Castiñeiras


Subidas as fotos de Edimburgo
Xa están subidas na galería da fotoblogoteca, clickade aqui pra poder velas.

Próximamente artigo sobre a integración jeje

Saudos!

PD: coa mesma chegamos ás 4000 visitas!!
muitisimas gracias a tod@s!!

PD2: xa sei q tardo en subir as fotos, pero non me da pra máis a virada (teño q studiar algho!!) :P
Parrafeo (0) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 08-05-2007 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
BBQ
Onte propuxéronnos Kirstin e Rich facer unha barbacoa, despois de tantos dias tratando de estudiar viña ben sair un pouco de casa.

A barbacoa era pra hora da comida, o único malo foi q retrasamos esa comida ata as 4 da tarde. Mercamos carne de máis (hamburguesas, salchichas, pinchos...) no Tesco e tamén unha especie de braseiros.

Pero ollo ó dato: braseiros destes q veñen xa preparados! prender nunha eskina do papel, esperar 10min a q prenda todo, e comezar a poñer a carne a asar.

Onde quedou iso de ir coller leña ó monte e facer unhas brasas... Como diría Francho "mariconadas!"

Tivemos moita sorte pq tmn nos topamos con Andy "the lonely hippie" q fora ata o parque a tocar el só a guitarra, coa mesma enganchámolo e uniuse a nos na comilona.

Na foto vemos a Kirstin e o invento este dos braseiros.

Por certo, atentos estes días ó blog. Vou subir unhas interesantísimas fotos en primicia do segundo día q pasamos na zona de Edimburgo, SURPRISE SURPRISE!!.

Única pista: fotos acerca da integración...

Saudos!
Parrafeo (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2007 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Escocia (capitulo 3da sexoloxia): Edinburgh
O día 21 de abril saimos de mañá moi cedo de Inverness a Edinburgh, tan cedo saimos q nos quedaron atrás os carnés de conducir e de identidade q tiveramos q deixar como depósito na recepción :S (menos mal lle escribimos unha carta á da recepción e moi amablemente nos enviou os carnés a Cardiff, gracias Sarah!).

O chegar a Edinburgh o primeiro q fixemos foi deixar as mochilas no hostal, e coa mesma comezar a recorrer a Milla Real, a rúa principal de Edinburgh que comeza no castelo.

Alí fomos nos, como muitos outros, a ver o castelo (visita casi obligada). Normalmnt costa sobre unhas 11libras, case 18 euros!! pero non sei q carallo de celebración tiñan xusto ese finde q pudemos entrar gratis :D

Vimos como disparaban os canóns por motivo da dita celebración (cumpreanos da raiña? aniversario do National Trust-organización q posue muitisimos castelos, parques e demáis-?)

Despois do castelo comezamos a baixar a Royal Mile, entramos na St. Giles Cathedral e nos desviamos ata o Museo Nacional de Escocia.

Ó volver á Milla Real déusenos por pasar pola oficina do tour q tiñamos reservado pro dia seguinte... SORPRESA!! só estabamos nos apuntados e cancelaran o tour! Despois de dar mil voltas e preguntar nas outras oficinas q ofrecían tours démonos conta dq o mellor era ir pola nosa conta.

E así foi, collemos os billetes de tren e bus pra St Andrews, q era onde queriamos ir ó día seguinte. Pero iso forma parte doutro capítulo da sexoloxía (bravo pola idea Meche!).

Despois de todo o tute inda tivemos tempo ó atardecer de ir a Calton Hill, unha colina dende a q se teñen unhas boas vistas da cidade de Edimburgo.

De ahí é a foto na q aparece Esther no aire! :P

Pra acabar, a pesar de estar destrozados, fomos á noite a catar unha desas famosas pintas escocesas a un pub. A última foto é a dunha cabina de teléfono das antigas q estaba dentro do bar, e funcionaba!!

Saudos!
Parrafeo (4) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 05-05-2007 01:26
# Ligazón permanente a este artigo
Escocia (capitulo 2de6): tour polos Highlands
Pro segundo día en Escocia contratamos un tour que nos levou por muitos lagos, fervenzas e tmn varios castelos.

É un tour máis q recomendable, iamos 8 máis o guia nunha furgoneta, contounos mil lendas, nos levou a sitios e nos meteu en ambiente explicando a vida e historia dos Highlands.

Saimos contentísimos con el: www.cannytours.com (non cobro comision jeje).

A primeira parada foi Culloden, onde se celebrou hai 300 anos a última batalla entre escoceses e ingleses (por certo q os escoceses están a piques de votar nas autonómicas, é posible q o partido nacionalista escocés gañe as eleccións, a súa independencia esta cerca).

Ali nese campo de batalla topamos con John MacDonald cando estaba sendo grabado pola BBC. Entre este ghaiteiro e o guía nos meteron de cheo na historia e ambiente da batalla.

A segunda parada foi o famoso lago Ness, non miramos o mounstruo, pero o lago era bastante chulo e enorme!

Despois diso visitamos mil lagos máis, os castelos de Urquhart e Eilean Donan, as fervenzas de Fort Williams, e mil ovellas!

Despois de todo o tute do tour (de 9.30 a 18.30 da tarde!) fomos descansar e cear ó hostal.

Pero, pros poucos dias q iamos estar en Escocia... pq non ir tomar unhas pintas?? :P Alí fomos a un bar onde tiñan música en directo (fiddle, acordeón, bodhram e guitarra).

Foi unha experiencia incrible, Esther máis eu non paramos de bailar, incluso bailamos un baile tradicional (q eu xa beillara antes nun cursillo, creo q no intercéltico de moaña!).

Aqui acaba o segundo capitulo, mañá máis e fotos xa de Edinburgo :)

Saudos!

PD: subidas as fotos de Inverness e dos Highlands
Parrafeo (4) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 01-05-2007 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Rematouse
Estes dias non actualicei o blog, viñeron a visitarme a miña irmanciña e unha amiga dela e estiven bastante liado.

Cheguei de Escocia a Cardiff na madrugada entre o 24 e o 25 de abril. E menos de dous días despois (o 26 ás 11 da noite) chegaron Antía e Aida.

Como é habitual estes últimos fins de semana alquilamos un coche, e fomos 5 (Fon, Esther, Aida, Antia e eu) a viaxar polo norte de Gales.

Muitos castelos miramos estes dias, acampada en dous dos tres parques naturais de Gales, paso polo monte máis alto de Gales e Inglaterra... xa porei fotos despois de poñer as de Escocia.

Agora xa rematou todo, a marcha delas dúas é a liña de separación entre o tempo de visitar sitios e tempo de estudiar.

Non teño queixa ningunha deste ano polas illas Británicas, xa ia sendo hora de q traballase! :P

Un saudo!
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2007 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal