Castiñeiras


Mini-reto
Moi boas! últimamente teño o blog moi abandonado, xa sexa por traballar ou pq ando a outras cousas, o caso é que lle dedico muito menos tempo.

Tratarei de seguir con el (xa vai máis dun ano e lle teño apego jiji), inda q a frecuencia de actualizacións non será tan habitual como antes.

Cousas desta vida capitalista q nos tocou vivir ;)

Déixovos un reto ata a próxima actualización, a ver quen de vós e capaz de resolver este enigma:

4 amigos teñen que cruzar a ponte no menor tempo posible:

* O primeiro tarda en cruzalo 10 min.
* O segundo tarda en cruzalo 7 min.
* O terceiro tarda en cruzalo 2 min.
* O cuarto tarda en cruzalo 1 min.


Só poden cruzalo 2 persoas á vez e só teñen unha lanterna, polo que cando crucen 2 sempre ten q volver un a polos que queden e alumbrarlles. A ida e a volta consumen tantos minutos como os que tarda o máis lento.


Pulsa aquí pra facer o cálculo de forma máis amena.

Edito: podedes pensar q a solución máis rápida é de 21min, pero non! hai outra máis rápida na q só se tardan 17min!!

PD: veña q é fácil, a ver quen o resolve primeiro ;)
PD2: cando o resolvades non escribades a solución, senon o resto xa non se esforza jijiji
Parrafeo (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2008 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Pradolongo
Esta tarde veño de ver a peli Pradolongo, unha peli "en galego de Valdeorras". Trátase da primeira peli rodada en galego e por galegos dende hai muitos anos.

E fun, non só pq fose en galego, a verdade é q a sinopse e o trailer tiraron tamén bastante, aquí volos deixo:


Xa nos cines!!
Vigo - Gran Vía e Norte
Pontevedra - Cinebox
Máis info



Sinopse:
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.

Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...

Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.

Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.
Web oficial
Meu pradolongo
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2008 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Ovo cocido coa radiación dos móviles!
Quen se apunta a facer a proba?? un día destes voume poñer a facer este experimento.

Trátase de coller un ovo e dous móviles, poñelos como na imaxe e facer unha chamada entre os móviles.


O suposto resultado é que, tras unha chamada dunha hora de duración (barato gracias ó 60x1 de vodafone jiji) o ovo cócese!!!.

Isto débese á radiación que producen os móviles, e da que pensar o que estes aparellos infernais nos poden producir no cerebelo ;)




Investigando máis topei esta web na que xa fixeron o experimento, mirade o resultado nestoutra web:

Parrafeo (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-04-2008 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario da 2ª República


Tirado da edición de hoxe do ADN
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2008 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Abrindo unha maleta sen chave do candado


Acabo de flipar mirando este vídeo que atopei "meneado" ;)
Parrafeo (2) - Categoría: Utilidades - Publicado o 11-04-2008 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal