|
|
|
|
| VII Festival Retrouso |
|

O sábado 12 de xullo celebrarase no eirado de Cela, en Bueu o VII Festival Retrouso. Haberá actividades todo o día:
11.30 h: Obradoiro de instrumentos de cana: ou de cómo crear un instrumento que sone nunha hora.
12 h: Concurso de Tortillas: demostra que realmente a túa é a mellor tortilla do mundo.
14 h: Haberá mesas, carpa e boa música para comer no eirado.
16 h: Torneo de cartas: atréveste coa Manilla ou prefires tentalo na Escoba?
18 h: Concerto das Escolas Retrouso: acordeonistas, ghaiteiros, percusionistas, pandeireteiras, bailadores... demostrarán o que traballaron durante o curso.
20.30 h: Empezan os grupos de baile: Abrente do Foxo, na Estrada; Xarandeira de Pontecesures e o grupo anfitrión Retrouso, de Cela.
Porá o apuntamento musical o quinteto O Tamboril Furado, un grupo folk de Soutomaior con máis de dez anos de experiencia; un movemento musical que combina pezas tradicionais e da súa autoría nun ambiente ben festeiro, como a ocasión o merece.
Todas as actividades serán de balde. Pásate.
Postea e difunde!! |
|
|
|
|
| Atentos ás respostas nestes videos! |
|
Acábanmos de pasar nun e-mail, sen desperdicio...
... e o Sobera partíndose!;) (non me estraña!) |
|
|
|
|
| Son de Simyo! |
|
O outro día déuseme por mercar unha tarxeta de simyo. Resulta que topei un código promocional :)
Con el e por só 1€ me deron unha tarxeta con 10€ en chamadas (onte me chegou e xa a utilicei jiji)
Pra mercala tarxeta podedes ir á web de simyo, despois poñer este código promocional cando cho pida: 6444ogionoyDT
Un saudo e que vos preste! ;)
PD: se vos fixades no código, lido ó revés di "yonoigo". Algo así como un xogo de palabras pra dicir "yo no oigo" ou "yo no soy de yoigo" jeje |
|
|
|
|
| O novo Firefox en Galego |
|
Pois dúas cousiñas con respecto ó artigo anterior, na web de mancomun.org nos explican como facer pra traducir o Firefox 3 ó galego.
E outra frikez máis, aquí vos deixo un contador no que se pode observar o nº de descargas deste navegador por paises:
Contador de descargas en vivo.
Saudos! |
|
|
|
|
| Día Mundial da Descarga (do Firefox) |
|
Hoxe preténdese conseguir un novo Récord Guiness.
A intención é ser o programa máis descargado en 24horas.
Para os que non o sepades, o Mozilla Firefox é un navegador como o IExplorer de Microsoft. Sen embargo, este explorador é de balde, máis rápido, seguro e personalizable (por iso eu o recomendo;).
En Galicia comeza a descarga hoxe martes 17 ás 19horas (aquí unha táboa con todos os fusos horarios) e claro, estará ata mañá mércores ata as sete da tarde.
Un saudo! |
|
|
|
|
|
|
|