Castiñeiras


Fogos artificiais en Cangas
O domingo pasado e como é tradicional houbo un espectáculo pirotécnico en Cangas. Como sabiamos q ia ser sobre ás 11 da noite decidimos ir un pouquiño antes ata a "pedra do elefante" enriba da Choupana, de onde hai moi boas vistas de todo Cangas.



Conseguin sacar algunha fotiño chula dos fogos ainda q foron muitas as q tiven q borrar :P


A min a verdade é q este ano os fogos non me gustaron moito. A traca final estivo moi ben pero o resto do tempo foi algo aburridillo.


Fixéronme gracia uns fogos q saian do mesmo sitio en plan ametralladora disparando dun lado a outro do ceo.

Alguén viu os fogos? q tal vos pareceron?

Saudos!

PD: a última foto non son fogos, senon q fun eu xogando cunha función da cámara q mantiña o obturador aberto muito tempo. Ó movela cámara no intre q sacaba a foto quedaron así as luces de Vigo.
Parrafeo (3) - Categoría: Festas - Publicado o 29-08-2007 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
O Gran Carballo
O acabar os exames de Gales cinco amigos decidimos alquilar coche e irnos entre o 6 e o 10 de xuño de recorrido polo Distrito dos Lagos, Yorkshire,... para acabar no aeroporto de Stansted e volver pra casa.

No medio desa viaxe nos acercamos ata o bosque de Sherwood, alí se atopa este enorme carballo (chamado "Major Oak") q vos queria ensinar neste artigo. Segundo contan as lendas, este carballo era o cuartel xeral onde se reunía o famoso Robin Hood.

Dende os anos setenta unha serie de andamios soportan as pesadas pólas da árbore. E ahí entro eu: collín unha foto que fixemos o día 9 de xuño e comecei a xogar con ela utilizando o programa Gimp.

Esta é a foto orixinal, pulsa sobre ela se queres vela en grande:

Image Hosted by ImageShack.us


E a continuación podedes ver o resultado final:

Image Hosted by ImageShack.us


Aquí un video q fixen con todo o proceso, a canción é de Siniestro Total, titulada "Himno Galego".



Saudos!
Parrafeo (3) - Categoría: England - Publicado o 25-08-2007 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Danza do Hio
O xoves 16 foi un día productivo, houbo máis cousiñas a maiores do q escribin onte de ir ver o espectáculo Isolma de GS21.

Era o día de San Roque, e tamén o día no q se celebraba a Danza do Hio (unha das tres danzas ancentrais q se organizan en Cangas xunto coas de Darbo e Aldán). Ata alí fomos pola tardiña, bailaban ás 7 da tarde inda q tamén ás 12 da mañá.

Inda nunca mirara esa Danza e tiña muitas ganas, despois de ir tantos anos ós carnavales de Nerga sempre cuadraba q algún gaiteiro tocaba a música da danza e toda a xente se puña a bailar imitando ás "damas" e "galáns".

A verda q me gustou muito máis a Danza de Darbo (8 de setembro), diredes q é pq a bailo ou son medio de ahi... pero non é por iso, senon q me parece bastante máis vistosa e coidada, igual axuda q a bailen as mulleres todas engalanadas e cos seus preciosos sombreiros de flores.

De todas formas gardan muitísimas semellanzas, ademais é curioso ver como na fila do medio van vestidos de San Roque (tamén chamados pelegríns). Tamén é bonito ver como o famoso Cruceiro de Hio presencia toda a Danza.

Agora quedame por ver a Danza de Aldan q seica é o 20 de xaneiro...

O q me fixo gracia e q non tiña nin idea é ó rematar a danza pola tardiña fan unha subasta de ghalos e ghaliñas! Aqui no video unha mostra, Marcelino subastando unha ghaliña:

Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-08-2007 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
GS21 presentando Isolma
Que máis se pode dicir deste conxunto que non dixeran por ahi.

Fun velos este xoves 16 a Pontevedra, e ao igual q o Ghaiteiro de Lapamán, era a segunda vez q os miraba en acción.

Pois como el ben di, un espectáculo q lle gusta a todo o mundo pero máis especialmente á xente q sabe un pouquiño de todo o q rodea o baile tradicional.

Ahi vos deixo un video q gravei ese dia, unha especie de rumba-salsa q despois pasa a polca (algo asi Meche? XD):



E outro q topei no Youtube:
Parrafeo (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2007 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
Moita festa!
Outro ano máis o festival de Vilariño non decepcionou. Nós chegamos un pouco tarde xa q antes tivemos q bailar en Cangas, nas "Noites de Folclore". Perdémonos a actuación do grupo Treixadura, pero chegamos a tempo de ver en acción a Freetanga, Guezos e A Compañía do Ruido.


En xeral os grupos gustaron moito, po meu gusto non eran de demasiada calidade pero si de muitísima festa!! Notábase q o pasaban en grande tocando e iso o público o nota uníndose á festa :)


A maiores entre tanto Likor Cafe e demais bebidos normal q a xente non parase de moverse jeje


Os concertos remataron sobre as 5.30 da madrugada, seghun me contaron q despois inda seghiron por ali tocando a ghaita ata altas horas da mañá, e non serían poucos os q chegaron a casa sendo de día... jeje


Saudos!!
Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 20-08-2007 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal