Castiñeiras


Dous menos!
O desta semana foi unha tortura, tiñamos a cabeza q nos ia estoupar de tanto estudiar. Pero a maior putada non era ter q estudiar pra dous exames, o peor era q eses dous exames eran no mesmo dia: un ás 9 e outro ás 3 da tarde, de 3h e 2h30 de duración...

Pero weno, coa mesma xa nos libramos dun bo peso de enriba, de ahi a celebración de onte pra librar a cabeza de todo o aprendido pra facerlle un hoco ós q inda estan por vir.

Agora ata o 31 non temos máis exames, ainda q despois temos 4 en 5 días :(

O día 4 temos o último, ese día promete muita festa!!

Ad+ véñense Borja e Cris a pasar uns días con nos, do 6 ó 10 alquilaremos coche e iremos coa tenda de campaña (Lake District, York...), e coa mesma volta pra casa.

Saudos!

PD: subidas as fotos de Glasgow
Parrafeo (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-05-2007 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Escocia (5de6): Glasgow
Penúltimo artigo sobre Escocia (teño unhas ghanas de acabar con eles xa...).

Pasou o luns 23 de abril cando saimos de mañá de Edimburgo en dirección a Glasgow.

Este día foi un pouco pocho, o primeiro no q nos choveu (era raro non ter chuva en Escocia!).

O primeiro q fixemos ó chegar foi dirixirnos ó hostal, as mochilas pesaban de raio e as forzas eran cada vez máis débiles, sobretodo despois das pateadas polas colinas de Edimburgo.

Coa mesma comezamos a visitar a cidade, ó lado do noso hostal atopábase a Kelvingrove Art Gallery. Ata alí nos acercamos pasando por uns bonitos xardíns (foto).

A galería de arte era algo extraña, trataba de tratar mil temas distintos pero o facía ben. Alí podías ver dende unha chea de reproduccións de animais, armaduras medievais, unha muller restaurando un cuadro ata incluso o cuadro de Salvador Dali: "El cristo de San Juan de la Cruz".


Dende alí fomos en dirección ós xardíns botánicos, mais como quedaba de camiño decidimos pasar polo museo do transporte... e q ben fixemos! o museo era enorme e estaba moi ben, con mil coches, motos, barcos, trens etc. e a súa evolución dende os primeiros motores ata o máis moderno. Ademais unha das cousas q máis nos gustou, dentro do propio museo tiñan a reprodución dunha rúa de 1938! e tmn un cacho de estación de metro, tmn de época. Creo q o de Glasgow fora o 3º metro do Reino Unido.

O sair do museo achegámonos finalmnt ata os xardíns botánicos. Taban moi ben e eran enormes. Inda por riba tabamos encantados dq os invernadoiros foran enormes, tabamos fartos de andar baixo a chuva. Despois de visitar todos os invernadoiros (inda nos levou o seu tempo) decidimos quedarnos ali dentro a comer, como pra irse fóra co q chovia!
Falando de comer... alí había unha sala enteira dedicada a plantas carnivoras! q chulada! :P

O rematar de comer fomos directos o metro pra ir en dirección ata o outro extremo de Glasgow. Miramos un pouco o centro e fomos visitar o People's Palace, museo da xente de Glasgow. O malo foi q xa eran case as 5, hora de cerrar, e foi moi pouco o q vimos dese museo. A verdá q máis q nada o bonito era ber o edificio e o seu anexo (outro invernadoiro).

Non podíamos deixar pasar o dia sen achegarnos ata a Catedral de Glasgow. Metémonos por esas míticas rúas perdidas polas q o número de turistas q pasa debe ser moi escaso. Pero conseguimos o obxetivo de chegar canto antes ata a catedral.

Alí nos perdemos dentro desta catedral gótica, derreados de tanto patear. Quen nos vira inda se podía botar unhas risas, mirabamos a catedral andando catro pasiños e sentándonos nos bancos, outros catro pasos e outra vez sentados... pouco a pouco fomos arrastrándonos ata a cripta sobre a q se construira a catedral. Tou seguro dq se quedasemos alí a durmir ninguén se ia enterar xD

Sen forzas pra muito máis a iso das 8 puxémonos rumbo ó hostal.

Foi un día ben aproveitado, vimos todo o q tiñamos ganas de ver e incluso algo máis. Pero tmn era un deses días dos q se saes de casa é pq estas obligado, pra un día q estabamos en Glasgow, por muito q chovera non iamos quedar no hostal!

Pero inda non acabou ahi a cousa. Despois de descansar no hostal fomos na busca dalgún local no q tiveran música tradicional escocesa en directo. Preguntámoslle á recepcionista e nos indicou tres cercanos, mais nos dixo q ó ser luns q era moi dificil q houbese música en directo.

