Unha destas frikeces que se atopan cando navegas por internet: National Swinging Association, ou asociación americana de amantes dos columpios (AAAC :p)!
Fan competicións e piruetas en columpios, pa que vexades que en yankilandia hai de todo. Aquí tendes un video-exemplo:
(Gl.)
Moi boas. Agradecemos deades difusión a esta iniciativa que pretende achegar, por medio da música tradicional, dúas culturas curmás que non se queren virar as costas.
(Ast.)
Mui bones. Agradecemos deáis difusión a esta iniciativa que pretende averar, pol mediu de la música tradicional, dos cultures primes que nun se quieren dar la espalda.
O sábado 9 de Maio gozaremos por sétima vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.
Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu.
Contaremos coa participación dos grupos de canto tradicional:
-Veña que vai! (O Morrazo-Galiza).
-Pandereteres de Nerbia (Asturies).
O prezo, incluindo cea-confraternización; durmida no albergue e máis almorzo, é de tan só 35 €.
As inscricións realizaranse directamente no albergue El Sabil: tlf. 985 761 472. www.elsabil.net
Estamos planeando unha viaxe a Suiza, aquí os datos por se alguén se quere apuntar. Temos pensado coller os voos esta semana (antes do xoves):
(As datas inda son provisionais)
IDA:
8 de xullo - Porto-Basel
VOLTA:
21, 22 ou 23 de xullo
Ginebra-Barcelona-Vigo 100€ a viaxe 280€ durmir 14 noites en albergues a unha media de 20€ 230€ un bono de transporte para 15 días (inclúe buses, trens, desconto do 50% en barcos, funiculares...) TOTAL= 610€ + comidas e extras
Percorrido: Basel-Lucerna-Sarne-Interlaken-Berna-Lausan-Ginebra. A idea é parar a maior parte do tempo na zona de Interlaken.
Xa sei que non é nada barato, pero apetécenos estar 15 días en Suiza ;)
Esa é a idea que un grupo de galegos asentados en Londres está promovendo a través dun manifesto interactivo, accesible a través deste vínculo o Galego é util.
Entre as vantaxes de falar o idioma propio do noso país, o manifesto salienta que o galego "axuda a aprender outras linguas, permite a comunicación en portugués e engade unha vantaxe competitiva no mundo laboral internacional".
¿Hai algunha lingua que non sexa útil? "óense con demasiada frecuencia comentarios que descualifican o estudo do idioma galego argumentando que é unha lingua que non serve para nada fóra da nosa terra, quizais non é mala idea gritar obviedades por internet".
Comentábame hai pouco Esther, que está estudiando en Grenoble (Francia), que moitos dos seus amigos son brasileiros...
A alguén se lle deu por pensar cómo se prepara a carne dos kebabs?
Hai pouco atopei este curioso vídeo no que se ve unha planta na que preparan a carne que despois vemos nos típicos establecementos onde venden Döner Kebabs:
Noxo? Tedes ganas de seguir coméndoos? Pois eu si, iso non me quita a fame jeje
Ese tipo de procesos fanse con todo tipo de comidas... e ben que se comen!
Lémbrame a unha visita que fixeramos a Frinova (filial de Pescanova) na que vimos como facían os aros de calamares:
1º Trituraban e limpaban os calamares
2º Facián unha masa semi-líquida
3º Cunha máquina como a de facer churros ían facendo os aros