
Madrugamos e deixamos o coche no aeroporto de Porto (aparcamento P4 q era o máis barato, 30€ os 5días).

A iso das dúas xa estabamos en Bérgamo metidos nun Fiat Punto Grande (alquilado á compañía National, 4 días por 180€). Fixemos "tetris" pra que as maletas cuperan no maletero e comezamos a ruta en dirección ó Lago di Como.

A verdade é q teñen mala fama de conductores os italianos, pero non vimos ningunha cafrada exagerada... :P

Ao chegar ó lago di Como xa non pudemos resistir a tentación e nos demos o primeiro baño no lago (máis tarde nos demos conta que non era o Lago di Como senon un que había antes, o enlace lévamos ó mapa :P). A verdade é q era un sitio moi cutre, pero weno, pra darse un chapuzón e refrescarse cheghaba ;)

Despois dese baño comemos e paseamos pola cidade de Lecco. Moi chula, nesa parte da viaxe xa comezabamos a abraiarnos coas montañas e as vistas dos lagos.

Continuamos todo pola beira oeste do lago di Como, facendo pequenas paradas pra sacar fotos e ver a paixase. Tamén paramos e paseamos en Varenna, onde nos demos o segundo baño ;) (foto)


Despois deste primeiro día de viaxe o redor do lago só nos faltaba topar onde durmir (pos q non o sabíades, levabamos a tenda e iamos durmir de monte).

Ás 9.30 se facía de noite, polo que unha hora antes comezamos a buscar. O malo do lago di Como é que está entre montañas bastante inclinadas, co que case non hai posibilidade de "tirar po monte".

Metémonos nunha desas poucas estradas que subía pro monte e despois de dar mil voltas, subir medio monte chegamos ata onde remataba a estrada. Saimos do coche e investigamos o lugar. Non era un sitio moi bo (algo inclinado), pero visto que estaba a piques de escurecer decidimos acampar. Por certo, estabamos na vila de Musso jeje.

Na foto podedes ver o ben camuflada que estaba a tenda :) E na seguinte foto as vistas á mañá seguinte cerca de onde estabamos acampados.


O final a noite xenial, non tivemos case queixa, ainda que algunha que outra tiña medo e escoitaba pasos. Unha cousa que si foi certa é que Laura escoitou como un xabarín pequecho se acercou á tenda :P

Visto o visto, este "resumo" non cabe nun só artigo, xa seguirei escribindo :)
Viaxe a Italia (2ª parte)
Viaxe a Italia (3ª parte)
Parrafeo (4) - Categoría: De ruta - Publicado o 03-08-2008 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal