|
|
|
|
| Viaxe ós lagos xenial, excepto a volta... |
|
O percorrido que fixemos foi máis ou menos o que tiñamos previsto. A maiores visitamos a cidade de Bellinzona e Brescia (preciosas as dúas).
Despois de durmir no medio do monte 3 noites e outra no aeroporto estabamos completamente desfeitos.
A volta pillamos un avión de Bérgamo a Valencia, e a putada foi que non nos deu tempo a pillar o avión de Valencia a Oporto :(
Como tiñamos que traballar ó día seguinte, a solución foi alquilar un coche e atravesar a Península pasando por Oporto pra recoller o coche e deixar a Esther (que tiña que pillar outro voo ó dia seguinte).
Moito cansancio acumulado e unhas 14horas de coche extra. Xa porei fotos da viaxe ;)
PD: inda contando co alquiler deste último coche, a viaxe nos saiu por uns 300€ :) |
|
|
|
|
| De ruta polos lagos do norte de Italia |
|
E seghimos viaxando ;)
Hai pouco buscando en ryanair topamos un voo carísimo en comparación con outros (135€) pra voar a Italia. A idea era aproveitar a ponte do día da patria (25 de xullo) e poder facer unha mini-escapada.
Na imaxe o percorrido (Bérgamo, Milan, Lago Como, Lago Maggiore, Lugano...). En total son uns 600km que entre rodeos e desviacións poderán chegar ós 1000. Se clicades nela iredes ó google maps e podedes acercala máis.

Serán 5días e 4noites, alquilaremos un coche pra facer todo ese percorrido e acamparemos de monte coa tenda que levamos por Inglaterra ;)
Expedicionarios: Esther, Lucy, Mara, Laura máis eu (vou ter medo entre tanta muller! :P) |
|
|
|
|
| A Polo Ghit |
|
Para os que non o sepades, dende hai tres anos A Radio Galega coa colaboración de Vieiros crearon un concurso pra seleccionar a canción galega do verán.
Abaixo tendes o podcast resumo da última semana na que se fai un repaso ás 10 cancións máis votadas ata o momento.
A min as que máis me gustan polo momento son:
Banda Potemkin - Arroz
Chámalle Xis! - Canto aqui, canto onde me peta
Som do Galpom - Na cama
Jabón Blue - Himno das crochas
...
Que opinades? Todas as cancións en A Polo Ghit!!
A Polo Ghit
|
|
|
|
|
| Bótalle unhas muiñeiras |
|
 Si, unha coña simple pero graciosa ;)
Visto no Faro |
|
|
|
|
| Manifiesto por la defensa de la lengua española |
|
 Hai que foderse... |
|
|
|
|
|
|
|