|
|
|
|
| A raíña dos corsés |
|
Non é un dos meus retoques dixitais!
Hai uns días navegando polo blog de meu primo fun parar ó Berce das Fadas. Un bonito blog que seguirei visitando, houbo un artigo que me sorprendeu moitísimo, falaba da muller tristemente famosa por ter a cintura máis estreita do mundo (38cms) que de feito está inscrita no libro Guiness.
E para iso... 24horas ó día co corset durante máis de 20 anos.
INCRIBLE PERO CERTO!
Ó redor do minuto 3 deste video a muller en cuestión, Cathie Jung, se levanta. E o mellor de todo é a resposta que lle da ó entrevistador cando este lle pregunta "e os teus órganos internos non están afectados?".
A resposta algo así como: "é igual q o q pasa cando se está embarazada, os pulmóns van algo parriba, as tripas pra abaixo..." enfin, déixovos que comentedes ;)
|
|
|
|
|
| Utilidades: MSN anti-xefes |
|
Continuo con outra utilidade que descubrín hai tempo gracias a uns amigos traballadores ;)
Trátase do MSN Plus, é un añadido ó famoso Messenger.
Ofrece un sinfín de utilidades, pero eu basicamente eu o recomendo por dúas razóns:
1º Agrupa as conversacións nunha soa ventana e podes ir dunha a outra a través de pestaña (como co Mozilla).
2º Se pulsas Ctrl+Espacio oculta o MSN e todas as ventás activas de forma automática, moi útil se ves q o teu xefe se achega ó teu ordenata
(non digo q eu o utilice... :P).
Aquí as características, un artigo na wiki e un enlace dirixido a descargar o programa ;)
Espero que vos guste, xa me contaredes se é útil!
PD: en especial para Laura que o necesita por esa segunda razón jiji |
|
|
|
|
| Re-visitando Cardiff |
|
 Foi unha viaxe pra recordar como pasamos o ano pasado. O que fixemos, por onde andivemos...
Pero tamén foi unha viaxe na que aproveitamos pra visitar o máis importante de Cardiff.
Non é q teña muito q ver, en realidade non é unha cidade de visita obligada. Sen embargo, ten algunhas cousiñas q si a fan unha cidade agradable.
 Entre q saimos o mércores cedo de casa e chegamos o domingo ás 12 da mañá deunos tempo a ver muitas cousas (e tamén a relaxarnos con Kirstin e Rich :P):
-Os castelos de Cardiff, Coch e Caerphilly.
-The Lake (así literalmente, "O Lago" nun parque ó norte de Cathays).
-O Bute Park e o Taff Trail: un parque enorme e un paseo ó lado do río, entre a cidade e o Tesco máis grande de Europa (q por suposto tamén fumos!).
-Penarth, un recorrido en barco do estilo do de Cangas-Vigo. Penarth non era tan bonito, pero estivo ben o paseo :)
-A Student's Union (o edificio do sindicato de estudiantes)
-O centro de Cardiff...

Por certo, cambiáronnos a cor das casas da nosa residencia! agora pintáronlles coloríns como verde, beige, lila... aaah! :P
Basicamente quería volver pra ensinarlle a Laura onde pasei un aniño da miña vida. Tamén pra recordar un pouco os vellos tempos nas terras galesas na compañía de Kirstin e Rich (que ben se vivía!).
Iso si, pasarán muitos e muitos anos ata que volva ir a Cardiff... hai muitos sitios q visitar antes! (se iso visitas con voos baratos a Bath ou a Worcester, cidades natais de Kirstin e Rich).
|
|
|
|
|
| E agora... |
|
...pra Cardiff ata o domingo!
Todo planificado con antelación ;) |
|
|
|
|
| Viaxe a Viena pagada con Es-Facil!! |
|
Xa vos anunciara hai tempo que me metín no programa de es-facil pra gañar cartos pro recibir correos. Xusto cando marchamos pra Viena foi cando cobrei os meus primeiros 60€ de es-facil.
Hai algún tempo, colleramos 4 avións para viaxar a Viena por 40€ en total. Se lle sumamos os case 6€ de bus Bratislava a Viena, e os 14€ de tren Viena-Bratislava...
A viaxe a Viena saiume gratis con es-facil!
Ben é certo que houbo máis gastos, pero en total (dende a saida de Cangas ás 6 da mañá do venres, ata a volta ás 11 da noite do luns) gastamos menos de 200€! :)
Así que non hai excusa, calquera pode viaxar!
Como prometín, subín unha pequena galería de fotos da viaxe. Aínda me quedan conseguir bastantes fotos, só teño as da miña cámara e me faltan as de Borja e Esther.
Aquí abaixo comprobantes de pago de es-facil pros que non o creades :P
Imaxe do pago na web de es-facil:
Imaxe do ingreso sacado da conta de Caixanova:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"
|
|

|
| Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|