Castiñeiras


10 cousas que os teus bisnetos non lembrarán

Moi curiosa a lista de cousas que seguramente non cheguen a coñecer os nosos bisnetos (completo en inglés en iheartchaos)

1. Periódicos diarios impresos
2. Os fumadores
3. Perderse (gracias, GPS)
4. Ordenadores personais de sobremesa
5. VIH / SIDA
6. Videoclubs e tiendas de discos
7. A era da hexemonía presidencial do hombre branco
8. Teléfonos fixos
9. Caligrafía
10. Conectar dispositivos electrónicos


Non haberá fumadores?? O virus do SIDA desaparecerá?

Oxalá!


Via Microsiervos
Parrafeo (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2009 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Amigos de Touriño, Quintana e Feijoo no facebook (II)
Touriño: 2004 amigh@s.





Feijóo: 1959 amigh@s.







Quintana: 1686 amigh@s.







Así siguen as cousas polo facebook... vai gañando touriño por poucos amigh@s de diferencia xD
As imaxes son as que teñen eles mesmos no facebook.

Sexa o resultado que sexa nas urnas... QUE NON VOLVAN!
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2009 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Naturalmente Galiza

Naturalmente Galiza é un programa ambiental de saídas de fin de semana, que inclúe itinerarios de sendeirismo de dificultade media, rutas en kaiak e en bicicleta, actividades de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. O obxectivo é fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza.

Non sei se coñecíades este programa da Xunta. Nós xa fomos o ano pasado a dúas destas rutas:

O son do mar
Camiñando ó son das montañas

Este ano xa nos anotamos a dúas máis: aventuras na costa verdescente e aventuras onde morre o sol.

Paintball, tirolina, escalada, tiro con arco, visita a castelos... dúas noites todo incluido por 37,5€ (15€ máis caro que o ano pasado, pero segue sendo barato!).

O malo é que costa un huevo anotarse, teñen un só número de teléfono (881 999 520) e está todo o día comunicando. así que si o intentades... SORTE!!

Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 19-02-2009 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
Lector de blogs
Últimamente a vagancia ou estar ocupado noutras cousas fai q a actualización deste blog non sexa tan frecuente.

Pero sei q non son o único, pásalle a moitos amigos q actualizan de pascuas en ramos e claro, andar día sí día non a ver se actualizaron... moito tempo!

Unha solución moi sinxela é utilizar un lector de blogs, simplemente tes q engadir a ese lector os blogs dos teus amigos e xa está:

Abres o lector de blogs e dende el xa podes ver cal dos teus amigos actualizou, ver o artigo completo, etc... aforrando tempo!

Aquí mellor explicado (inda que en inglés):


Pasos pra facelo (un exemplo):
1ºAbrir unha conta en Google Reader (podes acceder coa túa conta de Gmail).
2ºEngadir suscripcións dos teus amigos (busca o icono laranxa do RSS pra atopar a dirección, a deste blog é: http://www.blogoteca.com/castinheiras/rss.php
3ºXa está, non hai máis. Unha vez suscritos os teus amigos tan só terás q abrir o google reader pra saber se actualizaron o seu blog.

Saudos!
Parrafeo (0) - Categoría: Utilidades - Publicado o 15-02-2009 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Amigos de Touriño, Quintana e Feijoo

Un dos pilares da victoria de Barack Obama foi a utilización das redes sociais para conseguir adeptos. Fixo campañas en Twitter, MySpace, Facebook, Fotolog, Youtube e en moitas outras ferramentas que ó final lle deron a victoria nas presidenciais estadounidenses.

Está claro que aquí en Galicia imos algo máis atrasados, pero os candidatos a presidencia da Xunta xa moveron ficha neste asunto presentando canles de TV online, blogs, etc.

Por curiosidade recollo o número de amigos que teñen en Facebook:
Touriño: 1692
Quintana: 1394
Feijoo: 187

Nin Yolanda Díaz (EU) nin X.L. Méndez Ferrín (FGP) teñen conta en Facebook.

Dentro do facebook hai moitos grupos de amigos arredor de cada candidato, e ainda que non teña unha relación directa cos resultados, teño curiosidade por ver cómo aumenta o número de "amigos" durante a campaña.
Parrafeo (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2009 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal