|
|
|
|
| Rainbow Warrior en Cangas |
|
O barco oficial de Greenpeace lle bota unha man ó Foro Social na defensa da costa.
É que non se pode continuar con esta política de "feitos consumados", segundo o Foro Social hai indicios de ilegalidade nas obras.
Pero pasa como case sempre, unha vez estea feito, por moi ilegal que sexa, a ver quen o tira abaixo.
Mal andamos...
Via vieiros |
|
|
|
|
| Detido o ladrón de alcantarillas de Cangas e Moaña |
|
Seica detiveron a un Vigués polo roubo de alcantarillas en Cangas e Moaña.
Cada kilo de acero véndese a 12ctms, inda así en tempos de crise aumentan este tipo de actos. Dalles igual o perigoso que isto sexa...
Via Faro |
|
|
|
|
| Volve o Cangas balonman á Liga Asobal |
|
Noraboa!!
Cangas volve estar nunha das mellores ligas de balonman do mundo! |
|
|
|
|
| Morre a avoa blogueira |
|
Día triste pra blogosfera. Ós seus 97 anos faleceu María Amelia. Para quen non a coñecera, María era a persoa máis anciá na blogosfera.
Esta galega comezou a escribir dende Muxía ós seus 95 anos gracias ó seu neto, que tivo a feliz idea de regalarlle un blog polo seu cumple.
As súas primeiras palabras foron estas:
"23/12/2006 - Amigos de Internet, hoy cumplo 95 años. Me llamo María Amelia y nací en Muxía (A Coruña) el 23 de Diciembre de 1911. Hoy es mi cumpleaños y mi nieto como es muy cutre me regalo un blog. Espero poder escribir mucho y contaros las vivencias de una señora de mi edad."
Descanse en paz. |
|
|
|
|
| Audiencias do Alalá |
|
Quedeime bastante impresionado pola cantidade de xente que ve o Alalá. Un programa que relaciona a música tradicional galega e outras formas de patrimonio oral co contorno social e laboral, para non equecer este valor cultural.
Curiosamente, a época na que máis mirei máis programas do Alalá mentres estaba en Cardiff... A morriña de non poder beillar ;)
Audiencias da Terceira tempada do Alalá:
-Ricardo Portela (19/05/09): 140.000 (15,6%)
-Cantigas da Terra (12/05/09): 144.000 (15,0%)
-José María Lagares (05/05/09): 125.000 (15,2%)
-Cesar Fernández (28/04/09): 137.000 (13,7%)
-Os Abrentes de Cerdedo (21/04/09): 184.000 (22,2%)
- O Gaiteiro de Pumarín (14/04/09): 172.000 (15,8%)
- Mulleres de Seixedos (07/04/09): 123.000 (11,5%)
- Sao Paulo (31/03/09): 132.000 (16,3%)
- San Salvador de Bahía (24/03/09): 169.000 (17,2%)
- Os Folións (17/03/09): 177.000 (18,3%)
- Marful (10/03/09): 131.000 (12,9%)
- Jalos dAntioquía (03/03/09): 189.000 (18,6%)
- Pancho Álvarez (24/02/09): 76.000 (8,2%)
- Dolores Castiñeira (17/02/09): 131.000 (13,5%)
- O Ferrera (10/02/09): 149.000 (15,1%)
- Coral Voces da Louriña (3/02/09): 181.000 (17,3%)
- Pablo Seoane (27/01/09): 174.000 (19,1%)
- Raigañas (20/01/09): 142.000 (14,0%)
- José de Gregorio (12/01/08): 193.000 (18,7%)
- Rancho de Reis de Riofrio (5/01/9): 209.000 (24,8%)
- Resume 2008 (29/12/08): 277.000 (25,9%)
- O Quinteto Monterrei (22/12/08): 176.000 (19,5%)
- Pepe Temprano (15/12/08):220.000 (22,8%)
- Cuarteto "Os Barrios" (08/12/08): 243.000 (22.95%)
- Alalá en Uruguai II (01/12/08) 239.000 (22.9%)
- Alalá en Uruguai (24/11/2008): 246.000 (25%)
- Darío Díaz, o Gaiteiro de Paíme (17/11/2008): 237.000 (23.4%)
- Seráns (10/11/2008): 224.000 (23%)
Alalás anteriores
Podense visualizar en:
www.crtvg.es
Via Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"
|
|

|
| Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|