Inda así nos achegamos ata un deles, era un pub pequeno e moi acolledor, cun nome gaélico q non me da a virada pra recordar e con música tradicional escocesa de fondo. Estabase ben e inda estaba bastante cheo. Tomamos unha pinta relaxadamente falando e recordando os sitios nos q estuveramos polo día. Non estivemos muito xa q o corpo nos pedía descanso e ó día seguinte había q volver a madrugar... pero iso xa e cousa doutro artigo ;)

Saudos!

PD: por certo, foiseme un pouco a olla levando a falda escocesa... en Edimburgo facia mellor tempo :S

PD2: en breve algunhas fotiños na galería
Parrafeo (0) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 18-05-2007 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Un menos
Hoxe foi o primeiro dos exames finais aquí en Cardiff. Un fastidio ter q levantarse a iso das oito menos cuarto pra chegar ás 9 menos algo á aula do exame.

Unha vez alí, o de sempre, unha chea de xente facendo as ultimas revisións e tratando de aprenderse en 5min todo o q non deron aprendido durante o curso (eu tmn me incluo neles).

Ó entrar, todo formalidades inglesas, revisión exhaustiva de identificacións, repetición de normas etc.

Finalmente comeza o exame. HORROR! Están en ingles!(ainda q menos mal, teño a opción de facelo en Galés...) e inda por riba ningunha pregunta é como as q eu esperaba, o corazón comeza a latir rápido e comezaste a cuestionar "pq carallo non estudiaría máis!?".

Despois de barallar q preguntas responder e cales non (temos q responder 3 preguntas de 8, encántame o sistema inglés! jeje) comezo a responder a q máis me sei.

Pouco a pouco vou respondendo, a miña dedicación ás preguntas vai diminuindo co paso do tempo: á 1ª pregunta respóndoa en case 2horas, á 2ª tres cuartos de hora e á 3ª 15minutos...
ó final creo q non saiu tan mal como parecía nun principio. Todo se verá.

Agora, a esperar polos seguintes: son dous e no mesmo día, o 21 de maio. Iso sí q vai ser duro!

Saudos e sorte cos vosos exames!

PD: o mellor despois do examen: poder desfacerse de todos os papeles desa asignatura :D
Parrafeo (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-05-2007 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Integration
Son de tambores, un redoble moi largo e...



Integreime ou non me integrei cos escoceses?? jajaja
A verdá q tiña unhas pintiñas q xa me diredes xD

A falda non saiu nada cara, e coa mesma xa teño outro disfrás máis pros carnavales!

O q é o ghorro é de Esther q mo prestou pra foto, quedalle muito mellor a ela q a min.

Ahi na foto pequena estou na famosa Milla Real.
O video é de cando subimos ó alto de Arthur's Seat :)


Máis fotos na galería

Saude!
Parrafeo (2) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 11-05-2007 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Escocia (4de6): St Andrews e Edinburgh
Sigo (pouquiño a pouco) escribindo artigos contando un pouco como foi a viaxe a Escocia.

Aghora toca o domingo 22 de abril q fomos dende Edimburgo ata St Andrews (patrón de Escocia).

Gustoume muito o sitio: paseamos polo campo de golf máis antigo do mundo e xusto ó lado nos achegamos a unha praia enorme onde rodaron "Carros de lume".

Case nos matamos Esther máis eu camiñando polas rochas do final da praia (estaban cheas de algas pola marea baixa).

Coa mesma nos achegamos ata o castelo q estaba en ruinas, nada doutro mundo, o q máis nos gustou foi a mina q tiñan escavada (mina e contramina, pq era pa escapar na defensa pero tmn a utilizaban os atacantes, estes escoceses...).

Por último fomos ata a catedral, tmn en ruinos a excepción dunha torre á q poidemos subir. Boas vistas de toda a cidade e tmn da ría :)

En definitiva, mereceu ben a pena a visita.

A xente por alí moi amable, case nos pedían por favor se podían axudarnos nalgo!

Coa mesma, fomos de volta ata Edimburgo. Alí recorremos o q nos quedaba da Milla Real e non só iso, senon q nos atrevemos a subir a Arthur's Seat.

Tremenda pateada q nos metemos pra subir ata o punto máis alto de todos, pero merecían ben a pena as vistas :)

O q si qnon sei como aguantamos foi o de sair do hostal á noite pra ver Edimburgo de noite... tabamos mallados pero tmn sabiamos q de noite iluminan sempre todos os monumentos e edificios importantes, velaí unha foto do castelo.

Coa mesma xa podedes ver algunhas das fotos deste día aquí.

Saudos!
Parrafeo (0) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 11-05-2007 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal