Castiñeiras


Arrinca o Chanscontro
Chanscontro (VI Festival Retrouso) en Cela (Bueu) este sábado 21


Este sábado celebrarase o Chanscontro, festa pra xogar, pasalo ben e tamén bailar. A Busca do Tesouro q organizamos Ruben, Francho máis eu comezará a iso das 10 da mañá do sábado. Aquí vos deixo a noticia publicada pola Voz de Galicia sobre o Chanscontro:

"A Asociación Cultural Retrouso de Cela ultima os preparativos da segunda edición do Chanscontro, que se celebrará o próximo 21 de xullo, sábado. Trátase dunha xornada de convivencia, xogos e música que dará paso ao VI Festival Retrouso.

O colectivo indicou que debido á boa acollida do 2006 o Chanscontro mantén o seu esquema. A cita será no complexo recreativo de Chans, co permiso e a colaboración da Comunidade de Montes de Cela, que leva varios anos traballando para situar na zona mesas de pedra, asadores, espazos para xogos e un miradoiro sobre a ría de Pontevedra.

As actividades empezarán ás dez da mañá.«O obxectivo é que sexa un día para ou encontro dos veciños, sexan da parroquia ou de fóra dela. Un día para pasar en familia, onde poidan participar non xogos rapaces, pais e avós»."

PS: un consello, vinde con roupa cómoda e con moitas ghanas de pasalo como nenos pequenos!! :D
Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 19-07-2007 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe voume licenciar!!
Estes días de despois de Polonia foron bastante completos por iso non tiven tempo a renovar nada o blog. Xusto dspois de chegar fixemos unha simulación empresarial, consistia en poñer en marcha unha empresa ficticia por grupo, mentres os outros grupos facían de competidores. Estivemos na escola de luns a xoves, de 9 a 21h :S

Pero weno, iso non quitou q o mércores me acercase a botar uns bailes no Salasón a ritmo de Fiandola :)

A partir de ahi entre churrascadas, furanchos, reunión de retrouso, praias, de marcha por Vigo... inda non tiven un día libre.



E chega hoxe mércores e... HOXE VOUME LICENCIAR!!! Será a partir das 6 en Vigo, xa porei algunha foto con toga e birrete jijiji.




Kirstin e Rich están en Vigo dende o día 7, están en Galiza ata o 17 e creo q os últimos días virán pasalos á miña casiña. Tiña ghanas de levalos a algún furancho con música (indirecta pros festeiros de cela jeje) ainda q según me dixo Ire en Cela agora están prohibidos :(

En resumen, estes días sen parar e non creo q pare ata pasado o 21 q é o día q celebramos o festival Chanscontro! :)

Xa vos informarei

Saude!

PD:a primeira foto é bañandome na piscina dun dos do meu grupo da simulación empresarial, fixemos todos alí unha churrascada o xoves; a 2ª e 3ª saindo por Vigo o sabado; e a 4ª bañandonos en Lapamán o domingo ás 5 da madrugada :)
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2007 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Retornado de Polonia
Onte cheguei a casa despois de 15 días por Polonia, estivo completa a viaxe pero en xeral todos acabamos desfeitos entre o cursillo, sair de marcha e case non durmir.

No cursillo aprendemos q, en resumen, Polonia está como España hai 10 ou 15 anos. Iso sí, a maior parte de Polonia está reconstruida, pois a 2ªguerra mundial non deixou muito en pé.

Tamén alquilamos un coche 5 días pra recorrernos o máis importante de Polonia! Pasamos por cidades como Wroclaw, Cracovia, Gdansk, Torun... e rozamos coas fronteiras de Rusia e de Eslovaquia!

Con algo máis de tempo poñerei algunha foto máis. Pero en resumen Polonia é unha visita recomendable, e máis ainda se non se quere gastar moita pasta pois todo é baratísimo.

No hotel-restaurante da foto (cos montes Carpatos de fondo) comemos con bebida e postre incluidos por só 6€! :D

A outra foto é do concello de Wroclaw.

Saudos!

PD: agora comezan as festas do verán!! o 21 de xullo Chanscontro!
Parrafeo (3) - Categoría: De ruta - Publicado o 01-07-2007 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal