Castiñeiras


Mintiendes neno


Boísima esta modificación do logo de Nintendo.
Fíxoa Suevo e colgouna xa hai tempo no seu blog chamado Desenho Galego.

Inda a descubrin hai pouco, pero ten multitude de deseños interesantes e moi coñeros, unha visita recomendada ;)

Saudos!
Desenho Galego
Parrafeo (0) - Categoría: De ruta - Publicado o 29-02-2008 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Fea... pero te quiero
Hai unhas semanas enviáronme unha canción ó mail, descargueina e non parei de rir ó escoitala...

Tamén mirei hai uns días que o puxeron os Loitadores de Kellae no seu blog e agora aproveito e o poño eu tmn pra compartilo con vos. Merece a pena escoitalo, asegúrovolo! ;)



Parrafeo (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2008 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de lanzamento de tartas
Ei ei! Naty e Iago! Parade xa!!!


Finalmente eles dous foron os que obtiveron os primeiros postos neste concurso de lanzamento de tartas.

Increible, menudo pique deberon ter entre eles...

3.383 puntos!!!


Que exagerao! ;)
E inda por riba xogaron tanto e puxeron tantos nomes que agora só aparecen eles no ranking...

Máis ou menos así de memoria de 3º estaría Dami, de 4ª creo que mirei a Ali, de 5ª a Laura e de 6ª Fanny... Desculpade se me equivoco!

Que de xente con ganas de tirarme tartazos!!


E pra finalizar o PREMIO: este é un premio personalizado e creo que lle interesará ó gañador.
Trátase dun enlace á súa páxina (xa vedes q andamos escasos de recursos.. :P). Resulta que está creando unha minicidade, e gaña habitantes por cada persoa que entre na web. Esta é: http://iaguinchus.myminicity.es.

Veña a clicarlle ó gañador pra que a súa cidade prospere!!

Muitisimas gracias a todos os q me tirastedes tartas, agora teño a piel máis lisa, fina e suave!!
;)


Saudos!!
Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 24-02-2008 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
De aniversarios!
Boas! este finde está plagado de cumples, onte foi o cumple de Laura, hoxe o é de Pintos e mañá será o de Noe e o meu!



Vaia coincidencia tan peghados! Seguro q se me escapa algún máis coñecido q está próximo, pero como jodín o móvil (e é como perder a cabesa pq tiña alí todo anotado.. :P) pois na, a faser memoria.

Inda tedes o día de hoxe pra tirarme tartas, o trasno está en cabeza seguido de Laura, a ver quen gaña! ;)

Saudos e felicidades ós afortunados!
Parrafeo (9) - Categoría: Festas - Publicado o 23-02-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
O retoque final
Pos que non o sepades, eu son moi aficcionado á fotografía, é algo que me encanta o de sacarlle fotos a case todo e gardar así os recordos (a miña memoria non é moi boa).

A raiz diso comezou a unha afección a modificar fotos e a xogar con elas. Pouco a pouco fun perfeccionando a técnica e gracias a iso puden ir retocando fotos ó meu gusto, tanto fotos antigas que me pedía a miña familia, como fotos novas que retocaba eu por que sí (non sei se mirastedes aquela modificación da foto do Gran Carballo).

E pra mostrar todo iso decidín crear unha web aparte: El Retoque Final.


A verdá é que ó comezo a miña idea era gañar algún carto con iso , vender os meus servicios como retocador de fotos, e por iso o escribín en castelán (sempre buscando novas formas de financiar as viaxes -como o de es-facil-).

A mayores lle puxen publicidade de google (pagan por cada click que se fai nos anuncios) pa conseguir algún carto extra.

Sen embargo, e en vista do pouco éxito xa a teño algo de lado. Déixoa feita en plan Galería pa mostrar os traballos que vou facendo, pero xa non aspiro a muito máis :P

E o da publicidade de google... pois a verda que non daba muitos cartos, dan cartos dependendo do sector e do que escribas no blog. Por iso tmn fixen o blog de Cursos de Bolsa, que da algún carto máis por clic...

Se queredes pasarvos e clicar estarei agradecido ;) Pero tp vos pasedes clicando, q seica google me castiga se hai moitos clics no mesmo día dende un mesmo ordenador (teño q ter coidado :P)

Por certo, que foto das retocadas vos gusta máis?
Saudos!
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2008 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal