Castiñeiras


Escocia (capitulo 1de6): Inverness
Xa estou de volta! Despois destes dias por Escocia acabei derreado, non sei como me mantiña en pé os últimos paseos por Glasgow pero en fin, merecia a pena un esforzo máis xa q supoño q tardarei en volver por esas terras.

A viaxe estivo xenial, nela nos embarcamos Lucia (de Marín) e María Esther (Poio-Pontevedra), ahi aparecen elas dúas na foto do castelo de Inverness ;)

Comezamos na cidade de Inverness (inver: desembocadura, neste caso do río Ness).

O primeiro día visitamos esa cidade e tamén Fort George, unha impresionante fortaleza.



Como curiosidade, dentro desa fortaleze hai unha capela, a única na q un anxo aparece nas vidrieras tocando a ghaita! :P

Dando voltas pola cidade de Inverness vimos varias cousas como o seu castelo e tmn un museo-fábrica de kilts (faldas escocesas), onde se via como se facían e tmn como unhas mulleres estaban facendo o laborioso proceso.

O segundo día contratamos un tour pra ir por todos os Highlands escoceses, foi incrible pero iso o deixo pro seguinte artigo.

Cando teña algo máis de tempo irei subindo as fotos.

Saudos!
Parrafeo (0) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 26-04-2007 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
25 de abril
Como nos lembra Meche no seu blog, no 1974 tivo lugar a revolución dos claveis en Portugal. Aqui deixo outro video semellante pra lembralo:

Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2007 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Mañá mércores emigro
Mañá cedo tocame volver ás illas británicas. A iso das 11.30 sae o avión de ryanair dende Compos cara Londres.

Entre o voo e o bus aeroporto-Londres centro, estaremos (Esther máis eu) en Londres a iso das tres da tarde. Catro horiñas pa visitar un pouco a cidade e ás 7 coller un megabus pra Cardiff.

Pero non acaba ahi a cousa, ás 11 da noite chegarems a Cardiff, pero 5 horas despois marcharems a Bristol e de ahi un voo a Inverness (Capital dos Highlands escoceses).

Despois de 6 días por esas terras volverei a publicar algo por aki.

Ata entón!
Saudos!
Parrafeo (4) - Categoría: Diario de Escocia - Publicado o 17-04-2007 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Este google maps...
Acabame de chegar un mail destes colectivos q me fixo moita gracia, o mail dicia algo asi:

Cómo chegar de Cangas do Morrazo a New York? (poño Cangas pq tiro pa casa jeje)

Pois a solución é ben fácil:

Entro en: http://maps.google.es

Pinchar en "Como llegar" (xusto debaixo do caixón de busca)

Dirección de orixe = Cangas do Morrazo

Dirección de destino = New York

Pincha no botón "Como llegar"

Fíxate na instrucción nº 37

.... cun par de collóns!


PD: noraboa a quen poida facelos 5.000km a nado!!
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2007 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
A noite n´A Curva
Como ben dixo Meche, onte había moitos sitios a onde ir e finalmente convencímonos (el a min de ir a Beluso e eu a el pra ir á Curva :P).

A Evolución dos feitos

Chegamos a iso das 10 menos cuarto a Beluso pra escoitar ó cantautor Alex (O neto de Manoel). Carallo como cantaba e tocaba a guitarra! gustoume a actuación, ó principio cancións algo paradiñas pero despois foi animando o ambiente con máis ritmo :)




Rapidamente despois do concerto fomos ata o bar A Curva, xusto ó chegar empezaban a tocar os pequechos de Nerga cos que nos fomos turnando a tocar toda a noite.Image Hosted by ImageShack.us

E despois duns bailes, soltos, agharrados, un tango tocado cun acordeón,...
Image Hosted by ImageShack.us Image Hosted by ImageShack.us
algún q outro intento de aprender a tocar a ghaita!!Image Hosted by ImageShack.us
Na foto Ramón e Noe, Ramón como un tomate do esforzo, parece q lle van rebentar as venas!

Finalmente, e un poco como compensación a ternos aturado toda a noite, axudamos un pouquiño a recoller o bar ;)
Image Hosted by ImageShack.us

Foi boa!

Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 14-04-2007 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal