Castiñeiras


4exames en 5 dias...
Como dicía neste outro artigo tiña 4 exames en 5 días. Esta tarde foi o primeiro e sen tempo a descansar mañá pola mañá o segundo :S

Xa vai quedando menos, ainda q joden estes días con tanto estrés.. vaime rebentar a cabesa!!

Despois e pra relaxarse un pouquiño o dito, muita festa o día catro (último exame esa mañá), pero se inda temos forzas tmn o dia cinco festa jeje

Ademáis do 6 ó 10 iremos en coche de viaxe por Inglaterra (Lake District, York...). Finalmnt chegaremos a casa o dia 10 pola mañá.

Xa vos irei comentando, un saudo!!

PD: si weno, supoño q o merecemos despois de todo o ano vagheando... :P
Parrafeo (17) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2007 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xenial Davila


Xenial este Davila...
Faro de Vigo
Parrafeo (2) - Categoría: De ruta - Publicado o 29-05-2007 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
Non quero quero casique...
Bo día pra recordar esta canción dos magníficos Quempallou!

Editado ás 12: "Un casique menos en Cangas!
PP-8; BNG-6; PSOE-4; ACE-3
"

As reviravoltas polas que temos pasado as xentes do noso país durante séculos, fan que poidamos dicir que fixemos sucos direitos con regos ben tortos. Sucos nos que ten xermolado a semente da nosa cultura. Da nosa fala, e das nosas tradicións máis ancestrais; e polos que aínda paga a pena que continuemos na xeira, Abofé, facendo sucos direitos con regos ben tortos.
(Lourenzo.)

Queres chegar ata onde eu estou
Pensando que adiviñarás quen son
Pero non sabes
Que os teus camiños
Nunca te levan cara onde eu vou...
Nunca te levan cara onde eu vou.

Non quero quero casique,
Non quero quero casique...



Ti é-la nube que nos nega o sol
Unha promesa que nunca chegou
Os teus favores
Eu non chos quero,
Vaite d’aí que non nos das calor...
Vaite d’aí que non nos das calor.

Non quero quero casique,
Non quero quero casique...


Sementas medo ó teu arredor
Aproveitando a túa condición
E dixo un cego:
“xa nos veremos;
no outro mundo non terás valor...

no outro mundo non terás valor”.

Non quero quero casique,
Non quero quero casique...


Non cha desexo pero sen rencor,
Á túa saúde vai esta canción;
Cando te vaias,
Nós brindaremos
Quero casique pero con limón...
Quero casique pero con limón!!

E os teus favores non chos queremos,
Vaite d’aí que non nos das calor
E cando te vaias nós brindaremos
quero casique, cola ou limón
E cando te vaias nós brindaremos
Viva o casique, cola ou limón...!!

Quempallou: Os Sucos - Casiquecola
Música e letra: Roi Maceda.
Versos: Lourenzo.
Quempallou
Ghastaspista
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2007 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Escocia (último día): Tour polos Lowlands
Despois de cinco días de ruta stabamos q xa non podíamos con nos. O bó era q pro último día tiñamos un tour reservado, e claro, non cansa o mesmo q te leven q ir ti mirando pola túa conta.

O tour era bastante maliño e moi comercial mañá colgarei un amago de comparativa.

Saimos de Glasgow a iso das 8.30 ou 9 da mañá. Ahi tomamos de volta dirección a Edimburgo pra recoller a máis xente, maldita ghana q tiñamos de volver atrás! pero era o único tour q conseguiramos pra ver o q queríamos (Stirling Castle e Loch Lomond).

Coa mesma fixemos unha paradiña na famosa ponte de South Queensferry (foto), seica se tarda muito en restaurar a cor vermella, vai por partes e así q acaban a última parte da ponte case teñen q empezar coa primeira de volta :O

A seguinte parada foi o castelo de Stirling, din por ahí q o máis grande e importante de Escocia e incluso de Europa occidental. A verdade q a min a visita me decepcionou un pouco, igual foi pq chovia ou pq só nos deixaron unha hora pra miralo, pero esperaba algo máis.
Na segunda foto estou baixo a estatua de Robert the Bruce, rei escocés.

Despois desta visita relámpago nos levaron por unha serie de montes e lagos q estaban moi chulos, dentro do parque nacional dos Trossachs. Fixemos unha parada dunha hora nun pobiño q non tiña nada (weno, un pequeno centro comercial ó lado de onde parou o bus, sospeitoso...).

Chegamos a Loch Lomond a iso das 16.30h, con tempo mínimo pra dar unha voltiña arredor do lago. Foi unha pena q non houbera nese momento cruceiros polo lago, creo q merecerían ben a pena.

Esa foi a última parada, ó final o tour deixounos un bo sabor de boca. Non se podía esperar muito máis: só pagamos 15€ por 9horas de ruta no canto de 33€ ou máis q se pagan na maioría dos outros tours.

Despois diso inda nos deu tempo a dar un paseiño polo centro de Glasgow, de casualidade topámonos co Duque de Wellington e o seu cono de tráfico. Seica foi unha broma e agora está prohibido sacarlle o cono á estatua pq senón hai protestas! estes escoceses...

En fin, bus ata o aeroporto e con Easyjet cara Bristol, pra despois volver a Cardiff en bus.

Atrás quedaron 6 días inesquecibles e moi poucas ganas de volver á realidade :)

Saudos!

PD: Lucy voaba con Ryanair, pero se confundiu de aeroporto e perdeuno. Ainda así chegou a tempo ó aeroporto de Stansted (Londres) e non tivo máis problemas pra chegar a Compos... a tod@s: Glasgow ten dous aeroportos!! :P

PD2: algunhas fotiños
Parrafeo (2) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 24-05-2007 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
O Lago

Así tal cual, ese é o nome q ten o lago ó q fumos hoxe Esther máis eu: "The Lake".

De casualidade viaxando polo google-earth nos decatamos dq a só 15min andando se atopaba un lago q tiña bastante boa pinta.

Ata alí nos achegamos coa idea de relaxarnos entre tanto estudiar e si! acertamos nq era un sitio q ben merecía unha visita! :)

Estaba cheiño de xente en pedaletas e tamén en barquiñas de remos, os dous nos animamos a alquilar un deles.

Q ben sentou o paseo polo lago, todo bucólico cos seus patos, cisnes e ocas. E pensar q pasamos todo o curso aqui sen miralo...

Un saudo!

Por aqui unhas fotiños...
Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 23-05-2007 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal