Castiñeiras


Volta a casa
Este xoves ás 11.30 da mañá espero estar pisando Compostela.

Este finde foi tamén movidillo, alquilamos outra vez un coche (desta vez un Peugeot 207) e visitamos tres zonas:


1º dia: zona de Wessex. Visitamos as pedras de Stonehenge, Cheddar (de volta a mercar queixo), Salisbury, etc.


2º dia: St Davids e a esquina suroeste de Gales. Muitos castelos, acantilados e vistas q recordaban muito á nosa terra.



3º dia: tiñamos q devolver o coche ás 5 e tiñamos clase ata as 12. Co cal fumos só ós arredores de Cardiff, a un castelo e a unha abadía moi recomendables.


Esta semana tratarei de buscar un hoco pra facer un artigo sobre esas visitas.

PD: por certo, alguén dixo "estamos en tempo de furanchos"? :)
Parrafeo (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2007 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Adaptándose á vida inglesa

Rich vive na House 6, a mesma casa na q stamos Fon máis eu. É bastante aficcionado a iso do cricket e nos stivemos xogando con el pra ver q tal era ese deporte.

En realidad o q fixemos foi só lanzar e batear, o cricket é moito máis complicado. Non estou seguro pero debe ser aburrido de carallo.

Según contou Rich, seica os partidos de cricket, por exemplo entre Inglaterra e India, duran uns 5 días!!

De vez en cando vou con Rich a practicar un pouco co bate, entreten bastante só o roio de lanzar e batear.

Pero ten o seu trukillo, meu record (conta batear+q o outro recolla a bola) está en só 20 toques. Non é tan facil como aparenta.

Sen embargo, cando el batea chegamos a máis de 40, nótase a experiencia.


Saudos!

PD: por certo, hoxe chega Borja pra pasar uns días en Cardiff. Xa vos contarei pra q todos teñades ganas de vir ;)
Parrafeo (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2007 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Diana
Nun destes arrebatos mercamos unha diana.

Foi un pouco ida de olla pq non temos onde metela, anq weno, algunha q outra vez podemos xogar.

Por exemplo nesta ocasión montamos a diana enriba dunha silla, e á sua vez enriba dun carro do Tesco. Bo invento! xD

O único q nos falta é mellorar a puntería un poukiño, senon mirade as fotos ;)
Saudos!
Parrafeo (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2007 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cornualles e Devon

Este finde Patri, Esther máis eu alquilamos un coche e nos fixemos un recorrido por Cornualles e Devon chegando ata o fin do mundo inghlés (Land's End).

Saimos á tarde de Cardiff e nos puxemos en dirección a Cheddar (seica o queixo é famoso aqui). Como cando chegamos era noite decidimos quedar a durmir pra ver ben o pobo.
Durmimos nos barrancos de Cheddar, ainda q muito tp durmin pq esta primeira noite paseina no maletero do Opel Astra :S

Á mañá seguinte despois de ver Cheddar e comprar algo de queixo fomos ata Exeter, onde dimos un paseo polo centro visitando o castelo e a catedral desta cidade.

Coa mesma collemos rumbo a Dartmoor Park, de ahi deberon sacar os de Microsoft o mítico fondo de pantalla cun campo verde! O malo de ir a este parque foron os estreitos camiños, as veces paresia q tabamos en Cela! Mereceu a pena a verde paisaxe chea de ovellas e vacas, pero tamén cos míticos cottage ingleses.

A tarde pasamola en Torquay, algho paresido ó Sanxenxo galego, ainda q as praias q aqui había eran de area horrible (ou de cemento!!).

Durmimos este segundo día en Plymouth, desta vez durmiu Esther no maletero. O malo q cando xa estabamos pra durmir (ó lado do mar no muelle dos ferrys) viu un vixiante e nos botou fora... Menos mal q non se deu conta dq Esther estaba no maletero! jeje

De mañá visitamos Plymouth, seguro q algún dos vosos avós pasou por este enorme porto!

Continuamos camiño cara St Michael's Mount, unha illa cun monasterio/castelo ó q se pode chegar andando cando hai marea baixa.

Despois de pasear por Penzanze (pobo ó lado desa illa) nos achegamos ata o fin do mundo inglés. Incrible o vento q facía en Land's End e o grande q parecia todo dende o alto dos acantilados. Como nota frikie tomamos un té na "primeira e última casa de Inglaterra", mirando cara América :)

Foi unha viaxe bucólico-bohemia q mereceu a pena, unha boa experiencia recomendable.


En breve subirei algunhas fotos máis grandes á Fotoblogoteca.
Parrafeo (5) - Categoría: De ruta - Publicado o 20-03-2007 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
De visita...
Unha pausa no camiño pra publicidade jeje

Primeiro unha ligazón q tiña xa hai tempo, a do Bailador Elfico, "Bailador e músico. Festeiro..." q actualiza a diario as suas aventuras (o pobre non para!)

Se queredes estar informados das festas q hai polo Morrazo, non dubides en adentrarte na súa axenda cultural. Q envexa me da o cabrón! eu dende aki non podo ir a ningunha! xD

Outra parada pola web recén inagurada do Ghaiteiro de Lapamán, esta criatura xornalístico-festeira nos regala de cando en vez algunhas "Pezas Senlleiras", entre elas esta na q nos deixa uns enlaces ó programa das Quimbambas na q sae o Carnaval do Hio.

Polo momento deixoo ahi, xa irei engadindo más de vez en cando.

Saude!
Parrafeo (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-03-2007 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal