Castiñeiras


Serán en Nerga
Este será o 3º serán celebrado no bar "A Curva" en Nerga, como ben sabedes, celébranse o 2º venres de cada mes.

Se este venres tendes ghana de festa, de escoitar ghaitas, beillar, cantar e pasar un bo rato xa sabedes onde ir.

Por certo, pros q non sepan como chegar ahi tendes o mapa ;)

Saudos!

PD: desta vez por fin podo ir xa q ata o 18 non volvo a Inglaterra :)

Parrafeo (4) - Categoría: Festas - Publicado o 09-04-2007 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Furanchos?
Este venres volvemos ir á casa da avoa de Esther, é unha casa restaurada en Sabarigo, dentro da parroquia buenense de Cela.

Quedamos ás 8 e tiñamos de entrada unha dura decisión: comprar churrasco pa cear, q normalmente o mercamos no Cantaclaro de Marín; ou ir a un furancho onde deran de comer.

Finalmnt fomos ata un furancho q coñecían Lucia e Borja en Sto Tomé do Piñeiro (República Independiente, pero considerada nos papeis parroquia de Marín).


Máis q furancho aquelo parecia un restaurante (así parece normal q se queixen os da hosteleria), só lles faltaba a carta, en vez diso diciano de corrido os camareiros: que queredes? hai churrasco, pinchos, chourizo, tortilla, orella... e de beber? tinto, blanco, kas, cocacola...

O viño estaba bastante bó (gustoume máis o do furancho da semana pasada) e saimos dalí bastante contentos e fartos de toda aquela comida.

Na casa de Esther demos boa conta dun licor café e dun licor de noces que me regalaran meus amigos de Cela.

Entre risas, alguns intentos de aprender a tocar a pandereta e xogar ó escondite pasou unha boa noite.


PD: moi mal ese turururu q nos fixeron Patri e Rober a iso das 2... Sen máis marcharon xD
Parrafeo (0) - Categoría: Festas - Publicado o 08-04-2007 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Danse clases de baile
Xa hai tempo q Antía (filla dos meus padriños, ou mellor: irmanciña) me pedira q lle ensinase un pouco a bailar baile galego. E eu claro, dixéralle q non, que eu non valia pra iso.

Tratei de mandarlla ás clases de Meche pero como estudia en Compos tp tiña tempo pra ir...

O gusanillo por querer aprender a beillar entráralle cando a inaguración d'a Curva onde a festa nos levou a non parar de beillar, cantar e tocar. Contabamos ad+ cun invitado de luxo: o ghaiteiro de Piñeiro!

(Por certo, o próximo serán na Curva é o venres 13 :D)

Agora nestas vacacións Antía volveume insistir, e ó final acordei tentar ensinarlle algo. Leva dous dias vindo ata miña casa (pobres veciños d'abaixo, creo q os escoitei petar cunha escoba contra o teito! jeje).

De notas Antía leva un PA (progresa adecuadamente), o malo q eu como profesor sigo pensando o mesmo, non valgo pra nada!

Saudos!
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-04-2007 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos
Subidas fotos atrasadas da viaxe a Cornualles e a Devon (16ao18 de marzo).

En breve subirei as da zona de Wessex e o sur de Gales.

Poño os mapas pra situarvos, básicamente fomos á zona suroeste, en verde vivo.

Saudos!

Editado: subidas tamén as fotos de Wessex, a zona marcada no mapa da esquerda.
Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 02-04-2007 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Fervenza da luz e actuación de Dami
O domingo pola mañá e algo de mala gana (q ben se estaba na cama!) levanteime pra ir ata Bandeira ao concurso de baile tradicional Azaloira.

De camiño paramos na Fervenza da fábrica da luz (Caldas de Reis), un lugar moi agradable no q relaxarse co son da auga baixando pola fervenza, nesta foto aparece Rubén tumbado nunha hamaca q estaba colgada sobre un regato.

Nunca fora a un concurso deses e desta vez fun pq meu primo participaba bailando co grupo Trompos ós Pés.

A verdade é q me gustou moito ver como tanta xente beillaba, tocaba e cantaba tan ben.


O resultado? a min non me convenceu o veredicto do xurado, non me gustou tanto Malveiras como pra estar no primeiro posto. Inda así eu penso q beillaron ben, tiñaos no 3º do meu ranking particular.

Si penso q os de Fusos e Rocas mereceron o segundo posto; e os terceiros, Donaire, bailaron ben pero creo q non tan ben coma outros.

Claro, isto é opinión persoal, pero pro meu gusto os de Trompos ós Pés deberon estar entre os tres primeiros, e non pq bailara meu primo con eles :P

Na foto vemos a Alba concentrandose e apuntando nun papel o seu veredicto ;)

Aparte diso... menuda festa montan os de Fiadeiro!! jeje

Parrafeo (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2007 02:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal