Castiñeiras


Furancho querido
Tal como apuntaba o veciño Son de Bueu no artigo anterior, "estamos en epoca de furanchos".

E claro, como ia a facerlle ese feo ós furanchos? Este venres e sábado repetín no furancho dunha amiga de Cela. O viño estaba moi bo e o furancho estaba na Torre, case enfrente da panaderia Freire.

O venres non houbo moito ambiente nel, tomamos uns carolinos e máis q nada estivemos de cháchara.

Pero o sábado repetín a propósito: ian os retrousiños a tocar e non mo podía perder! ;)

Aparte de beber viño, ese dia fixen de todo: beillar, tocar o tambor, pandereta, tarrañolas (faltoume a ghaita e o bombo, todo cheghara :P), e por suposto, tamén comer a rica empanada e tortilla q ali servian!:)

Pena q non levase a camara. De todos xeitos gravou boa parte da noite o ghaiteiro Cristian, a ver se consigo o video...

Despois do furancho fun a Cangas, tiña muita xente q saudar despois de tanto tempo fóra. A noite estivo moi ben.

O malo? ter q levantarse cedo o domingo pra ir ver beillar a meu primo.

Como xa teño dito: "sarna con ghusto non pica" :P

PD: as fotos son do ano pasado, xa conseguirei as deste ano, mentres vos facedes unha idea con elas :P
Parrafeo (1) - Categoría: Festas - Publicado o 02-04-2007 01:26
# Ligazón permanente a este artigo
Resumo da volta a casa
A volta a casa foi durilla para variar,saimos Esther máis eu ás 18.30 de Cardiff e non chegamos a casa ata a unha ou asi.

No medio? 3horas de megabus pra chegar a Londres; unha espera doutras 3h pra coller o bus ata o aeroporto; algo menos de 2h de bus ata o aeroporto de Stansted; e outro tanto de esperar ata q ás 8 despegase o avion...

Ás 11 punktuais chegamos a Santiago e coa mesma pra casa (gracias mamá de Esther :P).


En resumen: un tute de carallo, e todo por q nos saise o máis barato posible :)


Como anécdota nos topamos a tres de Lugo na estación de Victoria, estiveran de vacacións e tmn ian coller o avión a Santiago esa noite. Ensinamoslle onde pillar o bus (non sabian ben onde collelo) e gracias a eles pasounos mellor o tempo de espera. Un saudo a Oscar, Adri e Rodri (dudo q lean isto xD).

Inda hoxe non recuperei as horas de durmida, só un día cheguei a durmir ata 8h, o resto muitas menos :S

Iso si, despois de escribir estes artigos, mañá luns non me levanta cedo ni dios xD
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2007 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal